Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Acadar os coñecementos básicos para entender os procedementos necesarios para a realización dun levantamento topográfico. Coñecer as características dos Instrumentos da Topografía clásica. Coñecer as características dos Sistemas GNSS e a súa conexión coa topografía clásica e outros recursos para Proxectar ou para dirixir Obra. Ser capaz de aplicar a metodoloxía topográfica clásica ou por satélite para levar a cabo un levantamento topográfico, calcular e obter resultados correctos. Poder interpretar planos, mapas e ortofotos e outros produtos cartográficos, en papel e dixitais. Coñecer a nivel de usuario o manexo e utilidades dos Sistemas de Información Xeográfica. Realizar as prácticas de campo, laboratorio suficiente para aprender a planificar un levantamento topográfico, a realizar a toma de datos de campo e executar os cálculos e a representación gráfica correcta dos resultados. Ser capaz de organizar un replanteo de obra e executalo.
Coñecer, comprender e utilizar os principios básicos da fotogrametría e teledetección.
A memoria verificada do título contempla os seguintes contidos:
Fundamentos teóricos básicos. Instrumentación topográfica. Métodos topográficos. Sistemas de posicionamento. Cartografía. Fotogrametría. Sistemas de Información Xeográfica. Teledetección.
Estes contidos desenvolveranse do seguinte xeito:
SESIÓNS EXPOSITIVAS:
T00.- Introdución e conceptos xerais (1 HP + 2 HTA)
T01.- Sistemas de coordenadas (1 HP + 2 HTA)
T02.- Instrumentación topográfica (2 HP + 4 HTA)
T03.- Métodos topográficos (6 HP + 11,9 HTA)
T04.- Sistemas de Posicionamento Global (2 HP + 4 HTA)
T05.- Fundamentos da fotogrametría (1 HP + 2 HTA)
T06.- Método xeral de fotogrametría (1 HP + 2 HTA)
T07.- UAS (Unmanned Aircraft System) (1 HP + 2 HTA)
T08.- Cámaras e imaxes (1 HP + 2 HTA)
T09.- Planificación de voos (2 HP + 4 HTA)
T10.- Conceptos básicos da teledetección (2 HP + 4 HTA)
T11.- Procesamento de imaxes (2 HP + 4 HTA)
T12.- Como funciona o SIX (2 HP + 4 HTA)
SESIÓNS INTERACTIVAS:
P01.- Estacionamento, reseñas e croquis (4 HP + 7,9 HTA)
P02.- Radiación (4 HP + 7,9 HTA)
P03.- Cálculos e plano (4 HP + 7,9 HTA)
P04.- Empregando un estereoscopio (2 HP + 4 HTA)
P05.- Elaboración dun plan de voo (2 HP + 4 HTA)
P06.- Uso de software de planificación de voos (1 HP + 2 HTA)
P07.- Procesamento dun voo con apoio fotogramétrico (4 HP + 7,9 HTA)
P08.- Procesamento dun voo con sensor multiespectral (3 HP + 5,9 HTA)
HP = Horas Presenciais
HTA = Horas de Traballo Autónomo
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
(1) CHUECA PAZOS, M., HERRÁEZ BOQUERA, J., BERNÉ VALERO, J. L. "Teoría de errores e instrumentación," Ed. Paraninfo, Madrid. (1996)
(2) CHUECA PAZOS, M., HERRÁEZ BOQUERA, J., BERNÉ VALERO, J. L. "Métodos topográficos" Ed. Paraninfo, Madrid. (1996)
(3) DOMÍNGUEZ GARCÍA-TEJERO, F.. "Topografía General y Aplicada," 13/Ed., Ed. Mundi-Prensa, Madrid. (1998)
(4) FOTOGRAMETRÍA MODERNA: ANALÍTICA Y DIGITAL. J. L. Lerma García. (2002).
(5) FOTOGRAMETRÍA DIGITAL. Toni Shenk. (2002)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
(1) ARRUFAT MOLINA, E "Instrumentos topográficos" Tirant lo Branch, Valencia (2006)
(2) OJEDA, J. L. "Métodos Topográficos y Oficina Técnica" Ed. J.L. Ojeda, Madrid. (1984).
(3) CARPIO HERNÁNDEZ, JUAN PEDRO. “Redes Topométricas” Ed. Bellisco. (2001)
(4) M.T. MARTÍN Y J. RODRÍGUEZ “Estudio y replanteo de alineaciones y curvas circulares”
(5) SANJOSÉ, J.J., MARTÍNEZ, E., LÓPEZ, M. "Topografía para estudios de Grado". Ed. Bellisco. Ediciones Técnicas y Científicas. Colección Biblioteca Técnica Universitaria. Madrid. (2009).
Competencias básicas e xerais: CG1, CG13
Competencias transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT8, CT9, CT10, CT12
Competencias específicas: CECF6
DESCRICIÓN DAS COMPETENCIAS:
CECF Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de Topografía, Sistemas de Información Xeográfica e Teledetección.
CG1 Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamento no ámbito forestal.
CG13 Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e taxacións.
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT10 Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos. CT2 Capacidade para o raciocinio e a argumentación.
CT3 Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva. CT6 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8 Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
COMPETENCIAS: CECF6
- Leccións maxistrais participativas. Seminarios e conferencias.
- Prácticas de laboratorio ou campo. Prácticas na aula informática.
- Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballo/s de curso.
- Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e en proxectos.
- Titorías individualizadas e colectivas.
- Traballo autónomo e estudo independiente por parte dos alumnos.
- Traballo en grupo e aprendizaje cooperativo. Sesión/s de discusión activa.
- Avaluación de competencias mediante exercicios de control.
COMPETENCIAS: CT01, CT02, CT03, CT04, CT06, CT08, CT09, CT10, CT12
- Prácticas de laboratorio ou campo. Prácticas na aula informática.
- Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballo/s de curso.
- Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e en proxectos.
- Traballo autónomo e estudo independiente por parte dos alumnos.
- Traballo en grupo e aprendizaje cooperativo. Sesión/s de discusión activa.
COMPETENCIAS: CG01, CG13
- Traballo autónomo e estudo independiente por parte dos alumnos.
1) ALUMNOS MATRICULADOS POR PRIMEIRA VEZ NA MATERIA:
[EC] Participación do alumnado nas actividades da aula (10%)
O alumno terá cuestionarios que terá que facer de cada tema na aula virtual, así como actividades prácticas para a aplicación dos coñecementos adquiridos, obtendo unha nota sobre un máximo de 10 puntos.
COMPETENCIAS: CECF6, CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT8, CT9, CT10, CT12, CG1, CG13
[EX] Proba ou pruobas, orais e/ou escritas (60%)
O exame consistirá en preguntas teóricas e prácticas puntuando a nota dun total sobre 10 puntos.
COMPETENCIAS: CECF6
[PR] Aproveitamento das prácticas (30%)
O alumno debe entregar as actividades prácticas que se van realizando, puntuando cunha nota de 10 puntos. No caso de realizarse unha viaxe de prácticas, a asistencia será obrigatoria. A avaliación desta actividade computarase baixo este epígrafe.
COMPETENCIAS: CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT8, CT9, CT10, CT12, CECF6
2) ALUMNOS QUE NON SUPERARON A MATERIA EN ANOS ANTERIORES:
Terán que facer o exame e as actividades de avaliación cos mesmos criterios que os alumnos matriculados por primeira vez.
IMPORTANTE:
- A avaliación da primeira e segunda oportunidades realizarase utilizando os mesmos criterios.
- En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións.
Os tempos de estudo establecidos nesta materia son:
- Clases teóricas expositivas: 24 horas
- Clases interactivas (prácticas/seminarios): 24 horas
- Titorías en grupo: 3 horas
- Estudo individual, lectura e terminación de traballos prácticos: 95 horas
- Asistencia a todas as sesións expositivas e prácticas.
- Consulta diaria del campus virtual.
- Asistencia a titorías grupais para discutir, aclarar ou resolver dúbidas.
DISPENSA DE ASISTENCIA:
Os estudantes aos que se lles conceda esta exención deben seguir a materia a través do Campus Virtual, realizando todas as entregas necesarias para obter unha nota positiva en EC, PR e EX respectivamente.
IMPORTANTE:
Queda prohibido o uso de dispositivos electrónicos durante as clases e/ou exames salvo autorización expresa. O incumprimento disto suporá a expulsión do alumno da sesión correspondente.
Xesus Pablo Gonzalez Vazquez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- xesuspablo.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jaime Rodriguez Pereña
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- jaime.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Martin Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- mteresa.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade