-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 4.5Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 1
Clase Expositiva: 15
Clase Interactiva: 25
Total: 41Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Electrónica e ComputaciónÁreas:
Linguaxes e Sistemas InformáticosCentro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Esta materia céntrase nas tecnoloxías para a xestión e distribución de datos en tempo real no ámbito da Internet das Cousas. No aspecto teórico, introduciranse os conceptos básicos de IoT, e os modelos e arquitecturas axeitados para o procesamento en tempo real neste campo. No apartado práctico da materia, experimentarase con diferentes dominios de aplicación e casos de uso reais.
Tema 1: Introdución a IoT.
Tema 2: Redes de sensores. Adquisición.
Tema 3: Comunicacións e interoperabilidade.
Tema 4: Modelos e almacenamento.
Tema 5: Arquitecturas e Plataformas.
Tema 6: Análise e diseminación da información.Internet of Things: A Hands-On Approach. Arshdeep Bahga and Vijay Madisetti.
The Internet of Things (Essential Knowledge). Samuel Greengard
Complementaria
IoT Fundamentals: Networking Technologies, Protocols, and Use Cases for the Internet of Things. David Hanes, 2017, ISBN: 1587144565
Building the Web of Things: With examples in Node.js and Raspberry Pi. Dominique Guinard and Vlad Trifa. 2016.Ao rematar a materia, o alumno deberá adquirir as seguintes competencias xerais, transversais e específicas.
CG5 - Capacidade para concibir novos sistemas computacionais e/o avaliar o rendemento dos sistemas existentes, que integren modelos e técnicas de intelixencia artificial.
TR2 - Capacidade de traballo en equipo, en contornas interdisciplinarias e de xestión de conflitos
CE7 - Comprender as necesidades de adquisición, almacenamento e procesamento de datos no contexto da Internet das Cousas e as súas principais plataformasA materia distribúese en clases expositivas e interactivas ou de laboratorio. Nas primeiras expoñerase, mediante clase maxistral, os contidos que se necesitarán para desenvolver os exercicios realizados nas sesións prácticas polos alumnos de maneira individual ou en grupo.
Todo o material teórico e práctico poñerase ao dispor dos estudantes a través do campus virtual, que tamén será utilizado polos alumnos para realizar as entregas dos traballos prácticos.
Os foros e o correo da ferramenta de e-Learning tamén se utilizarán como canle de comunicación profesor-estudante. As titorías presenciais realizaranse no horario establecido polo centro ou no que se acorde cos alumnos.Para superar a materia o alumno deberá superar de forma independente a parte práctica da materia, cun peso do 60% da nota total, e a parte teórica, cun peso do 40% da nota total.
A parte práctica da materia avaliarase a partir do traballo resumo de cada unha das prácticas realizadas e do seguimento do traballo do alumno na clase, incluída a asistencia. O alumno que falte a máis do 15% das clases durante o curso terá a condición de NON PRESENTADO nas dúas convocatorias (Xaneiro e xullo).
A parte teórica da materia avaliarase a partir dun exame teórico final. As súas preguntas centraranse nos contidos impartidos ao alumno tanto na parte expositiva como na práctica.
O alumnado que non presentasen máis do 70% dos traballos resumo na parte práctica ou non se presenten ao exame teórico terán a condición de NON PRESENTADO na convocatoria.
Os alumnos repetidores examinaranse nas mesmas condicións que os alumnos en primeira convocatoria agás naqueles casos nos que superasen as prácticas nunha convocatoria dos dous cursos académicos anteriores. Neste caso, non terán a obriga de asistir ás clases prácticas e presentarán a memoria entregada no curso no que a superaron. A nota de teoría nunca se conservará e o alumno sempre deberá examinarse dos contidos teóricos da materia nas mesmas condicións que os alumnos de primeira convocatoria.
Convocatoria Extraordinaria: A avaliación terá lugar en dúas fases complementarias. Na primeira, cun peso sobre a nota final do 60%, o alumno terá que superar un caso práctico que será equivalente ás prácticas realizadas de forma regular durante o curso. Nunha segunda fase realizarase un exame de teoría que supoñerá o 40% da nota final. Para superar a materia nesta convocatoria, do mesmo xeito que en calquera das oportunidades da convocatoria ordinaria, ambas as dúas partes teñen que ser superadas de forma individual.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. En aplicación da Normativa da ETSE sobre plaxio (aprobada pola Xunta da ETSE o 19/12/2019), a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou de teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos casos.A materia supón:
15 horas de docencia teórica presencial
25 horas de traballo práctico presencial en laboratorio
71.5 horas de traballo persoal non presencial do alumnado no estudo, realización dos proxectos e traballos propostos nas clases prácticas, e en titorías personalizadas que poden ser presenciais.O alumno debería levar ao día a materia para poder aplicar os coñecementos adquiridos de forma teórica nos exercicios prácticos.
Requisitos previos recomendados: Programación I, Programación II, Enxeñaría de software, Redes, Adquisición e procesamento de sinalA materia impártese en castelán e a bibliografía facilitada en inglés
-
José Ángel Taboada González
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816457
- Correo electrónico
- joseangel.taboada@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Mércores 09:00-10:30 Grupo /CLE_01 Castelán IA.01 15:30-17:30 Grupo /CLIL_02 Castelán IA.01 Xoves 09:00-11:00 Grupo /CLIL_01 Castelán IA.02 Exames 17.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_01 IA.11 17.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_02 IA.11 17.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 IA.11 17.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_02 IA.12 17.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 IA.12 17.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_01 IA.12 17.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_01 IA.13 17.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_02 IA.13 17.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 IA.13 25.06.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 IA.11 25.06.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_01 IA.11 25.06.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_02 IA.11