Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12.5 Clase Interactiva: 5 Total: 17.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Física Aplicada, Electrónica e Computación, Matemática Aplicada, Física de Partículas, Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Economía Aplicada, Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Organización de Empresas, Electromagnetismo, Física Aplicada, Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Electrónica, Linguaxes e Sistemas Informáticos, Matemática Aplicada, Física da Materia Condensada, Física Teórica, Expresión Gráfica da Enxeñaría, Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría, Produción Vexetal, Proxectos de Enxeñaría, Economía, Socioloxía e Política Agraria, Estatística e Investigación Operativa
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo do TFG será verificar a adquisición por parte do estudante das destrezas e competencias descritas no apartado de competencias nos obxectivos xerais do título de Grao, xunto a destrezas específicas de orientación académica ou profesional.
Ao terminar con éxito esta materia, o alumnado será capaz de:
Coñecemento:
Con72. Saber deseñar proxectos no ámbito da robótica en todas as etapas do exercicio profesional.
Con73. Entender o contexto e necesidades dun proxecto profesional no ámbito da robótica.
Con74. Saber Analizar textos e informes técnicos complexos extraendo as súas achegas e conclusións
principais.
Destreza:
H/D79. Aplicar os coñecementos adquiridos a un proxecto específico de forma técnica e profesional.
H/D80. Presentar as ideas, problemas e conclusións a públicos con diferentes graos de especialización.
H/D81. Elaborar informes técnicos estruturados e completos con calidade e solvencia técnica.
Competencia:
Comp23.TFG Desenvolvemento das capacidades adecuadas para realizar un exercicio orixinal individual, presentalo e
defendelo #ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas
do campo da Robótica de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas
nos ensinos.
Asistencia e orientación para a elaboración do proxecto e a memoria do Traballo Fin de Grao: definición de obxectivos, orientación durante a realización do traballo e a elaboración da memoria, revisión da memoria, e orientación para a preparación da presentación.
Valorarase o Traballo de Fin de Grao tendo en conta o tema, traballo realizado, metodoloxía, valor dos resultados e conclusións, así como a memoria escrita e a presentación oral. Esta avaliación realizarase presencialmente mediante proba oral que debe ser precedida da presentación dunha memoria do traballo realizado.
Desenvolvemento e aplicación das competencias e coñecementos adquiridos no grao á realización dun proxecto no ámbito do mesmo. Elaboración dunha memoria escrita sobre o devandito proxecto.
HP: 0 ------ HNP:295
Presentación e defensa do Traballo Fin de Grao ante un tribunal
HP: 3 ----- HNP:5