Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ser capaces de identificar unha ampla variedade de especies presentes nos espazos verdes. Coñecer os usos potenciais e as características ornamentais das especies estudadas. Coñecer diferentes ferramentas necesarias para a selección das especies máis adecuadas en función do tipo de zona verde e os seus obxectivos. Saber utilizar e combinar as diferentes especies de plantas en función das súas características, atributos e requirimentos. Coñecer as actividades e equipos necesarios para a xestión, conservación e mantemento de zonas verdes. Saber realizar unha programación de mantemento. Coñecer as técnicas apropiadas para unha restauración paisaxística. Coñecer os sistemas de cubertas ecolóxicas e xardíns verticais, e a súa aplicación na paisaxe.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Recoñecemento dunha ampla representación de especies presentes nos espazos verdes, con indicacións da súa orixe, atributos, requirimentos de cultivo e aplicacións na paisaxe. Combinacións de plantas. Restauración paisaxística. Sistemas de vexetación de especial interese na contorna urbana. Mantemento e conservación de zonas verdes. Programación do mantemento.
Os contidos desenvolveranse de acordo co seguinte temario:
PROGRAMA DE TEORÍA
BLOQUE 1. As plantas como elementos da paisaxe. Parte 2 (17h presenciais; 25,5h non presenciais)
1. Anxiospermas dicotiledóneas. Arbustos. Enredadeiras e trepadoras. Principais especies e cultivares. Necesidades de clima e chan. Características ornamentais. Aplicacións na paisaxe. (8h)
2. Anxiospermas mono e dicotiledóneas. Plantas herbáceas. Plantas acuáticas. Principais especies e cultivares. Necesidades de clima e chan. Características ornamentais. Aplicacións na paisaxe. (2h)
3. Selección de especies. Criterios de selección. Usos e atributos. Combinacións de plantas. Procedementos de selección. (4h)
4. Introdución á bioclimatoloxía e bioxeografía de Galicia. Os vexetais como indicadores ecolóxicos. Problemática da introdución de especies vexetais. (3h)
BLOQUE 2. Técnicas de restauración. Mantemento e conservación de zonas verdes (13h presenciais; 19,5 horas non presenciais)
5. Técnicas de restauración paisaxística. Estabilización de noiros e revexetación.(3h)
6. Sistemas de vexetación de especial interese na contorna urbana. Cubertas ecolóxicas e xardíns verticais. (3h)
7. Mantemento e conservación de áreas verdes: céspedes, plantacións, materiais duros, instalacións. Niveis de conservación. Programación do mantemento. Seguridade de áreas de xogos infantís.(7h)
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
1. Recoñecemento de especies ornamentais. Os alumnos deberán realizar un herbario dixital cun mínimo de 50 especies de uso ornamental, incluíndo cultivares. Visitaranse diferentes espazos verdes na contorna urbana ou rural, parques e xardíns contemporáneos ou históricos (9h presenciais; 13,5 horas non presenciais)
2. Viaxe: visita de zonas verdes na contorna urbana ou rural, parques e xardíns contemporáneos ou históricos. Análise histórica, composición vexetal, estado de conservación. (4h presenciais; 6h non presenciais)
3. Estudo e visita a unha contorna natural para a análise de posibilidades de uso de especies vexetais nativas e problemática asociada ás plantas invasoras (7h presenciais; 10,5 h non presenciais)
4. Programación de mantemento de áreas verdes (6h presenciais; 9h non presenciais)
5. Visita para poñer en práctica contidos sobre xestión de zonas verdes (4h presenciais; 6h non presenciais)
Básica
- Brickell, C. (1990). Enciclopedia de plantas y flores. The Royal Horticultural Society, Ed. Grijalbo. Barcelona.
- Merino Merino, D. & Ansorena Miner, J. (1998). Césped deportivo. Construcción y mantenimiento. Dpto. de Agricultura y Medio Ambiente, Diputación Foral de Guipuzkoa.
- Ministerio para la Transición Ecológica (2019). Real Decreto 216/2019, de 29 de marzo, por el que se aprueba la lista de especies exóticas invasoras preocupantes para la región ultraperiférica de las islas Canarias y por el que se modifica el Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, por el que se regula el Catálogo español de especies exóticas invasoras. B.O.E. núm. 77, de 30 de marzo de 2019.
- Naves Viñas, F., Pujol Solanich, J., Argimon de Vilardaga, X. & L. Sampere Montillól. (1992). El árbol en jardinería y paisajismo. Ed. Omega. Barcelona.
- Pereira-Espinel Plata, J.; Rodríguez Guitián, M.A; Iglesias Díaz, Mª Isabel; Rigueiro Rodríguez, A. (2012). Ruta Botánica por el Campus de Lugo. Reserva de la Biosfera Terras do Miño. Universidade de Santiago de Compostela, Diputación de Lugo.
- Rodríguez Guitián, M.A. & Ramil Rego. P. (2007): Revisión de las clasificaciones climáticas aplicadas al territorio gallego desde una perspectiva biogeográfica. Recursos Rurais 1(3): 31-53.
- Rodríguez Guitián, M.A. & Ramil Rego. P. (2008): Fitogeografía de Galicia (NW Ibérico): análisis histórico y nueva propuesta corológica. Recursos Rurais 1(4):9-50.
- Rodríguez Guitián, M.A., Ramil Rego, P. & Ferreiro da Costa, J. (2012): Propuesta de clasificación multicriterio para los bosques de Galicia (NW Ibérico). Recursos Rurais, Serie Cursos 6: 63-106.
- Ros Orta, S. 1996. La Empresa de Jardinería y Paisajismo. Conservación de espacios verdes. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
- Sánchez de Lorenzo Cáceres, J.M. (2000). Flora ornamental española. Tomo I: Magnoliaceae a Casuarinaceae); Tomo II: Cactaceae a Cucurbitaceae. Tomo III: Salicaceae a Chrysobalanaceae; Tomo IV: Papilionaceae a Proteaceae; Tomo V: Santalaceae a Polygonaceae; Tomo VI: Araliaceae a Boraginaceae. Ed. Junta de Andalucía. Consejería de Agricultura y Pesca. Sevilla.
- Sánz Elorza, M., Dana Sánchez E.D. &. Sobrino Vesperinas E. (Eds.)(2004). Atlas de las Plantas Alóctonas Invasoras en España. Dirección General para la Biodiversidad. Dirección General para la Biodiversidad. Ministerio de Medio Ambiente. Madrid. 384 pp.
Recursos web:
-The Royal Horticultural Society. Plants. Accesible en: https://www.rhs.org.uk/plants
Complementaria
- Iglesias-Díaz, M.I. 1997. Diseño de plantación. Escuela Politécnica Superior. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
- Krüssman, G. (1986). Manual of cultivated broad-leaved trees & shrubs. Vol. I-IV. Timber Press. Oregón
CG6 - Coñecer os problemas físicos e ambientais; os factores hidrolóxicos e climáticos; a edafoloxía e a calidade vexetal que determinan a paisaxe.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
Competencias transversais:
CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT4 - Adquirir habilidades para a vida, hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
CT5 - Estimular a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
CT6 - Capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar, actividades. Identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
Competencias específicas:
CE49 - Coñecementos do material vexetal: clasificación, especies e usos, subministro e calidades, implantación.
CE50 - Capacidade de coñecer, seleccionar e utilizar a vexetación en consonancia co lugar, carácter e enfoque do proxecto e en función da escala (rexional, local ou particular)
CE51 - Coñecementos dos usos potenciais e das características ornamentais das especies vexetais en función da xestión, conservación e mantemento de zonas verdes.
A materia se imparte no segundo semestre do 2º curso do Grado de Paisaxe, cunha carga lectiva de 6 créditos, repartida a partes iguais entre clases expositivas (30 h) e clases interactivas (seminarios e prácticas, 30 h). Tendo en conta a relación aplicable entre carga lectiva presencial (60h) e o traballo autónomo do estudante, establécese para a materia un total de 150 horas computables de traballo por parte do alumno.
As actividades docentes desenvolveranse a través de dúas modalidades de ensino: clases expositivas (maxistrais) e actividades interactivas (seminarios, prácticas, viaxes de campo). Nas clases maxistrais explicaranse os contidos básicos da materia procurando a participación activa do alumnado. As clases interactivas (seminarios, prácticas de laboratorio e viaxes de prácticas) realizadas durante o curso son de carácter obrigatorio e axudarán ao alumno a unha mellor comprensión da parte teórica. Os traballos prácticos que os alumnos deberán realizar durante o curso facilitarán e reforzarán a aprendizaxe dos contidos da materia. Realizaránse dúas viaxes de prácticas de carácter obrigatorio relacionadas cos contidos da materia. Os estudantes deberán entregar unha memoria de cada unha das prácticas realizadas, que formarán parte do sistema de avaliación. Realizarase unha terceira viaxe, que será voluntaria para visitar xardíns históricos, coñecer as características destes espazos e a súa vexetación.
As competencias traballadas en cada unha das modalidades de ensino son as seguintes:
- Clases expositivas: CG6, CE49, CE50, CE51
- Clases interactivas (seminarios): CB1, CB2, CB3, CB5, CT2, CT5, CT6, CE50
- Clases interactivas (prácticas de laboratorio): CB2, CB3, CT2, CT5, CE50
- Viaxes de prácticas: CB2, CB3, CT2, CT3, CT4, CT5, CE50
Toda a información necesaria sobre a materia, así como o material empregado na docencia teórica e práctica, enlaces web, foro para debates, exercicios para a aprendizaxe da materia, así como novidades relacionadas cos contidos impartidos, estarán dispoñibles para os alumnos no Campus Virtual da USC. Tamén se habilitará espazo nel para a entrega dos traballos que se lle encarguen ao alumno.
Os alumnos examinaranse da parte teórica mediante unha proba obxectiva escrita que terá lugar nas datas oficiais establecidas polo centro, e que será necesario aprobar para superar a materia. A avaliación dos coñecementos impartidos nas clases prácticas (seminarios e viaxes de campo) realizarase mediante a confección de traballos prácticos ou informes. Realizarase un exame práctico de identificación de especies, que tamén será necesario aprobar para superar a materia. A superación da materia esixirá a aprobación de todas e cada unha das probas que integran o sistema de avaliación. Os requisitos para superar a materia na segunda oportunidade serán os mesmos que para a primeira oportunidade. Os alumnos que repitan non terán que facer de novo as prácticas o primeiro ano. En caso de suspender unha segunda vez repetirán toda a materia. En caso de suspender unha parte da materia conservarase a parte superada durante un curso académico.
A memoria verificada do título establece tres sistemas xenéricos de avaliación coas súas correspondentes escalas de ponderación sobre a cualificación final da materia. A achega de cada tipo de sistema de avaliación sobre a cualificación final da materia será a seguinte:
Participación nas clases (10%)
Proba obxectiva escrita (35%): competencias CE49, CE50, CE51
Traballos entregados e/ou expostos:
-Proba práctica identificación de especies (20%): competencias CE49, CE50
-Entrega de traballos e informes (35%): competencias CB2, CB3, CT2, CT5, CE50
En canto á superación da materia nas oportunidades extraordinarias (Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC): os alumnos deberán examinarse da parte teórica da materia mediante un exame escrito que será necesario aprobar para superar a materia. Haberá un exame de prácticas sobre identificación de especies ornamentais, que tamén será necesario aprobar para superar a materia no seu conxunto. As prácticas son de asistencia obrigatoria. Os alumnos deberán realizar e aprobar todos os traballos prácticos.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por motivo de traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Nestes casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas que están indicadas no horario de clases e programadas na Guía Docente.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno de 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución de 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tendo en conta a carga lectiva presencial da materia (6 créditos), estímase que o estudante debe dedicar 90 horas ao estudo dos seus contidos e á comprensión e realización dos traballos prácticos.
Recoméndase a asistencia e a participación activa nas clases, así como, as consultas das posibles dúbidas en titorías. É importante completar os contidos explicados en clase mediante a consulta da bibliografía básica e complementaria. Finalmente, recoméndase complementar o estudo das plantas ornamentais dende un punto de vista moi práctico, de modo individual ou ben en grupo, aprendendo a recoñecelas nas saídas a parques, xardíns e espazos naturais, e observando as súas posibilidades de emprego.
Maria Isabel Iglesias Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mariaisabel.iglesias.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Antonio Rodriguez Guitian
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- manuelantonio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Santiago Lamosa Quinteiro
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982823111
- Correo electrónico
- santiago.lamosa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor