Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
· Capacidade de valorar a importancia dos procesos químicos no contexto industrial, económico, ambiental e social.
· Coñecemento dos principios da Química Sostible e desenvolver unha visión xeral dos avances históricos que deron lugar á evolución desta e de
outros descubrimentos asociados.
· Coñecemento das ferramentas e as áreas xerais de traballo da Química Sostible.
· Coñecemento e valorar axeitadamente os exemplos de Procesos Industriais onde se cumpren os principios da Química Sostible.
· Capacidade para organizar, dirixir e executar tarefas na industria química, dende a investigación ou análise no laboratorio ata a produción en instalacións industriais complexas, prestando especial atención á minimización de residuos, aforro enerxético e diminución de riscos.
· Capacidade de valorar a importancia dunha Química máis "verde" dentro dun contexto de desenvolvemento sostible.
· Coñecemento da utilización de tecnoloxías alternativas nos procesos químicos e coa minimización de impacto ambiental.
Teoría:
1.- Principios de Química Sostible.
2.- Control do impacto ambiental dos procesos e os produtos químicos.
3.- Medios de reacción alternativos.
4.- Sínteses limpas.
5.- Catálise heteroxénea, homoxénea e biocatálisis.
6.- Fontes renovables.
7.- Produtos verdes: deseño de produtos máis seguros e de produtos sostibles.
8.- Eficiencia enerxética e tecnoloxías emerxentes.
9.- Enxeñaría química e tecnoloxía limpa.
Prácticas:
1.- Comparación de procesos en diferentes medios de reacción.
2.- Preparación de biodiésel
3.- Técnicas de reacción convencionais e non convencionais
Bibliografía básica:
-Química Sostenible. R. Mestres. Editorial Síntesis. 2011. ISBN:9788497567862.
- Green Chemistry. An Introductory Text. M. Lancaster. RSC. 2002. ISBN:0854046208.
-Chemistry for Sustainable Technologies. A Foundation. N. Winterton. RSC Publishing. 2011. ISBN:9781847558138.
Bibliografía complementaria:
-Sustainable Industrial Design and Waste Management. S. El-Haggar. Elsevier Science & Technology Books 2007 ISBN: 0123736234
-Eficiency and Sustainability in the Energy and Chemical Industries: Scientific Principles
and Case Studies. 2ª Ed. K. Sankaranarayanan, H. J. van der Kooi, J. de Swaan Arons. CRC. 2010. ISBN:9781439814703.
-Biocatalysis for green chemistry and chemical process development. edited by
Junhua (Alex) Tao, Romas Kazlauskas. wiley 2011 ISBN 978-0-470-43778-0
COMPETENCIAS BÁSICAS:
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
COMPETENCIAS XERAIS:
CG7 - Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
-CT4: Capacidade para traballar en equipo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
-CEOP4 - Coñecemento básico dos principios da química sostible.
-CE4 - Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
As explicacións teóricas realizaranse no encerado co apoio de estereomodelos e medios audiovisuais.
Nas clases de seminarios e coa participación dos alumnos, resolveranse os problemas propostos. Así mesmo entregaranse boletíns de cuestións e exercicios para ser resoltos polo alumno e entregados ao profesor para a súa corrección. Ademais expoñeranse os traballos realizados polos alumnos.
As titorías en grupo serán utilizadas para aclarar cuestións puntuais e utilización das TIC.
As prácticas de laboratorio serán explicadas antes da realización destas, incluíndo os fundamentos teóricos e prácticos. Durante a realización das experiencias resolveranse de forma continuada as dúbidas que xurdan.
Parte dos contidos da materia complementaranse a través do Campus Virtual.
Para levar a cabo titorías individuais, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios alumnos como entre eles e o profesor, pódense facer a través do foro do Campus Virtual, a través de "Ms. Teams" ou por correo electrónico.
. A asistencia, a participación en clase, a resolución de cuestións e problemas propostos supoñerá un 10% da nota final.
. Un exame final, que supón un 80% da nota final.
. Nas prácticas de laboratorio será avaliado: o traballo do alumno no laboratorio, o caderno de laboratorio realizado durante a sesión de prácticas, e no exame final incluiranse cuestións para determinar o grao de comprensión alcanzado polo alumno. Iso supoñerá un 10% da nota final. A asistencia e a realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Actividade/Horas presenciais/Horas traballo alumno /Créditos ECTS
Clases maxistrais 35 /62 /3.88
Seminario 2 / 6/ 0.32
Prácticas Lab. 9 / 4.5/ 0.54
Traballos Indiv. 0/5/ 0.2
É recomendable, aínda que non imprescindible, ter cursado previamente as materias: Química Orgánica, Química Inorgánica, Cinética Química e Tecnoloxía Ambiental.
O idioma de impartición é o castelán, e será simultaneado co galego.
Julio Antonio Seijas Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 982824062
- Correo electrónico
- julioa.seijas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
30.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |