Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 17 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Capacidade de análise sistemática de procesos químicos empregando modelos matemáticos.
- Capacidade para a avaliación, modelaxe e optimización de procesos químicos en estado estacionario dende á selección das variables de deseño.
*Teoría:
- Introdución á análise e simulación de procesos químicos.
- Simulación de procesos en estado estacionario.
- Estratexia modular para a simulación de procesos en estado estacionario.
- Introdución á optimización.
- Optimización de procesos químicos industriais.
*Prácticas:
- Simulación de equipos e procesos no estado estacionario.
- Optimización de equipos e procesos.
*Bibliografía básica
- PUIGJANER L. y col., "Estrategias de modelado, simulación y optimización de procesos químicos". Madrid., Ed. Síntesis, 2006. ISBN 9788497564045. Referencia QUT 388/…/390.
- SCENNA, N.J., “Modelado, simulación y optimización de procesos químicos”. 1999. Libro Electrónico http://www.edutecne.utn.edu.ar/modelado-proc-quim/modelado-proc-quim.pdf
*Bibliografía complementaria
- SINNOT R. y TOWLER G., “Diseño en Ingeniería Química”. Barcelona. Ed. Reverté, 2012. ISBN 9788429171990. Referencia QUT 398/…/401/410.
De todas as competencias incluidas na Memoria do título, as que se traballarán de xeito mais intenso nesta materia son:
*Básicas:
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posuan as competencias que adoitan mostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas na súa área de estudo.
- CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de xuntar e interpretar datos relevantes (normalmente na súa área de estudo) para emitir xuicios que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- CB5: Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
*Xerais:
- CG4: Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisions, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no eido da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
- CG5: Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritacións, estudos, informes, plans de labouras e outros traballos semellantes.
*Transversais:
- CT1: Capacidade de análese e síntesis.
- CT2: Habilidade para empregar ferramentes informáticas no eido da Enxeñaría Industrial.
- CT3: Capacidade para xestionar a información.
- CT4: Capacidade para traballar en equipo.
- CT5: Demostrar compromiso ético.
- CT10: Capacidade para a resolución de problemas (incluida en CG4).
- CT11: Capacidade para tomar decisións (icluida en CG4).
- CT14: Demostrar razoamento crítico (incluida en CG4).
*Específicas:
- CE21: Capacidade para o análise, deseño, simulación e optimización de procesos e produtos.
- CE23: Capacidade para deseñar, xestionar e operar procedementos de simulación, control e instrumentación de procesos químicos.
A consecución da formación básica do alumno será con 32 horas de docencia expositiva, nas que se explicarán os fundamentos teóricos da materia e faráse a resolución de exercicios e problemas que serven para aplicar o coñecemento teórico. Nelas buscarase a participación activa dos estudantes, que serán animados a intervir continuamente.
Os seminarios (2 horas), con plantexamento de problemas e actividades a resolver, ás veces individualmente e ás veces en grupos, centranse no desenvolvemento da capacidade para plantexar estratexias de simulación e optimización, xa sexa para operacións industriais individuais ou para procesos completos, e a súa posterior resolución.
As tutorías individuais serán realizadas para aclarar cuestións de cada alumno, mentras que nas titorías presenciais con grupos reducidos (2 horas) traballaranse temas específicos.
Na parte práctica da materia (15 horas), de asistencia obrigatoria, utilizaranse ferramentas informáticas, particularmente Hysys, que permitirán ao alumno deseñar e resolver estratexias de simulación e optimización máis complexas que na clase.
Ademais, os estudantes realizarán obrigatoriamente un traballo en grupo, consistentes en simular e optimizar un proceso químico industrial.
Ao longo do curso, os estudantes irán tendo á súa disposición no Campus Virtual todos os materiais empregados para a docencia, incluídos exercicios, agás os que forman parte do sistema de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Só os estudantes que non participen en ningunha das actividades de avaliación poderán recibir a nota final de Non Presentado, en na primeira oportunidade o sistema de avaliación será o mesmo para todos os estudantes.
A) PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación realizarase mediante Avaliación Continua (50%) máis un Exame Final (50%).
*A1) Avaliación continua, constará de tres seccións:
1º) Traballo en Grupo: obrigatorio e asíncrono, pódense obter ata 3,0 puntos. Competencias avaliadas: CB2, CG5, CT2, CT3, CT4, CT5, CE21 e CE23.
2º) Actividades na aula (seminarios): voluntarias e síncronas, pódense conseguir ata 0,5 puntos. Competencias avaliadas: CB3, CB4, CB5, CG4, CT1, CT3, CT5, CE21 e CE23.
3º) Prácticas: obrigatorias e síncronas, pódense conseguir ata 1,5 puntos. Competencias avaliadas: CB2, CG5, CT2, CT3, CT5, CE21 e CE23.
É obrigatorio acadar unha nota mínima de 0,6 puntos nas Prácticas, e, ademais, 1,4 puntos totais mediante o Traballo en Grupo e os Seminarios. Os estudantes que non acaden ditas calificacións mínimas recibirán unha calificación final de Supenso, e serán avaliados na Segunda Oportunidade tal e como se indica no apartado (B2).
*A2)Exame Final, obrigatorio e síncrono. Competencias avaliadas: CG4, CE21 e CE23. Farase en dúas partes coas seguintes características:
1ª) Parte Teórica: pódense conseguir ata 1,0 puntos; cualificación mínima requirida 0,4 puntos.
2ª) Parte Práctica: pódense conseguir ata 4,0 puntos; cualificación mínima requirida 1,6 puntos.
É obrigatorio acadar a cualificación mínima requirida en cada unha das partes para superar a materia e, ademais, unha calificación global de polo menos 5,0 puntos.
B) SEGUNDA OPORTUNIDADE:
*B1) Os estudantes que obtivesen a cualificación mínima requirida na Avaliación Continua conservarán esa cualificación e realizarán un Exame Final coas mesmas características que na primeira oportunidade de avaliación (A2).
*B2)Os estudantes que non alcanzaron a nota mínima requirida na Avaliación Continua perderán esa cualificación e deberán realizar un Exame Final, de natureza síncrona, que se realizará en dúas partes coas seguintes características:
1ª) Parte Teórica: pódense conseguir ata 2,0 puntos; nota mínima requirida 0,8 puntos.
2ª) Parte Práctica: pódense conseguir ata 8,0 puntos; nota mínima requirida 3,2 puntos.
Competencias avaliadas: CG4, CE21 e CE23. É obrigatorio acadar a cualificación mínima requirida en cada unha das partes para superar a materia e, ademais, acadar unha calificación global de polo menos 5,0 puntos.
En ningún caso poderá aprobarse a materia sen ter realizado as prácticas presencialmente.
A materia divídese en 32 horas de docencia expositiva, 17 horas de docencia interactiva, 2 horas de titorías en grupo e 4 horas de exame.
A partir das anteriores, o estudante deberá empregar un total de 95 horas de traballo persoal para completar o total de 150 horas de adicación á materia: 20 horas para a parte de teoría, 57 horas para a parte aplicada (traballo en grupo, problemas, seminarios e prácticas), 2 horas para titorías e 16 horas para a preparación do exame final.
É imprescindible ter coñecementos a nivel de usuario de Excel e do programa de simulación de procesos químicos Hysys.
Ademais, é moi importante ter cursado previamente as materias "Mecánica de fluídos", "Transferencia de materia", "Transmisión de calor", "Enxeñaría de reacción química", "Laboratorio de química industrial II" e "Procesos de química industrial".
Na materia usaránse as dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
Jorge González Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824164
- Correo electrónico
- jorgegonzalez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
14.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
24.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |