Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 41 Clase Interactiva: 8 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer as operacións rexidas pola transferencia de materia e os seus equipos.
- Comprender e saber aplicar métodos de cálculo simplificado.
- Coñecemento de métodos de cálculo rigorosos.
- Saber deseñar equipos de separación por contacto continuo e intermitente entre fases.
- Saber resolver problemas de forma efectiva.
- Operacións de separación baseadas na transferencia de materia.
- Separación por contacto intermitente entre as fases. Sistemas binarios: Rectificación. Absorción. Extracción.
- Separación por contacto continuo entre as fases. Sistemas binarios: Rectificación. Absorción. Extracción.
- Sistemas multicompoñentes.
*Básica:
-WANKAT, P.C., "Separations in Chemical Engineering: Equilibrium Staged Separations", Prentice-Hall, Englewood Cliffs, NJ (1994-). ISBN: 0-13-500968-5. Signatura: QUT 180, QUT 181.
*Complementaria:
-COULSON, J.M. y RICHARDSON, J.F., "Coulson and Richardson’s Chemical Engineering", Vol. 2 – “Unit Operations”, Butterworth-Heinemann, Oxford (1996). ISBN: 0-7506-4445-1. Signatura: QUT 76.
-HENLEY, E.J. y SEADER, J.D., "Operaciones de separación por etapas de equilibrio en ingeniería química", 2ª ed., 1ª impr., Reverté (1998). ISBN: 84-291-7908-9. Signatura: QUT 64, QUT 65, QUT 66.
-MARCILLA GOMIS, A. y col., "Introducción a las operaciones de separación. Cálculo por etapas de equilibrio", Textos Docentes Universidad de Alicante, Alicante, 1998. ISBN: 84-7908-405-7. Signatura: QUT 280, QUT 281, QUT 282, QUT 283, QUT, 284, QUT 285, QUT 286, QUT 287.
-MARCILLA GOMIS, A. y col., "Introducción a las operaciones de separación. Contacto continuo", Textos Docentes Universidad de Alicante, Alicante, 1999. ISBN: 84-7908-440-5. Signatura: QUT 292, QUT 293, QUT 294, QUT 295, QUT 296, QUT 306, QUT 307, QUT 308, QUT 309.
-MARTÍNEZ DE LA CUESTA, P.J. y RUS MARTÍNEZ, E., "Operaciones de Separación en Ingeniería Química. Métodos de Cálculo", Pearson, Madrid (2004). ISBN: 9788420542508. Signatura: QUT 380, QUT 418.
-OCÓN GARCÍA, J. y TOJO BARREIRO, G., "Problemas de Ingeniería Química: Operaciones Básicas", 3ª ed., 3ª reimpr., Aguilar, Madrid, 1976. ISBN: -. Signatura: QUT 84.
-SINNOTT, R.K., "Chemical Engineering Design" (Serie Coulson-Richardson, Vol. 6), 2ª ed., Butterworth-Heinemann, Oxford (1997). ISBN: 0-7506-2558-9. Signatura: QUT 26.
-TREYBAL, R.E., "Operaciones de Transferencia de Masa", 2ª Ed., McGraw-Hill, México (1989). ISBN: 968-6046-34-8. Signatura: QUT 178.
*Básicas:
-CB1: Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
-CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se acostuman demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
-CG4: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
-CG10: Capacidade de traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
*Transversais:
-CT1: Capacidade de análise e síntese.
-CT2: Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
-CT3: Capacidade para xestionar a información.
-CT4: Capacidade para traballar en equipo
-CT10: Capacidade para a resolución de problemas
*Específicas:
-CE20: Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, Enxeñaría da reacción química, deseño de reactores, e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
-CE22: Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no eido da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluidos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores.
A consecución da formación básica do estudante farase mediante 41 h de clases maxistrais (actividade presencial de docencia expositiva), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán exercicios e problemas que axuden a comprender e aplicar os coñecementos teóricos. Buscarase a participación activa do estudante, que será incentivado a intervir continuamente.
Os seminarios (8 h), coa proposta de problemas e actividades a resolver, centraranse en desenvolver a capacidade para o deseño de equipos de separación por contacto continuo e intermitente entre as fases.
Realizaranse titorías en grupo (2 h) para traballar temas específicos con particular énfase na participación activa dos estudantes, organizados en grupos.
Empregaranse ferramentas informáticas como apoio á actividade docente, incluíndo a utilización do Campus Virtual da USC.
Programaranse visitas a plantas de proceso para observar in situ a aplicación dos coñecementos adquiridos. Estas prácticas de campo estarán suxeitas á dispoñibilidade de financiamento.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión das cualificacións”.
Seguimento da aprendizaxe coa proposta de casos prácticos e actividades a resolver, de maneira presencial ou non, individualmente ou en grupo. Ademais, realizarase un exame final. A cualificación final do estudante terá en conta tanto o resultado do exame como de todas as actividades desenvolvidas, e divídese nos seguintes apartados:
*Traballo desenvolvido nos seminarios e nas titorías de grupo: ata 3,5 puntos. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CT1, CT2, CT3, CT4, CT10, CE20 e CE22.
*Exame final: ata 6,5 puntos. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CT1, CT2, CT3, CT10, CE20 e CE22.
Os primeiro punto corresponderá á avaliación continua (35% da cualificación final). Nestas actividades valorarase a iniciativa persoal, a capacidade para traballar en equipo e para afrontar e resolver os problemas que poidan proporse, así como os resultados acadados e a súa análise crítica.
Soamente os estudantes que non teñan participado nin nos seminarios nin nas titorías de grupo nin no exame poderán obter a cualificación de Non Presentado.
Para superar a materia precisarase unha cualificación global mínima de 5,0 puntos, así como acadar polo menos o 40% da cualificación máxima posible no exame. No caso de que se cumpra o primeiro requisito pero non o segundo, a cualificación global asignada ó estudante será de 4,9 puntos.
Se o estudante non supera a materia na Primeira Oportunidade, gardaráselle a nota da avaliación continua para a segunda oportunidade, repetindo soamente o exame.
Non se gardarán cualificacións parciais entre convocatorias.
Clases expositivas: presenciais, 41 h; traballo autónomo do alumno, 41 h.
Clases interactivas (seminarios): presenciais, 8 h; traballo autónomo do alumno, 36 h.
Titorías de grupo: presenciais, 2 h; traballo autónomo do alumno, 2 h.
Exame e revisión: presenciais, 4; traballo autónomo do alumno, 16 h.
TOTAL: presenciais, 55 h; traballo autónomo do alumno, 95 h
Ter coñecementos de termodinámica aplicada á enxeñaría química, aplicación de balances de materia e enerxía e métodos de cálculo básicos para a resolución de problemas básicos. É recomendable ter cursado e superado as materias: Enxeñaría Química I, Termodinámica Aplicada e Enxeñaría Química II.
A materia será impartida nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
Jorge González Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824164
- Correo electrónico
- jorgegonzalez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
09.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |