-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 4.5Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25
Horas de Titorías: 2.25
Clase Expositiva: 18
Clase Interactiva: 18
Total: 112.5Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Enxeñaría QuímicaÁreas:
Enxeñaría QuímicaCentro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
- Proporcionar os coñecementos teóricos e as capacidades para a resolución de problemas sobre operacións de separación na industria química especificadas no contido da materia.
- Aportar ó/á alumno/a coas capacidades para o cálculo e deseño das unidades para os procesos de separación.
- Dar unha idea concreta dos equipos utilizados para ditas operacións.1. Fundamentos das operacións de separación
2. Procesos de evaporación
3. Operacións de secado
4. Extracción sólido-líquido
5. Métodos de cristalización
6. Separación mediante membranas
7. Separación mediante leitos porosos
8. Separación mecánica de sólidosBibliografía básica
J.D. Seader, E.J. Henley, D.K. Roper; Separation Process Principles, 4th Ed., ISBN: 978-1-119-23959-8, Wiley, Hoboken, NJ (2016)
Bibliografía complementaria
E.J. Henley y J.D. Seader, Operaciones de separación por etapas de equilibrio en ingeniería química, ISBN: 9788429179088, Reverté, Barcelona (1998).
P.C. Wankat, Ingeniería de Procesos de Separación, 2a Ed., ISBN: 978-9702612810, Pearson Education, México (2008)
R. Sinnott and G. Towler, Chemical Engineering Design, 6th Ed, ISBN: 9780081025994, Butterworth-Heinmann, Oxford (2020). [Dispoñible como recurso electrónico na Biblioteca da USC]Específicas:
CQ.1.1 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía.
CQ.1.3 Coñecementos sobre transferencia de materia e operacións de separación. Deseño de unidades de separación.
Xerais:
CG.3 Coñecementos en materias básicas e tecnolóxicas que lles capacite para o aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG.4 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico, e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial.
Transversais:
CT.1 Capacidade de análise e síntese.
CT.4 Habilidade para o uso e desenvolvemento de ferramentas informáticas.
CT.6 Resolución de problemas.
CT.8 Traballo en equipo.
CT.13 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
CT.19 Aprendizaxe autónoma.As clases expositivas dedicaranse á presentación da parte teórica da materia. Asemade, incluirase a resolución de problemas modelo coa participación activa do/da estudante.
Os seminarios, que se desenvolverán ó final de cada tema, centraranse na resolución de problemas e casos prácticos por parte dos/das alumnos/as, a miúdo de xeito grupal. A ferramenta informática para a resolución de problemas será principalmente MS Excel (ou similar).
Os/As alumnos/as realizarán traballos específicos na materia, nos que utilizarán os coñecementos acadados para resolver un caso práctico de cálculo e deseño dunha unidade de separación.
As sesións de titorías, individuais ou en grupo, dedicaranse para o desenvolvemento de temas específicos da materia, como a resolución de dúbidas dos aspectos teóricos e prácticos da materia, e o desenvolvemento do traballo grupal.
O Campus Virtual da USC empregarase como ferramenta de apoio á docencia.
O/A alumno/a poderá acudir a titorías individuais para resolver dúbidas.
Por competencias:
Clases expositivas: CQ.1.3, CG.3, CG.4; CT.1, CT.6.
Seminarios e titorías: CQ.1.3; CG.4; CT.1, CT.4, CT.6, CT.8, CT.13, CT.19.
Participación activa en clase: CQ1.3, CG.4, CT.1, CT.6, CT.13, CT.19.A avaliación dos/das alumnos/as levarase a cabo considerando varios aspectos da súa participación nos seguintes apartados:
1) Actividades de avaliación continuada e participación activa ligada ás clases expositivas, seminarios e titorías – 20% da cualificación final.
2) Participación nas actividades de titorización – 5% da cualificación final.
3) Entrega do traballo grupal – 15% da cualificación final.
4) Realización dun exame final da materia cunha parte de cuestións teóricas (30%) e unha parte de resolución de problemas (70%) – 60% da cualificación final.
Para superar a materia requírese unha cualificación global mínima de 5,0. Para ser avaliado, tanto na primeira como na segunda oportunidade, requirirase acadar un mínimo do 35% en cada un dos apartados mencionados anteriormente. En caso de non acadar a cualificación parcial requerida na avaliación continua para presentarse á segunda oportunidade, o/a alumno/a terá que presentar un traballo individual para acadar ese mínimo. No caso de non acadar a cualificación mínima nalgún dos apartados, a nota final do/da alumno/a será; aquela dese apartado.
As cualificacións nos apartados 1 e 2 comunicaranse antes do exame final. As cualificacións parciais das actividades 1 e 2 manterase para a segunda oportunidade, na que o exame suporá novamente o 60% da cualificación global. Non se gardarán as cualificacións parciais entre cursos académicos.
Por competencias:
Exame: CQ.1.1, CQ.1.3, CG.3, CG.4, CT.1, CT.6, CT.13.
Traballo/Actividades: CQ.1.3, CG.3, CG.4, CT.1, CT.4, CT.6, CT.13.
Participación activa en clase: CQ1.3, CG.4, CT.1, CT.6, CT.13, CT.19.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.A materia consta de 4.5 ECTS, involucrando unha dedicación total de 114 h. Estímase unha dedicación de traballo persoal dunha hora e media (1.5 h) por cada hora (1 h) de clase.
Actividade: Horas presenciais (h) – horas de traballo persoal autónomo (h).
Clases maxistrais: 28 – 42
Clases de seminario: 9 – 14
Titorías: 1 – 4
Exame e revisión: 4 – 12
Total: 42 – 72É recomendable ter cursado previamente as materias “Fundamentos de Procesos Químicos”, “Termodinámica Aplicada á Enxeñaría” e “Transferencia de Materia”.
Considérase importante manter actualizados os conceptos impartidos, fomentando un seguimento “ó día” da materia.A Aula Virtual empregarase como arquivo da documentación da materia. A docencia impartirase en Galego e Castelán, dependendo das necesidades do grupo.
-
Adrian Sanchez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- adriansanchez.fernandez@usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Martes 13:00-14:00 Grupo /CLE_01 Galego Aula A3 Mércores 13:00-14:00 Grupo /CLIS_01 Galego Aula A3 Exames 13.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula Traballo 13.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIS_01 Aula Traballo 04.06.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula A1 04.06.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIS_01 Aula A1 26.06.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula A2 26.06.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIS_01 Aula A2