Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 15 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten como obxectivo transversal introducir ao alumnado nas bases neurais dos procesos cognitivo-emocionais no ser humano. Este obxectivo transversal explícitase en tres obxectivos específicos: a) dar a coñecer a organización estrutural e funcional do cerebro humano e a súa evolución, b) explicar as funcións do cerebro humano desde as motivacións básicas e a percepción ao procesamento cognitivo-emocional, e c) dar a coñecer como se integran todas estas funcións para resolver tarefas/problemas dun modo adaptativo.
1. Introdución ás bases cerebrais da conduta.
2. Bases neurais da percepción visual.
3. Bases neurais do procesamento motivacional.
4. Bases neurais dos procesos de atención e memoria.
5. Bases neurais do procesamento lingüístico.
6. Cognición motora.
7. Bases neurais do procesamento emocional.
8. O cerebro executivo.
Bibliografía básica:
Bear, M.F., Connors, B. e Paradiso, M. (2016). Neurociencia. La exploración del cerebro, 4ª Ed. Wolters Kluwer, Lippincott Williams & Wilkins. (orixinal en inglés: 2015). [Ref. Biblioteca: PS6-1943]
Carlson, N.R. e Birkett, M.A. (2018). Fisiología de la conducta, 12ª Ed. Pearson Educación (orixinal en inglés: 2017). [Ref. Biblioteca: PS6-1534, tamén e-book].
Carretié Arangüena, L. (2021). Anatomía de la Mente. Emoción, cognición y cerebro, 3ª Ed. Pirámide. [Ref. Biblioteca: PS6-1743, tamén e-book].
Maestú Unturbe, F., Ríos Lago, M. e Cabestrero Alonso, R. (2008). Neuroimagen. Técnicas y procesos cognitivos. Elsevier-Masson. [Ref. Biblioteca: PS6-1683, tamén e-book].
Redolar, D. (2023). Neurociencia cognitiva. Editorial Médica Panamericana. [Dispoñible na Biblioteca: e-book]
Bibliografía complementaria:
Banich, T. e Compton, R.J. (2023). Cognitive Neuroscience, 5th Ed. Cambridge University Press. [Ref. Biblioteca: PS6-1756]
Breedlove, S.M. e Watson, N.V. (2022). Behavioral Neuroscience, Int 9th Ed. Oxford University Press. [Ref. Biblioteca: PS6-1971]
Gage, N.M. e Baars, B. (2018). Fundamentals of Cognitive Neuroscience: A Beginner’s Guide, 2nd Ed. Academic Press. [Ref. Biblioteca: PS6-1935, tamén e-book].
Horvitz, J.C. e Jacobs, B.L. (2022). Principles of Behavioral Neuroscience. Cambridge University Press. [Ref. Biblioteca: PS6-1602]
Mora, F., e Sanguinetti, A.M. (1994/2004). Diccionario de Neurociencias. Alianza Editorial. [Ref. Biblioteca: DIC15 71]
Purves, D., Cabeza, R., Huettel, S.A., LaBar, K.S., Platt, M.L. e Woldorff, M.G. (2013). Principles of Cognitive Neuroscience, 2nd Ed. Sinauer Ass., Inc. [Ref. Biblioteca: PS6-1701]
Ward, J. (2020). The student's guide to Cognitive Neuroscience, 4th Ed. Psychology Press. [Ref. Biblioteca: PS8-1635]
Felten, D.L., O'Banion, M.K. e Maida, M.S. (2022). Netter: Atlas de Neurociencia, 4th Ed. [Dispoñible na Biblioteca: e-book]
A materia contribúe á formación para a adquisición das seguintes competencias da titulación:
• CG2 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade.
• CG4 - Capacidade para seleccionar e xustificar os métodos e técnicas adecuadas para resolver un problema concreto, ou para desenvolver e propoñer novos métodos baseados en intelixencia artificial.
• TR1 - Capacidade para comunicar e transmitir os seus coñecementos, habilidades e destrezas.
• TR3 - Capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espíritu emprendedor.
Estas competencias da titulación concretízanse, no marco da asignatura, na consecución dos seguintes resultados da aprendizaxe:
• Coñecer a organización estructural e funcional do cerebro humano e a súa evolución
• Comprender as funcións do cerebro humano dende as motivacións básicas e a percepción ao procesamento cognitivo-emocional
• Entender a integración das devanditas funcións para a resolución de tarefas de forma adaptativa.
SESIÓNS EXPOSITIVAS: Prográmanse un total de 25 clases de 1 hora (2 por semana). Destínanse a introducir e explicar os tópicos do programa, utilizando os materiais de apoio que sexan pertinentes e estean dispoñibles. Facilitarase bibliografía e documentación básica de referencia para traballar cada tema e poderanse introducir actividades para incentivar e facilitar a atención e o seguimento das clases; cando estas actividades requiren a entrega de material, poderá demandarse en papel na propia clase ou a través de tarefas programadas no Campus Virtual (CV) da materia.
SESIÓNS INTERACTIVAS: Prográmanse un total de 10 sesións de 1h30' cada unha, con periodicidade semanal. Destínanse a buscar unha aproximación máis práctica aos contidos do programa (resolución de cuestións ou problemas sobre estudos científicos, etc.), e incidiendo na reflexión ética e deontolóxica. A asistencia é obrigatória nos termos que se indican no apartado de avaliación e verificarase pasando lista. Sobre os traballos desenvolvidos nestas sesións deberanse presentar informes escritos que se entregarán a través do CV e que serán parte da avaliación continua da asignatura.
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE: Lectura de materiais complementarios, elaboración dos informes asociados ás sesións interactivas e aos exercicios de clase e estudo dos contidos. Ao longo do curso iranse indicando as ocasións en que sexa necesario traballar algún material antes das sesións presenciais. Por último, é esencial o estudo da bibliografía básica recomendada para os diferentes temas tratados no programa.
TITORÍAS INDIVIDUAIS: O profesorado da materia estará dispoñible en horario de titorías (nos lugares e horas indicados nos seus horarios académicos), para atender dúbidas e calquera cuestión respecto do desenvolvemento da asignatura e os seus contidos. Debe solicitarse cita previa mediante un correo-e ao profesor/a co que se queira a titoría.
APOIO DA ASIGNATURA A TRAVÉS DAS TIC: Os materiais de apoio gráfico e os guións utilizados nas clases, así como a documentación esencial para o estudo da asignatura, estarán á disposición dos/as estudantes a través do CV. Tamén utilizarase este soporte para facilitar materiais complementarios de estudo que se consideren pertinentes, para a entrega e a corrección de tarefas e exercicios, para a participación en foros de discusión, se procede, e para avisos relativos a aspectos organizativos da asignatura, polo que debe consultarse con asiduidade esa plataforma e o correo-e da universidade.
En conxunto, as distintas metodoloxías contribuirán á adquisición das competencias propias da titulación, ao requerir a resolución de problemas e a realización de análises adaptados aos contidos da materia (CG2, CG4, TR3) e a elaboración de informes derivados destas actividades (TR1).
A avaliación e cualificación da aprendizaxe e das competencias adquiridas realizarase mediante actividades de avaliación continua (40% de peso da cualificación) e de avaliación final (60%):
A avaliación continua (40%) estará definida polos informes correspondentes ás sesións interactivas -prácticas-; a avaliación final (60%) consistirá nun exame ao final do semestre, sobre todo o contido da asignatura impartido/traballado ao longo do curso. O exame será sobre os contidos do programa explicados e traballados nas clases (expositivas e interactivas). A realización/entrega de calquera das probas recollidas nos apartados precedentes implica a incorporación ao proceso de avaliación, polo que implicará unha cualificación final da asignatura.
NA SEGUNDA OPORTUNIDADE para a superación da asignatura, prevista no mes de xuño/xullo para aqueles/as estudantes que non aprobasen na primeira oportunidade, realizarase un exame das mesmas características do exame final da primeira oportunidade.
SITUACIÓNS ESPECIAIS:
Para as persoas que obtiveran autorización para dispensa de asistencia a clase contemplase unha avaliación final única, baseada no exame final, e poderán alcanzar unha cualificación máxima de 8. Poderase valorar individualmente, en función das condicións que motiven a dispensa, a posibilidade de realizar, de modo autónomo, un traballo sobre contidos da asignatura para poder chegar a unha cualificación máxima de 10.
Os/as estudantes de Mobilidade saínte que, durante o mesmo semestre, cursasen e non superasen unha asignatura equivalente noutra universidade poderán examinarse na "segunda oportunidade" nas condicións fixadas polo artigo 11.6 do Regulamento de intercambios interuniversitarios de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (Consello de Goberno do 26/10/2012, DOG 28/11/2012). O exame final valerá ata un 80% da cualificación, á que poderá sumar a parte correspondente ás prácticas (ata o 20%) se presentan un informe das prácticas realizadas na asignatura equivalente, xunto cunha valoración do seu traballo nelas do profesor responsable da Universidade na que cursaron a asignatura.
Os/as estudantes de Mobilidade entrante serán avaliados cos mesmos criterios e requisitos que os estudantes da USC.
Para outras condicións ás que a lexislación vixente ou a normativa universitaria recoñezan algún tipo de dereito específico de adaptación curricular (discapacidade, vítimas de violencia de xénero, deportistas de alto nivel, etc.), as condicións de adaptación definiranse particularmente, atendendo á situación concreta, nun rango que vai desde as condicións xerais ás definidas para os casos de dispensa.
A materia consta de 4,5 créditos, o que corresponde a un total estimado de 112,5 h de traballo do/a estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:
Asistencia a actividades presenciais (docencia, avaliación): 41 h.
Traballo non presencial: 72 h. Este deberá distribuírse na elaboración de informes (aprox. 4 h), preparación previa das clases (aprox. 8 h) e a lectura e estudo de materiais (aprox. 60 h).
Para un correcto seguimento desta materia recoméndase:
(1) Capacidade de lectura de textos científicos básicos, do ámbito da Neurociencia, en inglés.
(2) Seguimento continuado da materia: realización das actividades que se programen, lectura dos materiais e estudo dos contidos.
(3) Asistencia a titorías para a resolución de dúbidas ou a orientación no proceso de aprendizaxe.
Jesus Cespon Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Correo electrónico
- jesus.cespon [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.01 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.02 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.01 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.01 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.12 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.12 |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.12 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |