Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 147 Horas de Titorías: 3 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
A materia “Aula Profesional” está encadrada no segundo semestre do 4º curso da titulación de Grado en Enxeñaría Química. Con esta actividade preténdese que o alumnado complemente a súa formación científica e técnica, que se abordou previamente noutras materias do título, cunha serie de prácticas en empresa cos que se persigue que o alumnado mellore a súa formación en certo número de competencias de tipo transversal, que lle faciliten a súa integración con éxito no mundo laboral, non só dende o punto de vista profesional senón tamén persoal.
A materia Aula Profesional non terá unha estrutura ríxida en canto a contidos ou ensinanzas, senón que o alumnado poderá elixir libremente dentro dunha serie de actividades nas que desexe mellorar a súa formación. Para isto, a Aula Profesional brindará dúas posibilidades: a) a realización de prácticas en empresas; b) a asistencia a cursos, seminarios e talleres da Aula Profesional. A ETSE ten asinados máis de 94 convenios con empresas: Abengoa, Alcoa, Endesa, Ferroatlántica, Nestle, Respol... para que o alumnado do Grao en Enxeñaría Química faga as prácticas nas súas instalacións.
Non existe unha bibliografía específica, terán que usar aquela documentación que lle facilite a empresa así como os fondos bibliográficos da biblioteca da universidade.
Xerais
• CG1. Capacidade para a redacción, firma e desenrolo de proxectos no ámbito da enxeñaría química industrial que teñan por obxeto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe o explotación de estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización
• CG4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas en el campo da enxeñaría.
• CG11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial
Transversais
• CT7. Toma de decisións
• CT9. Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
• CT10. Habilidades nas relacións interpersonais
• CT11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
• CT12. Razoamento críticos e compromiso ético
• CT13. Capacidade de aplicar os coñecementos nas prácticas
• CT14. Adaptación a novas situacións
• CT17. Creatividade
• CT18. Liderado
• CT19. Aprendizaxe autónomo
• CT20. Iniciativa e espírito emprendedor
A realización dos créditos de prácticas en empresas implicará que o alumnado realice prácticas nunha ou máis empresas, durante un máximo de 150 h a efectos de recoñecemento, dentro daquelas coas que se chegara a un convenio dende a ETSEa. Para a xestión do proceso de asignación e verificación dos acordos a ETSE ten nomeado un Coordinador de Prácticas en Empresa. Asemade, a cada alumno/a se lle asignará un titor académico entre o profesorado que fará un seguimento ó traballo realizado polo alumno/a e velará pola calidade da estadía realizada. Na empresa tamén terá un titor entre o seu persoal técnico.
O alumnado matriculado na actividade terá información non só das prazas ofertadas, senón tamén da súa planificación temporal, a través do panel de anuncios dedicado ás Prácticas en Empresa na web do Centro.
Para o alumnado matriculado na materia será obrigatoria a súa participación na actividade Foro de Empresas.
Na realización das prácticas o alumno desenvolverá diversas competencias xerais (CG4, CG11) e fundamentalmente transversais (CT7, CT9, CT10, CT11, CT12, CT13, CT14, CT17, CT18, CT19, CT20)
Asimesmo, durante a confección da memoria de actividades desenvolverá básicamente a competencia xeral CG1.
Os alumnos/as que realicen prácticas en empresas terán un titor da universidade que realizará un seguimento ó alumno/a e velará pola calidade do traballo efectuado ó longo das prácticas. Ó final da estadía realizará unha valoración tanto da memoria final que presente o alumno/a así como informe que emite a empresa onde se considerarán as competencias indicadas. O titor académico será o que asigne a calificación final.
O alumno ten que seguir o modelo de memoria disposto en: https://nubeusc.sharepoint.com/:b:/r/sites/centro-etse/Practicas/Grao%2…
A memoria de prácticas avaliarase segundo:
A avaliación das prácticas será realizada por do/a titor/a académico/a baseada na calidade da memoria presentada.
Dadas as particularidades das prácticas en empresa, a ponderación entre a memoria e o informe da empresa é ao criterio do/da titor/a académico/a.
A materia ten unha carga de traballo de 6 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total. Nas seguintes táboas indícase unha repartición aproximada destas horas de traballo:
Actividade Horas presenciais/Horas traballo alumno/ECTS
Clases maxistrais 0,0/0,0/0,0
Seminarios 2,0/133,0/5,4
Titorías individualizadas 2,0/13,0/0,6
Exame e revisión 0,0/0,0/0,0
TOTAL 4,0/146,0/6,0
A ETSE realizará un seminario de presentación da actividade aberta para todos os alumnos da titulación, onde se explicará os procedementos sobre ás prácticas en empresa.