Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal da materia debe ser a análise e deseño de procesos químicos, tendo en conta non só as materias primas implicadas e os produtos obtidos nos mesmos, senón tamén a descrición detallada do propio proceso e a análise das súas variables fundamentais. Na materia levaráse a cabo o estudo detallado dalgúns procesos químicos e enerxéticos. É necesario que o alumno entenda a importancia e necesidade de que os procesos industriais deben ser seguros, medioambientalmente sostibles e economicamente rendibles.
Os contidos desenvólvense en 4,5 ECTS e son contemplados de forma sucinta no descriptor da materia no plan de estudos do Grao de Enxeñería Química, e son: Análise e deseño de procesos químicos. Estratexia en Enxeñería de Procesos. Integración de procesos. Valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos. Estudo detallado dalgúns procesos químicos e enerxéticos.
Tendo en conta os descriptores arriba sinalados o programa da materia estruturarase da seguinte forma:
Tema 1.- Aspectos xerais da química industrial
Tema 2.- Análise e deseño de procesos de fabricación. Estrutura e síntese de diagramas de fluxo de procesos.
Tema 3.- Heurísticas para síntese de procesos
Tema 4.- Síntese de procesos detallada: sínteses de secuencias de separación, introducción a redes de intercambio de masa e redes de intercambiadores de calor.
Tema 5.- Análise económica dos procesos químicos
Tema 6.- Seguridade en procesos industriais. Métodos de análises de riscos.
BIBLIOGRAFIA BASICA
WARREN D. SEIDER, DANIEL R. LEWIN, J. D. SEADER, SOEMANTRI WIDAGDO, RAFIQUL GANI, KA MING NG Product and Process Design Principles: Synthesis, Analysis, and Evaluation, 4th Edition, EMEA Edition John Wiley and Sons, 2019. ISBN: 978-1-119-63696-0. SINATURA ETSE: Solicitado e-book
SEIDER, W.D., SEADER, J.D. E LEWIN, D.R. Product and Process Design Principles - Synthesis, Analysis and Evaluation, 3ª ed. EE.UU: John Wiley and Sons, 2010 (e anteriores). ISBN 978-0470-04895-5. SINATURA ETSE: A150 10 C
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
TURTON, R., BAILIE, R.C., WHITING, W.B. E SHAEIWITZ, J.A. Analysis, Synthesis and Design of Chemical Processes, 4ª ed. Upper Saddle, NJ, EE.UU: Prentice Hall, 2013 ( e anteriores). ISBN 978-0-13-261812-0. SINATURA ETSE: A151 9
PERRY, R.H. E GREEN, D.W. Perry's Chemical Engineers' Handbook, 7ª ed. EE.UU: McGraw Hill, 1998. ISBN 9780071422949. SINATURA ETSE: 100-3
SINNOTT, R. E TOWLER, G. Chemical Engineering Design, 2ª ed. Elsevier, Oxford, Reino Unido: 2009. ISBN 9780080966595. SINATURA ETSE: A140 11 , A140 16
SMITH, R. Chemical Process, Design and Integration, Wiley & Sons, New York (2010). ISBN
9780471486817. SINATURA ETSE: A151 13
STORCH DE GRACIA, J.Mª., GARCÍA MARTÍN, T., Seguridad industrial en plantas químicas y energéticas, ISE, Díaz de Santos, 2ªEd., 2008. SINATURA ETSE: A145 18, 151.3 9
Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante adquire
Competencias específicas
CQ.1.6. Coñecementos sobre valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
CQ.2.1. Capacidade para a análise e deseño de procesos e produtos.
CQ.2.2. Capacidade para a simulación e optimización de procesos e produtos.
CI.9 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
Competencias xerais
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dótelles de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñería química industrial.
CG.7. Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.4 Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT.5 Capacidade de xestión da información
CT.7 Toma de decisións
CT.13 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.16 Sensibilidade cara a temas ambientais
A materia consta de 4,5 créditos, destinados 28 h para impartir clases maxistrais, 9 h para seminarios e 1 h de titoría de grupo.
*Usarase a lección maxistral para desenvolver gran parte do temario. Antes de comezar cun tema, o profesor describirá de forma xenérica os contidos relacionándoos entre si e con temas anteriores co fin de que os alumnos aprecien a importancia deste. Ao finalizar o tema farase un pequeno balance do visto, incidindo nos aspectos que poidan presentar máis dificultades ao alumno.
*As clases de seminario estarán básicamente dedicadas á resolución de problemas e formulación de casos relacionados cos conceptos teóricos. Fomentarase o uso de ferramentas informáticas e follas de cálculo para a resolución de problemas.
*A titoría de grupo empregarase para a exposición e defensa do traballo en grupo realizado ao longo do cuadrimestre.
Empregarase o Campus Virtual (Moodle) como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ao longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia.
Tanto nas clases maxistrais como nos seminarios, tratarase de expor temas e cuestións reais para suscitar interese e aclarar conceptos. Exporanse diferentes actividades ao longo do desenvolvemento da materia que levarán asociadas a entrega a través do Campus Virtual de documentos escritos ou a realización de sesións orais (presenciais ou telemáticas), avaliables en ambos os casos.
Realizarase un traballo obrigatorio en grupo que consistirá na análise e deseño dun proceso industrial. O traballo presentarase e defenderá na titoría de grupo.
- Competencias asociadas á metodoloxía empregada:
Clases expositivas: CG.4, CQ.1.6, CQ.2.1, CI.9, CG.3, CG.7 e CQ.2.2.
Clases de seminario: CT.1, CT.5, CT.13, CG.7, CQ.2.2 e CT.4
Traballo e Titoría en grupo: CG.4, CG.7, CT.1 e CT.2
Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes mediante a realización de actividades, traballos ou resolución de problemas de forma individual e/ou por grupo. Así mesmo, os estudantes realizarán un exame con cuestións teóricas e resolución de problemas que permitirá individualizar a cualificación final.
Distribución da cualificación*
Exame Teorico-práctico: 65% da nota final
Entrega de tarefas: 15% da nota final
Traballo en grupo: 15% da nota final
Titorías/Informe do Profesor: 5% da nota final
*Requirirase un mínimo de 3 sobre 10 en cada unha das partes avaliables para superar a materia. Se se alcanzan os 5 puntos na nota final sen cumprir algún dos mínimos parciais, a nota final pasará a ser a daquel apartado no que non se teña alcanzado o devandito mínimo.
Avaliación de actividades e competencias
-Competencias desenvolvidas nas clases expositivas e de seminario e avaliadas mediante exame: CG.4, CQ.1.6, CQ.2.1, CI.9, CG.3, CG.7 e CQ.2.2.
-Competencias avaliadas mediante entrega do traballo en grupo: CG.7, CT.1, CT.4, CT.5 e CT.13
-Competencias avaliadas en Titoría de Grupo: CG.4, CG.7, CT.1, CT.2, CT.5, CT. 7, CT 13 e CT 17.
O sistema de avaliación será o mesmo para a primeira e segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificaciones.
Clases maxistrais: 28,0 horas presenciais; 34,0 horas traballo alumnos; 2,5 ECTS
Seminarios: 9,0 horas presenciais; 11,0 horas traballo alumnos; 0,8 ECTS
Tutorías grupo: 1,0 horas presenciais; 4,0 horas traballo alumnos; 0,2 ECTS
Tutorías individualizadas: 1,0 horas presenciais; 2,0 horas traballo alumnos; 0,1 ECTS
Exame e revisión: 5,0 horas presenciais; 17,5 horas traballo alumnos; 0,9 ECTS
Total: 44,0 horas presenciais; 68,5 horas traballo alumnos; 4,5 ECTS
A materia será impartida en castelán.
Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ó longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia.
Eva Rodil Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816796
- Correo electrónico
- eva.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A3 |
14.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Traballo |
14.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula Traballo |
14.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Traballo |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |