Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Ecoloxía
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é proporcionar coñecemento e ferramentas para a análise da paisaxe dende un punto vista teórico e práctico. Dende a Ecoloxía ofertaranse coñecementos básicos sobre a estrutura e función do ecosistema, os cales serán aplicados mediante a incorporación a ensinanza-aprendizaxe mediante a utilización de índices e indicadores da Ecoloxía da Paisaxe. Como obxectivo final preténdese que a parte discente sexa capaz caracterizar numericamente a estrutura dunha paisaxe, entendendo a importancia da relación inherente coa súa función dentro dun proceso de organización sustentábel do territorio. Describir e interpretar os principais compoñentes da estrutura dos ecosistemas e das súas interaccións. Xestionar e interpretar os índices de caracterización da paisaxe. Utilizala descripción da paisaxe para definir modelos de xestión sustentábeis do territorio e da conservación das especies.
Niveis de organización dos sistemas ecolóxicos: poboacións, comunidades, ecosistemas e paisaxe.
Ecosistemas manexados: agroforestais e urbanos.
Caracterización ecolóxica da estrutura e función da paisaxe.
Valoración da paisaxe: cálculo e interpretación de índices.
Aplicacións da ecoloxía da paisaxe: modelos de xestión sostible do territorio e conservación de especies.
Estes contidos desenvolveranse de acordo con o seguinte programa:
BLOQUE I. Introdución á Ecoloxía. Relacións dos organismos co seu medio físico. Factores ecolóxicos abióticos. Poboacións. Relacións intraespecíficas e interespecíficas. Ecoloxía de comunidades. Ecoloxía de ecosistemas. (Expositivas: 20 horas; 60 horas non presenciais).
BLOQUE II . Introdución á ecoloxía da Paisaxe. Elementos básicos: matriz, mancha e corredores. (Expositivas 5 horas). Caracterización ecolóxica da estrutura e función da paisaxe (Interactivas: 15 horas).
7 horas non presenciais.
BLOQUE III. Índices numérico-funcionais na caracterización dunha paisaxe (Expositivas: 5 horas). Cálculo, interpretación e relación coas funcións: diversidade e ciclos. Valoración da paisaxe: cálculo e interpretación de índices. Aplicacións da ecoloxía da paisaxe: modelos de xestión sostible do territorio e conservación de especies. (Interactivas: 15 horas)
Leva asociado dous traballos em equipa: 13 (4 + 9) horas non presenciais.
Básica
Burel,F e Baudry, J., Ecología del paisaje.2002.
Farina, A., Ecología del paisaje. 2011.
Molles, M.C. Ecology. Concepts and applicatiions. Mc Graw Hill. 2019
Smith, R L; Smith, T M., Ecología. Pearson Educación, S.A., Madrid. 2005
Complementaria
Bolós, M. de., Manual de Ciencia del paisaje. 1992
XERAIS
CG5- Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións.
CG6 - Coñecelos problemas físicos e ambientais; os factores hidrolóxicos e climáticos; a edafoloxía el calidade vexetal que determinan a paisaxe.
ESPECÍFICAS
CE09- Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sustentabilidade e os principios de conservación enerxéticos e ambientais.
CE14- Capacidade para a combinación dos problemas sociais, ambientais e económicos relacionados coa paisaxe.
CE15 - Coñecemento dos principios da enxeñaría da paisaxe , edafoloxía e botánica: tratamento de solos e sementeiras, etc
TRANSVERSAIS
CT1- Expresarse corrrectamente, tanto de forma oral como escrita, nas lenguas oficiais da counidade autónoma. Capacidade de análise e síntese. Capacidade para o razoamento e a argumentación. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensibel. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT2 - Utilizar ferramentas básicas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe a o longo da súa vida. Habilidade no manexo das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada. Emprego de información bibliográfica e da rede.
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Estimulala capacidade para traballar en equipas interdisciplinarias ou transdisciplinarias, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentábel ambiental, económico, político y social.
CT6 - Capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver planos, priorizar actividades. identificalas críticas, establecer prazos e cumprilos. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT7 - Valorala importancia que ten a investigación, a innovación y el desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Docencia Expositiva
Sesión maxistral. Os docentes a traveso de clases maxistrais participativas explicarán os contidos básicos da materia.
Competencias traballadas: CG5 , CE09
Docencia Interactiva
1. Ensinanza aprendizaxe mediante Proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS). Traballo en grupo no cal terán que facela descrición teórica dunha paisaxe incorporando conceptos de función e estrutura en relación coa sustentabilidade (mantemento de servizos ecosistémicos). Presentación da análise a unha comunidade de veciños do rural e discusión do tema. Realización dun informe final e exposición na aula.
Competencias traballadas: CE09, CE14, CT2, CT3, CT5, CT6
2. Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe baseada en Proxectos. Realización dun proxecto real sobre un espazo verde, urbano ou periurbano, para a súa caracterización mediante os índices da ecoloxía da paisaxe e a súa diagnose dende a partida da preservación de servizos ecosistémicos: diversidade ecolóxica, servizos de polinización, ciclo hidrolóxico, ciclo de nutrientes (fixación do C). Análise e propostas de resolución para acadar o obxectivo de sustentabilidade no deseño. Exposición na aula.
Competencias traballadas: CE09, CE14, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7
3. Viaxe de prácticas. Visita e análise mediante a metodoloxía de foto-voz dunha paisaxe agro-forestal. Interpretación da estrutura e consecuencias funcionais posíbeis. Exposición na aula.
Competencias traballadas: CE09, CT1, CT2.
Traballos de curso (30 %). Competencias avaliadas: CE09, CE14, CT2, CT3, CT5, CT6, CE09, CE14, , CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7
Viaxe de prácticas e memoria (20%). Competencias avaliadas: CT1, CT2
Control final de coñecementos básicos (50%). Competencias avaliadas: CG5, CG8, CE9, CE14
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
AVALIACIÓN1 e 2 OPORTUNIDADE:
Non há mundanzas, mesmos criterios.
A materia consta de 30 horas de docencia expositiva e 30 de docencia interactiva. O tempo total de traballo non presencial do alumno son 90 horas: 10 de solución de problemas, 34 de estudios de casos, 26 de traballos tutelados, 10 de análises de fontes documentais, 2 de realización de esquemas, 8 de lecturas.
Recoméndase un traballo constante ao longo do semestre, así como asistencia ás aulas.
Criterios para a dispensa de asistencia
A realización dos traballos é obrigatoria, para o cal terá que combinar con algún grupo de traballo.
Criterios de avaliación para repetidores
Proba escrita (exame) e ter superados os traballos prácticos no curso anterior
Ruben Villares Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- ruben.villares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Emilio V. Carral Vilariño
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- emilio.carral [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade