-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Economía Financeira e ContabilidadeÁreas:
Economía Financeira e ContabilidadeCentro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
1. Proporcionarlle ao alumnado os coñecementos e ferramentas básicas para que sexa capaz de entender, valorar e participar nas decisións de investimento e financiamento tanto da empresa como persoais. É dicir, posibilitar que o alumnado poida responder a cuestións como: ¿canto investir?, ¿en qué activos debería investir? e ¿como conseguilos fondos?, ¿como funciona o mercado de capitais?
2.Coñecer e comprender a idea da Contabilidade como sistema de información
3.Proporcionar os coñecementos necesarios para o uso da información contable como base para a planificación e o control
4. Familiarizar ao estudantado cos métodos adecuados (criterios de avaliación, aplicacións informáticas, material bibliográfico, etc.) para a toma de decisións financeiras.
5. Formar ao alumnado nos fundamentos das finanzas, ao nivel preciso para afrontar os contidos das materias relacionadas dos cursos superiores.Tema 1. Actividade económica e empresa
Tema 2. Fases e trámites na creación dunha empresa
Tema 3. Fundamentos de Contabilidade
Tema 4. O ciclo contable e as contas anuais
Tema 5. Interpretación e análise da información financeira
Tema 6. O control orzamentario. Liñas básicas de elaboración e uso dos orzamentos
Tema 7. Fundamentos de cálculo financeiro
Tema 8. Avaliación de investimentos e análise do risco
Tema 9. Fontes de financiamento na empresaBibliografía básica
O material facilitado no campus virtual considerase suficiente para o desenvolvemento da materia. Polo tanto a bibliografía que se facilita ten toda ao caracter de complementaria.
Bibliografía complementaria
(1) BREALEY, R.; MYERS, S. y MARCUS, A. (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas (5ª edición), McGraw Hill-Interamaricana de España. Capítulos 1 a 16.
(2) LARRÁN JORGE, M . (2009): "Fundamentos de contabilidad financiera. Teoría y práctica". Ediciones Piramide.
(3) FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, L. (coord); FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. y RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2007): La práctica de las finanzas de empresa, Delta Publicaciones, Madrid
(4)ARCHEL DOMENCH, P. LIZARRAGA DALLO, F E SÁNCHEZ ALEGRÍA,S (2008): Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Ed. Pirámide. 2º Ed.As competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante adquire nesta materia serán as seguintes:
Competencias específicas
CB.6.- Coñecemento adecuado do concepto de empresa. Organización e xestión de empresas. Capacidade para entender e analizar a información económico-financeira básica dunha empresa. Avaliación e financiamento de proxectos.
Competencias xerais
CG9.- Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
CG.11.- Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Competencias transversais.
CT.2 Capacidade de organizar e planificar
CT.4 Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT.5 Capacidade de xestión da información
CT.7 Toma de decisións
CT.9 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
CT.10 Habilidades nas relacións interpersoais
CT.11 Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.12 Adaptación a novas situacións
CT.18 Liderado
CT.20 Iniciativa e espírito emprendedorO noso propósito, en relación coas aulas expositivas é:
- Ofrecerlle ao alumnado, antes de iniciar cada tema, unha visión xeral dos seus contidos e dos obxectivos que hai que cubrir.
- Sinalar cales son os conceptos e coñecementos dos que se parte.
- Especificar a bibliografía básica para o seguimento da materia e outra bibliografía recomendada para o seu estudo.
- Propoñer actividades complementarias, por exemplo, a lectura de novas relacionadas co tema ou a visita a determinadas páxinas web, para que o alumno comprobe que os conceptos que se imparten teñen unha correspondencia absoluta coa realidade.
COMPETENCIAS: CB.6, CG.9 e CG.11.
En canto ás clases de carácter interactivo:
- Tratarán de integrarse no normal transcorrer das clases expositivas, para reforzar a aprendizaxe dos aspectos teóricos tratados e darlles contido.
COMPETENCIAS: CT.2, CT.7, CT.10 e CT.20.
Por último, as aulas de laboratorio impartiránse na aula de informática, tendo como obxetivo a implementación dos coñecementos adquiridos tantos nas aulas expositivas como interactivas
COMPETENCIAS:CT.4, CT.5, CT.7, CT.9, CT.10, CT.11, CT.12 e CT.18.
Ao longo dos temas do curso farase uso do Campus Virtual, Moodle e da folla de cálculo Excel.O sistema de avaliación en cada unha das oportunidades de exame (maio/xuño e xuño/xullo) é igual englobando dous elementos en cada unha de elas:
1. Exame final dos temas recollidos no programa da materia (9 Temas): 50% da cualificación final. O alumnado deberá acadar nesta proba un mínimo de 2 sobre 5 puntos.
Proba escrita composta dunha parte teórica e dun ou varios exercicios prácticos. A primeira parte pode constar de preguntas de resposta breve ou cuestiones tipo test. Esta última opción trata de abarcar un amplo abanico de conceptos impartidos na materia, mentres que coa primeira procurará, ademais de observar cal é o grao de coñecemento da materia por parte do alumno, fomentar a súa capacidade de trasladar as nocións adquiridas de forma ordenada e sintetizada ao papel. A segunda parte do exame, de carácter práctico, inclúe o desenvolvemento de moitos dos contidos que compoñen o temario, tratando de reflectir o grao de comprensión do alumno da materia.
2. Traballo realizado en grupo e outras actividades prácticas: 50% da cualificación final.
Outras actividades prácticas serán exercicios propostos de contido relacionado coa temática da materia, test, resolución de exercicios en excel, etc.
A cualificación final determinarase sumando a nota obtida no exame e a correspondente á avaliación continua, sempre que a primeira supere a nota mínima esixida. En caso contrario, a cualificación que se recollerá en actas será a obtida no exame.
Calquera estudante poderá presentarse ao exame final (punto 1) realizara ou non as actividades propostas na avaliación continua (punto 2). En caso de non realizar as anteriores tarefas a súa cualificación provén exclusivamente do exame final, polo que só poderá alcanzar unha nota máxima de 5.
Este sistema de avaliación que engloba as dúas partes (50% e 50%) será aplicado nas dúas oportunidades. A nota do traballo realizado en grupo e outras actividades prácticas será mantida da primeira oportunidade para a segunda.
O sistema de avaliación do alumnado será independente da súa condición de repetidor ou non.
DISPENSA ASISTENCIA A CLASE
De conformidade cos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e consonte a Instrución nº 1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias, o alumnado poderá solicitar durante a primeira semana de clases ou, posteriormente, de concorrer causas imprevistas e sobrevidas, a dispensa de asistencia a clase, mediante solicitude motivada e acreditada formulada ao Decano. Neste caso o alumnado será valorado no exame final sobre 10.
COMPETENCIAS:
Exame final: CB.6, CG.9, CG.11, CT.2, CT.7, CT.10 e CT.20
Traballo en grupo e individual: CT.4, CT.5, CT.7, CT.9, CT.10, CT.11, CT.12 e CT.18.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións.Horas presenciais na aula
Clases maxistrais 12,0 h
Seminarios 12,0 h
Aula informática 25,0 h
Tutorías grupo 2,0 h
Tutorías individualizadas 2,0 h
Exame e revisión 5,0 h
Total 58,0 horas de traballo presencial na aula
Horas traballo alumno
Clases maxistrais 14,0 h
Seminarios 20,0 h
Aula informática 25,0 h
Tutorías grupo 8,0 h
Tutorías individualizadas 3,0 h
Exame e revisión 22,0 h
Total 92,0 horas de traballo persoal do alumno- Asistencia ás clases expositivas e interactivas e a realización dos exercicios propostos nelas.
- Manexo da bibliografía recomendada na aula para a preparación dos temas. Isto facilita a obtención dunha visión global dos contidos.
- Levar ao día os contidos, debido ao carácter secuencial dos conceptos impartidos na materia.
- Familiarizarse coa folla de cálculo Excel de Windows.
- Habituarse ao manexo e á lectura da prensa financeira, dado que se tratará de acompañar os temas co debate na aula de casos reais relacionados cos distintos temas.Observacións
Os idiomas empregados na aula serán o galego (temas 1 ao 5) e castelán (temas 6 ao 9)
Recoméndase o uso del campus virtual xa que este será o eixo de todas as actividades a realizar na materia, así como de MS Teams si fose preciso.
-
David Rodeiro Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811585
- Correo electrónico
- david.rodeiro@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Luis Sieira Lopez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- joseluis.sieira@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Patricia Maña Fosado
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- patriciamana.fosado@usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Sugey De Jesus Lopez Perez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- sugeydejesus.lopez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Mércores 17:00-18:00 Grupo /CLIS_01 Castelán, Galego Aula A1 18:00-19:00 Grupo /CLIS_02 Galego, Castelán Aula A1 Xoves 16:00-17:00 Grupo /CLE_01 Galego, Castelán Aula A1 17:00-19:00 Grupo /CLIL_03 Galego, Castelán Aula A1 Exames 13.01.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIL_03 Aula Traballo 13.01.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIL_01 Aula Traballo 13.01.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIS_01 Aula Traballo 13.01.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIL_02 Aula Traballo 13.01.2025 09:15-14:00 Grupo /CLE_01 Aula Traballo 13.01.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIS_02 Aula Traballo 03.06.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIL_03 Aula A1 03.06.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIL_01 Aula A1 03.06.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIS_01 Aula A1 03.06.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIL_02 Aula A1 03.06.2025 09:15-14:00 Grupo /CLE_01 Aula A1 03.06.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIS_02 Aula A1 03.06.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIS_02 Aula A2 03.06.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIL_03 Aula A2 03.06.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIL_01 Aula A2 03.06.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIS_01 Aula A2 03.06.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIL_02 Aula A2 03.06.2025 09:15-14:00 Grupo /CLE_01 Aula A2 04.07.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIS_01 Aula A2 04.07.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIL_02 Aula A2 04.07.2025 09:15-14:00 Grupo /CLE_01 Aula A2 04.07.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIS_02 Aula A2 04.07.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIL_03 Aula A2 04.07.2025 09:15-14:00 Grupo /CLIL_01 Aula A2