Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia está orientada cara o deseño de procesos químicos, que é unha das principais actividades profesionais nas que vai a participar o enxeñeiro químico. Aínda que a concepción dunha planta química é multidisciplinar no seu detalle, é o enxeñeiro químico o que sabe determinar as súas características xerais en obxectivos e rendementos e é, entre o resto dos enxeñeiros, o que pode aplicar, coordinar e combinar os principios de enxeñaría necesarios para o seu deseño e construción, xunto con outros principios, económicos, ambientais e de seguridade e saúde, necesarios na práctica industrial.
Na materia establécense os criterios fundamentais de deseño, desde a concepción e desenvolvemento do proxecto ata a finalización e posta en marcha da planta. Dentro deste percorrido apréndese a especificar instalacións e equipos mecánicos de acordo aos seus requirimentos de aplicación. Con todo isto o alumnado recibirá unha sólida orientación das súas competencias específicas como enxeñeiro para a concepción de plantas químicas, tanto na súa realidade física como aplicada.
Os contidos desta materia segundo a memoria do título son:
Proxecto Básico: Formulación, estudo de mercado, procesos de fabricación, distribución en unidades e edificacións. Avaliación económica. Estrutura organizativa dunha instalación industrial. Proxecto construtivo: Etapas da fase de deseño de detalle, desenvolvemento de cálculos de proxectos. Selección de elementos de máquinas na industria química. Lexislación e Normalización. Deseño mecánico.
Por todo iso estrutúrase en dous bloques:
BLOQUE I. PROXECTOS
TEMA 1. Xeneralidades: Concepto. Tipoloxías de proxectos. Etapas de deseño. Consideración xerais de deseño. Etapas de deseño. Estudios de mercado e de viabilidade técnica. Elementos básicos de enxeñaría básica. Consideracións específicas de seguridade e medio ambiente.
TEMA 2. Morfoloxía do proxecto: Documentos do proxecto: Memoria, Planos, Prego de Condición técnicas. Orzamento. Outros documentos. Edición e presentación.
TEMA 3. Avaliación económica de proxectos. Tipos de custos e distribución, Avaliación económica: Fluxos de caixa, Rendibilidade. VAN. TIR. Análise de sensibilidade
BLOQUE II. DESEÑO DE INSTALACIÓNS
TEMA 4. Selección de materiais e prevención da corrosión: Tipos de materiais para enxeñaría. Propiedades para o deseño. Criterios de selección. Estándares e Normativa.
TEMA 5. Deseño de Recipientes de proceso: Estándares. Deseño mecánico de tanques, recipientes a presión e tanques de almacenamento. Custos. Estándares e Normativa.
TEMA 6. Deseño de equipos de separación: Columnas. Deseño. Custos.
TEMA 7. Deseño de equipos para o transporte de fluídos: Sistemas de tubaxes: Materiais. Estándares e Normas. Válvulas. Cuestións xerais de deseño. Custos para tubaxes e sistemas auxiliares. Bombas e compresores: Deseño mecánico e hidráulico. Selección de equipos. Custos. Estándares e Normativa.
TEMA 8. Deseño de equipos para o transporte de calor: Intercambiadores de calor: Tipos. Selección. Deseño hidráulico e mecánico. Materiais de construción. Custos. Aspectos básicos de condensadores, evaporadores, fornos e caldeiras.
Básica
SINNOT, R., TOWLER, G. Chemical Engineering Design. Coulson & Richardson’s Chemical Engineering Volume 6, 6th Ed., Elsevier/Butterworth-Heinemann (2020), ISBN 9780081025994 e tamén como Recurso electrónico ISBN: 9780081026007
SINNOT, R., TOWLER, G. Diseño en Ingeniería Química. Serie de Ingeniería Química Coulson & Richardson. Traducción de la 5ª Ed. Ed. Reverté (2012), ISBN 9788429171990
Complementaria
PETERS, M. S., Timmerhaus, K. D., West, R. E. Plant Design and Economics for Chemical Engineers. Ed. McGraw Hill (2004), ISBN 9780071240444
PERRY, R. H., GREEN, D. W., MALONEY, J. O. Manual del Ingeniero Químico. Ed. McGraw-Hill (2001) ISBN 84-481-3008-1 (O.C.); 84-481-3342-0 (v.1); 84-481-3343-9 (v.2); 84-481-3344-7 (v.3); 84-481-3345-5 (v.4)
CHEREMISINOFF, N. P., Handbook of chemical processing equipment, Ed. Butterworth-Heinemann (2000) ISBN 0-7506-7126-2
BAUSBACHER. E., Process plant layout and piping design, Prentice Hall (1993) ISBN 9780131386297
SEIDER, W. R., SEADER, J. D., LEWIN, D. R., WIDAGDO, S., Product and process design principles, Wiley (2010) ISBN 9780470414415
Contribuír a alcanzar con maior ou menor intensidade as seguintes competencias recollidas na memoria do título:
Específicas
CI.7 - Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos
CI.8.- Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
CI.12.- Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.
Xerais
CG.1.- Capacidade para a redacción, firma e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría química industrial que teñan por obxecto, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización.
CG.2.- Capacidade para a dirección, das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos no epígrafe anterior.
CG.5.- Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
CG.6.- Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
Transversais
CT.7.- Toma de decisións
CT.11 - Capacidade para comunicarse con expertos de outras áreas
CT.13.- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.14.- Adaptación a novas situacións
CT.17.- Creatividade
A docencia desenvolverase da seguinte forma coa distribución de horas seguinte (aproximada): Bloque I, clases maxistrais 17 h e seminarios 4 h; Bloque II, clases maxistrais 20 h e seminarios 8 h.
Nas clases maxistrais e seminarios explicaranse contidos teóricos e resolveranse exercicios por parte do profesorado.
Será obrigatoria a realización dun proxecto de deseño básico en grupo (4-5 alumnas/os), que se definirá ao comezo do curso e cuxa entrega final será por escrito. Nas labores de dirección de cada equipo participará alumnado do Máster de Enxeñaría Química e Bioprocesos.
Unha das titorías de grupo (1 h), que se programará para finais do mes de outubro ou principios de novembro, adicarase a revisar/evaluar diferentes aspectos do proxecto. A outra titoría (1 h) estará relacionada coa ética profesional. Ambas serán obrigatorias.
No caso de que sexa posible, realizarase unha visita técnica relacionada cós contidos da materia.
As competencias a desenvolver na docencia teórica e no proxecto de deseño en grupo: CI.12, CG.1, CG.2, CG.5, CG.6, CT.7, CT.11, CT.14, CT.17.
As competencias a desenvolver na resolución de problemas: CI.7, CI.8, CG.5, CT.13
Empregarase o Campus Virtual como ferramenta para facilitar a información/anuncios sobre a actividade docente ao longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia. Algúns dos problemas realizaranse utilizando unha folla de cálculo (Excel) ou outra ferramenta informática da que se dispoña (ASPEN HYSYS).
Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes mediante a realización dun proxecto de deseño en grupo e resolución de problemas.
Asemade, os estudantes realizarán un exame con cuestións teóricas e resolución de problemas que permitirá individualizar a cualificación final.
As competencias a avaliar son as seguintes:
Proxecto de deseño en grupo: CI.12, CG.1, CG.2, CG.5, CG.6, CT.7, CT.11, CT.14, CT.17
Resolución de problemas: CI.7, CI.8, CG.5, CT.13
Exame: CI.8, CG.1, CG.5, CT.13
A cualificación do estudante é unha media do rendemento obtido no exame (50% da cualificación), do proxecto de deseño (35% da cualificación), actividades realizadas (10%) e da titoría de grupo sobre ética profesional (5%).
A/O alumna/o ten que obter unha cualificación mínima do 35% tanto no exame coma no proxecto. No caso de non superar a materia na Primeira Oportunidade, o estudante será novamente avaliado do exame e/ou do proxecto na Segunda oportunidade. Non se gardarán partes que non estén aprobadas, é dicir, non chega con acadar o mínimo.
Será considerado como NON PRESENTADO aquel/a alumno/a que non realizara/asistira a algún dos ítems obrigatorios (titorías grupais,proxecto de deseño, visita, no caso de facela, e exame).
As actividades de avaliación continua, agás o proxecto de deseño, só se gardarán entre a primeira e segunda oportunidades do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
Clases maxistrais: Presenciais, 37; Traballo alumna/o, 45; ECTS, 3,3
Seminarios: Presenciais 12; Traballo alumna/o, 14; ECTS, 1
Titorías de grupo: Presenciais, 1; Traballo alumna/o, 4; ECTS, 0,2
Titorías individualizadas: Presenciais, 2; Traballo alumna/o, 8; ECTS, 0,4
Exame e revisión: Presenciais, 5; Traballo alumna/o, 22; ECTS, 1,1
Para o estudo e comprensión desta materia é importante que a/o alumna/o teña, entre outras, superadas as materias de: Enxeñaría de Procesos, Fundamentos de máquinas e Resistencia de materiais e Sistemas de produción industrial.
A docencia impartirase en castelán, aínda que se manexarán fontes de información en lingua inglesa.
Recoméndase a adquisición de equipos có entorno MS Windows, xa que outras plataformas, por exemplo, non soportan o programa informático ASPEN HYSYS.
Maria Sonia Freire Leira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816758
- Correo electrónico
- mariasonia.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Martes | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A3 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
01.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
01.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
01.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |