-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 90
Clase Expositiva: 30
Clase Interactiva: 30
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
XeografíaÁreas:
Análise Xeográfica RexionalCentro
Escola Politécnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
1. Coñecer os instrumentos e modelos participativos de intervención e planificación da paisaxe (catálogos, cartas da paisaxe, atlas, etc.).
2. Identificar os procedementos e métodos empregados para canalizar a participación social na custodia do territorio e na protección da paisaxe.
3. Aprender a deseñar instrumentos de consulta para a xestión democrática da paisaxe.
4. Coñecer exemplos de participación pública na salvagarda da paisaxe: os exemplos de catálogos e de guías da paisaxe urbana.1.- A ordenación e planificación territorial participativa: antecedentes e exemplos.
2.- Os instrumentos de preservación e posta en valor da paisaxe: unha nova xeración do ordenamento ambiental e territorial.
3.- O dereito cidadá a unha paisaxe harmónica e de calidade
4.- A planificación democrática e de base: cómo facer unha carta e un catálogo de paisaxe.
5.- As dinámicas e os grupos colectivos de discusión: as claves da súa organización e funcionamento.
6.- Un exemplo participativo en Galicia: a Guía da Paisaxe Urbana.- Busquets, J. e Cortina, A. (coords.) (2009): Gestión del paisaje. Manual de protección, gestión y ordenación del paisaje. Barcelona: Ariel.
-González, A. et al (2019). Guía de estudos da paisaxe urbana. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia. https://cmatv.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=444733&nam…
- Howard, P.; Thomson, I. e Waterton, E. (2013): The Routledge Companion to Landscape Studies. Abingdon: Routledge.
- Mata, R. e Tarroja, À. (coords.) (2006): El paisaje y la gestión del territorio. Criterios paisajísticos en la ordenación del territorio y el urbanismo. Barcelona: Diputació de Barcelona.
- Nogué, J.; Puigbert, L.: Sala, P. e Bretcha, G. (eds.) (2010): Paisatge i participació ciutadana: l’experiència dels catàlegs de paisatge de Catalunya. Olot/Barcelona : Observatori del Paisatge de Catalunya/Generalitat de Catalunya.
- Prieur, M. et al. (2006): Landscape and Sustainable Development: Challenges of the European Landscape Convention. Strasbourg: Council of Europe.
-Tarroja, A. e Camagni, R. (Coords.) (2006): Uma nueva cultura del território. Criterios socials y ambientales en las políticas y el gobierno del territorio. Barcelona: Diputaciò de Barcelona.
- Zoido, F. e Venegas, C. (coords.) (2002): Paisaje y ordenación del territorio. Sevilla/Soria: Junta de Andalucia/Fundación Duques de Soria.-Capacidade de organización e planificación
-Capacidade de razoamento crítico e autocrítico
-Capacidade de análise e síntese
-Capacidade de xestión da información: recompilación sistemática, organización, selección, e presentación de toda clase de información.
-Usar eficazmente as tecnoloxías de información e comunicación.
-Capacitación para o traballo en equipos de carácter interdisciplinar. Habilidades nas relacións interpersoais. Creatividade. Toma de decisións. Xerar acordos en equipos.
-Capacitación para a aprendizaxe autónoma.
-Dotar de capacidade para entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas.O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible, en función da extensión de cada tema, combinando a docencia expositiva coa interactiva (prácticas de aula e de campo). A parte teórica desenvolverase na aula e tamén a través de actividades non presenciais.
Realizaranse prácticas de campo de acordo co horario oficial da materia e segundo dispoñibilidades orzamentarias. O alumnado deberá entregar unha memoria escrita desas actividades.En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%.
O tempo de asistencia ás aulas e de estudo e traballo persoal para superar a materia será aproximadamente o seguinte, dacordo coa Memoria do Grao:
- Horas presenciais, repartidas entre horas expositivas e interactivas: 42
- Horas titorías: 5
- Como media recoméndase 3 horas de traballo autónomo por cada hora de aula.1) Traballo continuado ao longo do período de aulas
2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñen.Valorarase de xeito especial a asistencia a clase e a realización de prácticas, asi como una actitude activa do alumnado respecto aos contidos e explicacións da materia.
-
Rubén Camilo Lois González
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812635
- Correo electrónico
- rubencamilo.lois@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Jose Piñeira Mantiñan
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812632
- Correo electrónico
- mariajose.pineira@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramon Lopez Rodriguez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ramonlopez.rodriguez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
-