Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Aplicar os balances macroscópicos de materia e enerxía a un proceso integrado. Expor as ecuacións diferenciais do balance microscópico de materia, enerxía e cantidade de movemento. Interpretar conxuntamente o transporte convectivo e difusivo. Utilizar ferramentas de cálculo e simulación no ámbito dos procesos químicos.
Obxectivos específicos
Interpretar un diagrama de fluxo de proceso para aplicar balances de materia e enerxía
Identificar as variables de proceso
Definir os coeficientes de transporte e resistencias ao transporte nun sistema de proceso químico
Formular e resolver problemas de condución de calor en estado estacionario
Formular e resolver problemas de difusión de materia en estado estacionario
Formular e resolver problemas de balance de cantidade de movemento en estado estacionario
Formular e resolver problemas de transporte convectivo e conductivo conxuntamente
Utilizar un simulador industrial de procesos químicos
Desenvolver cálculos de enxeñaría en folla de cálculo
Estudar e avaliar experimentalmente os mecanismos e propiedades de transporte
O proceso químico: aplicación dos balances de materia e enerxía a un proceso integrado. Integración de unidades no deseño de procesos industriais: uso dun simulador de proceso. Fundamentos de fenómenos de transporte: mecanismos e propiedades de transporte. Prácticas: mecanismos de transporte; propiedades de transporte segundo Memoria de Título).
UNIDADE DIDÁCTICA I
Contido
Aplicación os balances macroscópicos de materia e enerxía a un proceso integrado.
Actividades
Aula de informática.
Simulación de proceso mediante Hysys. Simulación das etapas de reacción, separación, bombeo, redución de presión, integración enerxética do reactor e recirculación.
Desenvolvemento de cálculos de enxeñaría en folla Excel.
UNIDADE DIDÁCTICA II
Contido
Leis de Fourier, Fick e Newton. Coeficientes de transporte.
Actividades
Laboratorio
UNIDADE DIDÁCTICA III
Contido
Transporte de interfase. Coeficientes de transferencia. Resistencias
Actividades
Laboratorio
Básica
VAN DEN AKKER, H., MUDDE, R.F. Transport Phenomena. Delft Academic Press, 2014, ISBN: 978-90-6562-3584
Complementaria
GEANKOPLIS, C.J. Transport phenomena and unit operations. Prentice Hall. ISBN: 0-13-045253-X.
Competencias específicas
CQ.1.1 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía (avalíase en tarefas e probas)
CQ.2.1. Capacidade para a análise e deseño de procesos e produtos (avalíase en tarefas e probas e aula de informática)
CQ.2.2. Capacidade para a simulación e optimización de procesos (avalíase en aula de informática)
Competencias xerais
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dótelles de versatilidade para adaptarse a novas situacións (avalíase en tarefas e probas e aula de informática)
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial (avalíase en laboratorio e aula de informática)
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese (avalíase en tarefas e probas e laboratorio)
CT.6. Resolución de problemas (avalíase en tarefas e probas, aula de informática e laboratorio)
CT.8. Traballo en equipo (avalíase en laboratorio)
CT.10. Habilidades nas relacións interpersoais (avalíase en laboratorio)
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica (avalíase en laboratorio e aula de informática)
CT.14. Adaptación a novas situacións (avalíase en laboratorio e aula de informática)
Materia sen docencia presencial
Avaliación mediante exame: 100 % da calificación en primeira e segunda oportunidade
-Cuestiós teóricas e prácticas: 50 %
-Exercicios:50 %
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 4,5 ECTS: 1 ECTS equivale a 25 horas totais de traballo polo que esta materia ten unha dedicación total de 112,5 horas de traballo.
A asistencia a clases expositivas e de seminario é moi recomendable. As sesións de aula de informática, laboratorio e titoría de grupo son de asistencia obrigatoria.
Avaliación continua significa desenvolvemente gradual no tempo: non é admisible a entrega traballada a última hora.
IDIOMA: galego/castelán
PRVENCIÓN DE RISCOS: seguiranse os procedementos establecidos pola Dirección da ETSE.
*A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible no apartado de seguridade da súa web.
Maria Isabel Vidal Tato
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816798
- Correo electrónico
- isabel.vidal.tato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Amaya Franco Uria
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816777
- Correo electrónico
- amaya.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberte Regueira Lopez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- alberte.regueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
20.01.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula Traballo |
19.05.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A1 |
03.07.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A3 |