Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Obxectivo Xeral:
Trátase dunha materia introductoria cuxo obxectivo é que o alumno entre en contacto cos conceptos básicos da Ciencia Química, achegándolle as ferramentas adecuadas para afrontar os contidos do Módulo de Química Industrial. Ademais, fomentarase no alumno o interese pola aprendizaxe da Química, tendo en conta o papel relevante que esta desempeña na natureza e na sociedade actual.
Obxectivos específicos:
- Comprender os principios básicos da termodinámica.
- Entender a termodinámica da reacción química.
- Comprender o concepto de equilibrio químico e os factores que afectan ao estado de equilibrio
- Aplicar os conceptos de equilibrio químico a sistemas ácido-base, redox e de precipitación.
- Coñecer os conceptos básicos da electroquímica de pilas galvánicas.
- Comprender os conceptos básicos da cinética química, a súa metodoloxía e a aplicación ao estudo de reaccións simples.
- Comprender a diferenza entre as propiedades das superficies e as propiedades xerais da materia.
Tema 1. Introdución á Termodinámica Química
Calor e traballo. 1º Lei da termodinámica. Calores de reacción e calorimetría. Lei de Hess. Entalpía estándar de formación. Espontaneidade. Entropía. Criterios de espontaneidade. 2ª Lei da termodinámica. Enerxía libre de Gibbs.
Tema 2. Equilibrio Químico
Equilibrio dinámico. Expresión da constante de equilibrio. Relacións entre as constantes de equilibrio. Significado do valor numérico dunha constante de equilibrio. Cociente de reacción: predición do sentido do cambio neto. Principio de Lle Châtelier.
Tema 3. Equilibrio Acido-Base
Principais teorías , ácido-base. Escala de pH. Fortaleza de ácidos e bases. Ácidos polipróticos. Hidrólisis. Efecto do ion común. Disolucións reguladoras. Neutralización, Valoracións e Indicadores.
Tema 4. Equilibrio de Precipitación e Solubilidade
Constante do produto de solubilidade e solubilidade molar. Criterios de precipitación e precipitación fraccionada. Efecto do ion común. Efecto do pH. Ions complexos e solubilidade.
Tema 5. Electroquímica
Células electroquímicas. Potenciais estándar de electrodo. Ecuación de Nernst. Corrosión. Electrolisis
Tema 6. Principios Básicos de Cinética Química
Velocidade das reaccións químicas. Medidas da velocidade de reacción. Ecuación de velocidade. Orde de reacción. Reaccións de orde 0, 1 e 2. Dependencia da velocidade de reacción coa temperatura.
Tema 7. Fenómenos de Superficie
Concepto de superficie e interfase. Fenómenos superficiais en líquidos: Tensión superficial, Superficies curvas, Capilaridade.
Bibliografía básica e complementaria
Básica (manual de referencia):
• PETRUCCI, R. H. et al., 2017. Química General : Principios y aplicaciones modernas, 11ª edición. Madrid: Pearson. ISBN: 978-84-9035-533-6
• PETRUCCI, R. H. et al., 2017. Química General : Principios y aplicaciones modernas[en liña] 11ª edición. Madrid: Pearson. ISBN: 978-84-9035-533-6
Complementaria:
De Química Xeral:
• CHANG, Raymond, 2017. Química, 12ª edición. México: McGraw Hill. ISBN 978-607-15-1393-9
• DOMINGUEZ REBOIRAS, Miguel A.,2006. Química. La Ciencia Básica. Madrid: Thomson. ISBN 849723475
Recursos en liña:
• ROSENBERG, Jerome L, Lawrence M. EPSTEIN, Peter J. KREIGER, 2009. Química (Serie Schaum) [en liña] 9ª Edición. México: McGraw Hill. ISBN 9789701068885. Dispoñible en: https://issuu.com/wilsonmoscoso/docs/quimica_general_y_organica_schawn_9
Competencias básicas:
C.B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias xerais:
C.G.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
Competencias específicas básicas:
F.B.4.1. Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos e as súas aplicacións na enxeñaría: Química Xeral
Competencias transversais:
o CT.1. Capacidade de análise e síntese
o CT.6. Resolución de problemas
o CT.19. Aprendizaxe autónoma
Trátase dunha materia que comeza a súa extinción neste curso 2024-2025, polo que se trata dunha materia sen docencia.
A avaliación se levará a cabo mediante a realización dun exame cuxa nota corresponderá ao 100% da materia.
O exame terá 2 partes claramente diferenciadas:
Parte 1. Exame teórico que constará de preguntas curtas (nalgúns casos podería tratarse dun exercicio de resolución numérica) relacionadas cos distintos contidos da materia. A súa nota será o 25% da nota global.
Parte 2. Exame de problemas que constará de varios problemas relacionados cos contidos da materia. A súa nota será o 75% da nota global.
Carlos Manuel Estevez Valcarcel
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814436
- Correo electrónico
- carlosmanuel.estevez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
21.01.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A1 |
07.07.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A2 |