-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2
Clase Interactiva: 0.6
Total: 2.6Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Electrónica e ComputaciónÁreas:
Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Linguaxes e Sistemas InformáticosCentro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Prácticas en Empresas de Grao e MásterDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Traballo realizado nun contorno real (empresas e/ou institucións do ámbito das TIC) no que se
manifeste a capacidade de aplicar as competencias adquiridas ao longo da titulación en
contornos reais da profesión.Prácticas en empresas e entidades públicas e privadas como parte da formación académica do
alumnado. Mediante a experiencia directa nunha entidade externa, o alumnado poderá coñecer
as formas de organización do traballo e os condicionantes da profesión tal e como se exerce no
mundo laboral. Preténdese ofrecer ao alumnado unha ampliación do contacto co mundo
profesional como espazo para poñer en práctica as competencias, habilidades e coñecementos
adquiridos durante a súa formación.Non hai
CB2 – Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun
xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e
defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4 – Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un
público tanto especializado como non especializado.
CG1 – Capacidade para concibir, redactar, organizar, planificar e desenvolver modelos,
aplicacións e servizos no ámbito da intelixencia artificial, identificando obxectivos, prioridades,
prazos, recursos e riscos, e controlando os procesos establecidos.
CG2 – Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e
creatividade.
TR1 – Capacidade para comunicar e transmitir os seus coñecementos, habilidades e
destrezas.
TR2 – Capacidade de traballo en equipo, en contornos interdisciplinares e para a xestión de
conflitos.
CE17 – Capacidade para adaptar e aplicar no ámbito profesional un conxunto significativo das
competencias adquiridas neste título de grao.Aprendizaxe baseada en proxectos. Integración nun equipo de desenvolvemento ou de I+D nun
contorno empresarial.O estudantado deberá asistir obrigatoriamente ás actividades programadas para a preparación
de procesos de selección e aos foros de contacto con empresas. A avaliación das prácticas
será realizada polo/a titor/a académico/a, que deberá ter en conta: i) A memoria que deberá
elaborar o alumnado ao finalizar as prácticas. ii) O informe do/a titor/a da empresa ou
institución.Catro horas de traballo presencial repartidas entre titorías e avaliación, e 145 horas de traballo
persoal do alumno/a.
-