Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Familiarizarse coas menas, o seu tratamento, beneficio e cos procesos piro-, electro- e hidrometalúrxicos que conducen á obtención dos metais.
Coñecer os procesos industriais de obtención dos metais e aliaxes de maior consumo.
Tema 1. A extracción dos metais: xeralidades
Concepto de metalurxia extractiva. Evolución histórica. División da metalurxia extractiva: pirometalurxia e hidrometalurxia. Factores determinantes da elección dun proceso de extracción. Operacións de procesado para obter o elemento metálico.
Tema 2. Operacións de preparación de menas
Concepto de mena. Orixe e características das menas. Técnicas de caracterización das menas. Preparación de menas: redución de tamaño e concentración.
Tema 3. Electrometalurxia: Fundamentos e operacións
Tipos de condutores. Electrólitos. Condutancia iónica. Potenciais redox. Electrólise. Diagramas de Pourbaix.
Tema 4. Pirometalurxia
Tostación de sulfuros. Redución de óxidos. Sistema carbono-osíxeno. Diagramas de Ellingham. Outros axentes redutores. Escorias: estrutura e propiedades. Operacións de fusión. Electrólise ígnea. Metalotermia.
Tema 5. Hidrometalurxia: Fundamentos e operacións
Xeralidades e fundamentos. Lixiviación. Lixiviación bacteriana. Purificación e concentración. Precipitación e electrólise.
Tema 6. Refino de metais
Refino de metais por vía seca. Procesos metalúrxicos de refino. Refino electroquímico do cobre. Refino electroquímico do níquel.
Tema 7. Metalurxia do ferro e do aceiro: siderurxia
Concepto de siderurxia. Materias primas. Sinterización. Peletización. Produción de ferro por redución directa. Produción de ferro en alto forno. Aliaxes férreas. Aceiros. Tratamentos térmicos. Coada do aceiro. Formado de metais e aliaxes. Aplicacións do aceiro: Produtos.
Tema 8. Metalurxia do aluminio
Propiedades e menas do aluminio. Obtención da alumina. Obtención do aluminio. Afino do aluminio.
Tema 9. Metalurxia do cobre e do níquel
Propiedades e menas do cobre. Pirometalurxia do cobre. Refino do cobre blister. Hidrometalurxia do cobre. Refino electrolítico do cobre. Usos do cobre e dos seus compostos. Propiedades e menas do níquel. Metalurxia do níquel. Refino electrolítico do níquel. Usos do níquel e dos seus compostos.
Tema 10. Metalurxia de cinc e chumbo
Propiedades e menas do cinc. Procesos pirometalúrxicos da mena do zinc. Procesos hidrometalúrxicos da mena do zinc. Refino do zinc. Aplicacións do zinc. Propiedades e menas do chumbo. Procesos pirometalúrxicos do chumbo. Usos e aplicacións do chumbo.
Tema 11. Metalurxia da mena do platino
Mena do platino: composición e tipoloxía. Preparación do concentrado PGE. Refinería do concentrado PGE.
Tema 12. Metalurxia doutras menas de interese tecnolóxico
Prácticas de laboratorio:
-Lixiviación de tenorita e obtención de cobre por cementación
-Obtención de estaño a partir de casiterita
-Simulación con cobre da extracción do ouro
-Obtención de Fe por aluminotermia
-Recubremento electrolítico con metais
Básica
Ballester, L. F. Verdeja, J. Sancho, “Metalurgia extractiva vol. 1 e 2”, Ed.. Síntesis, S.A. Madrid, 2000.
C. K. Gupta, “Chemical Metallurgy. Principles and Practice”, Wiley-VCH. Weinheim, 2003.
Complementaria
-M. Tisza, “Physical Metallurgy for Engineers”, ASM International, London 2001.
- J. J. Moore, “Chemical Metallurgy”, 2nd Ed.,1997, en castellano: “Metalurgia química” Ed. Alhambra, S. A , 1987.
- T. Rosenqvist, " Principles of extractive metallurgy",1983; en castellano: "Fundamentos de metalurgia extractiva" ,1987.
- A. R. Burkin, "Chemical hydrometalurgy. Theory and Principles", 2001.
- F. R. Morral, E. Jimeno e P. Molera, “Metalurgia general”, 1982-85.
- C. Chaussin e G. Hilly, “Metalurgia” ,1972.
- F. Habashi, “Principles of extractive Metallurgy”, 2 vols. ,1980.
- R. A. Higgins, “Engineering Metallurgy. Applied Physical Metallurgy”, Sixth Edition. A Arnold. London, 1999.
- R. E. Smallman, R. J. Bishop, “Modern physical metallurgy and materials engineering” 6th Ed. Oxford, 1999.
Básicas
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Xerais
CG3 – Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG4: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
CG7 - Capacidade de analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas
CG10 - Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar.
Transversais
CT1: Capacidade de análise y síntese.
CT4: Capacidade para traballar en equipo.
CT6: Demostrar sensibilidade cara temas medioambientais.
Específicas
CEOP10 - Coñecemento dos procesos metalúrxicos, as súas materias primas e produtos obtidos.
O programa desenvolverase ao longo de 3 horas de clase semanais, que se repartirán entre as clases de teoría e seminarios.
Nas clases de docencia expositiva (35 horas) explicaranse os fundamentos teóricos da materia e resolveranse exercicios e problemas que sirvan para aplicar os coñecementos teóricos. Buscarase a participación activa do alumnado, que será incentivado a intervir continuamente.
Nas clases de seminario (4 horas), ademais de resolver dúbidas e cuestións, o alumnado que o desexe, poderá expor un tema. Coa súa elaboración perséguese afondar na materia obxecto de estudo, a través dun maior achegamento ás fontes bibliográficas.
Nas sesións prácticas (12 horas) tratarase de que o alumnado aplique os coñecementos teóricos á obtención dalgúns dos elementos metálicos estudados.
En todo momento usarase como apoio á docencia o Campus Virtual da USC.
A cualificación de cada alumno farase mediante avaliación continua (35%) e a realización dun exame final (65%). O exame final é unha proba complementaria á avaliación continua.
A avaliación continua comprenderá o seguimento do traballo persoal do alumnado que poderá abarcar controis escritos, traballos entregados e expostos, participación do estudante na aula, titorías u outros medios recollidos na programación da materia.
Competencias avaliadas na avaliación continua: CB3, CG3, CG4, CG7, CG10, CT6, CEOP10.
Competencias avaliadas no exame final: CB3, CG3, CG4, CT1, CEOP10
A asistencia ás clases de taboleiro en grupos reducidos (seminarios) e as prácticas de laboratorio considerarase obrigatoria con carácter xeral. Dado que as prácticas de laboratorio están integradas na materia, a avaliación das mesmas incluirase na porcentaxe da avaliación continua. Ademais, para aprobar a materia, o alumnado debe acadar a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Competencias avaliadas nas prácticas: CB3, CG10, CT4, CEOP10
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións”.
Horas presenciais teóricas: 35
Horas presenciais de seminarios: 4
Horas presenciais de prácticas: 12
Horas non presenciais: 95
Horas de avaliación: 1
Total volume de traballo: 150 horas.
Ter cursado e superado as asignaturas Química Inorgánica e Ciencia de Materiais. Apoiarse nos esquemas, gráficos e táboas que se facilitarán durante o desenvolvemento do programa docente. Aconséllase a asistencia a clase e o seguimento ao día das explicacións, empregando os libros de texto indicados na bibliografía.
O idioma vehicular do profesor en clase vai ser a lingua galega.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións”.
Juan Manuel Ortigueira Amor
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- juanm.ortigueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marcelino Maneiro Maneiro
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- marcelino.maneiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
22.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
25.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |