Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 30 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta asignatura é entender o funcionamento interno dun computador e dos seus bloques funcionais. Dende o punto de vista do hardware, coñece-la linguaxe máquina do computador e ser capaz de desenvolver códigos nesa linguaxe. Estudaremos en profundidade algúns aspectos da arquitectura para ter a capacidade de desenvolver códigos que aproveiten de forma óptima os recursos hardware dispoñibles no computador. Nesta asignatura tamén faremos un enfoque desde o punto de vista do software. O sistema operativo é un software de sistemas fundamental para os computadores de hoxe en día. Estes sistemas interactúan ente os programas de usuario e o hardware e é importante comprende a interrelación entre o software do sistema operativo e o hardware sobre o que se executa.
- Tema 1: Introdución aos computadores e aos sistemas operativos
- Tema 2: Tipos de procesadores e sistemas operativos
- Tema 3: Procesadores, procesos
- Tema 4: Representación dos datos
- Tema 5: Representación das instrucións
- Tema 6: O procesador e a xerarquía de memoria
Tanto a bibliografía básica como complementaria está dispoñible na biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría.
Básica
- McLoughlin, Ian. Computer Systems : An Embedded Approach / Ian McLoughlin. First edition. New York, N.Y: McGraw-Hill Education, 2018. Disponible en línea.
- Wolf, Gunnar et al. Fundamentos de Sistemas Operativos. Mexico City, Mexico: Universidad Nacional Autónoma de México, 2015. Disponible en línea. Disponible en línea.
Complementaria
- Patterson, David A., Hennessy John L. Computer Organization and Design. The Hardware/Software Interface. Morgan Kaufmann MIPS Edition, 2017, ISBN: 978-0128017333 / 5th Edition ISBN: 978-0-12-407726-3 Biblioteca ETSE: códigos A330 70- A-B / C50 711 A-B.
O alumnado adquirirá en distintos niveis de profundización, as seguintes competencias básicas, transversais e específicas:
- CB2: aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CB3: capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- CB5: desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
- TR3: capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor.
- CE4: coñecer a estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos (computador, sistemas operativos e redes de computadores).
- CE6: capacidade para realiza-la análise, deseño, implementación de aplicacións que requiran traballar con grandes volumes de datos e na nube de forma eficiente.
Esta materia ten un enfoque teórico/práctico mediante clases expositivas (teoría) e interactivas (sesións prácticas).
Clases expositivas: nestas clases o profesorado exporá os contidos teóricos que serven de base para a realización de exercicios como parte do traballo persoal do alumnado e para as clases prácticas, buscando un ambiente participativo en clase.
Clases interactivas: estas clases estarán dedicadas a desenvolver o programa de prácticas da materia e complementar os coñecementos vistos nas clases de teoría. Consistirán na realización de exercicios, prácticas, obradoiros e/ou exposicións. O alumnado será o elemento activo nestas clases e o persoal docente guiará a aprendizaxe ante as cuestións e dúbidas formuladas polos alumnos.
Os enunciados das prácticas, así como o material de axuda estarán dispoñibles no campus virtual da asignatura.
As titorías poderán ser presenciais (horario acordado co alumnado ou fixado polo centro), e a través de correo electrónico.
A avaliación da materia basarase nunha avaliación continua e na realización dun exame. Para que a asignatura se considere aprobada deberase obter unha cualificación de 5 puntos ou máis na media ponderada entre o exame (40% da nota) e a avaliación continua (60% da nota). En ambas as partes haberá que ter unha cualificación mínima de 4 puntos para poder realizar a media.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En aplicación da Normativa da ETSE sobre plaxio (aprobada pola Xunta da ETSE o 19/12/2019), a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou de teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de cero en ámbolos casos.
Avaliación continua
A avaliación continua consistirá na realización por parte do alumnado das prácticas e traballos propostos o longo do cuadrimestre. Realizaranse unha serie de actividades consideradas como ponderables sobre os contidos desenvolvidos nas sesións prácticas que terán unha data concreta de finalización e evaluación, non admitíndose a súa entrega fóra de prazo. Pasada esta data, a práctica será considerada como non realizada ou evaluada. Os traballos non entregados terán unha cualificación de cero puntos. Será condición indispensable aproba-la avaliación continua.
Competencias traballadas: CB2, CB3, TR3, CE4.
Non existe outra modalidade para aprobar a parte da asignatura correspondente á avaliación continua polo que se está suspensa non se poderá superar a asignatura. A nota obtida conservarase para a oportunidade ordinaria e oportunidade extraordinaria de recuperación. Non se garda para o seguinte curso.
A asistencia ás sesións interactivas é obrigatoria. As faltas non xustificadas terán unha penalización na avaliación da parte interactiva proporcional ao número de faltas.
Oportunidade ordinaria
Realizarase un exame que incluirá tódolos contidos da materia. A súa valoración será o 40% da nota final.
Competencias traballadas: CB2, CB5, TR3, CE4, CE6.
Oportunidade extraordinaria de recuperación
Mesmos criterios que a oportunidade ordinaria.
No presentado
La calificación será "no presentado" cuando la persona no realice el examen y no se haya presentado a más de una de las pruebas de evaluación continua.
Alumnado repetidor
Os criterios de avaliación para o alumnado repetidor serán os mesmos que o alumnado que se matricule por primeira vez na materia, excepto se se superou a avaliación continua na última convocatoria. Neste caso, o alumno/a deberá poñerse en contacto co profesor.
Alumnado con dispensa
Mesmos criterios de avaliación excepto a asistencia a sesións interactivas que será obrigatoria só naquelas actividades de avaliación que requiran asistencia na aula como exames e avaliacións en grupo.
Estímase que o tempo de traballo do alumno correspóndese con 20 horas de actividade presencial na aula e de 30 no laboratorio de prácticas. Ademais, estímase un esforzo de 99 horas de traballo persoal do alumnado dedicado a consulta de bibliografía, estudo autónomo e desenvolvemento das actividades programadas.
Recoméndase a asistencia a clase de docencia expositiva e estudo continuado da materia cun esforzo activo na procura de materiais, realización de exercicios e preparación das prácticas.
Cómpre dispoñer dun equipo portátil para realizar prácticas e/ou exames nas sesións interactivas.
A materia impártese en castelán. A bibliografía e parte do material están dispoñibles en inglés.
Pablo Quesada Barriuso
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881813538
- Correo electrónico
- pablo.quesada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Samuel Soutullo Sobral
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Correo electrónico
- s.soutullo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | IA.11 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.11 |
12:00-14:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.11 |
Xoves | |||
09:00-11:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.11 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.11 |
21.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
21.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
21.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |
21.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.01 |
21.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.11 |
21.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
21.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
21.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
21.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.12 |
21.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.12 |
21.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.12 |
21.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.12 |
19.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
19.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.11 |
19.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
19.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |