Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: Clase Interactiva: 49 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Desenvolver a habilidade para realizar experimentos, saber cuantificar as operacións con fluxo de fluídos, transmisión de calor e transferencia de masa, analizar os datos e interpretar a teoría que os explica.
- Aprender o manexo dos equipos, os métodos de traballo no laboratorio, e as precaucións a tomar desde a perspectiva da súa aplicación á industria.
Nesta materia realizaranse prácticas de laboratorio, tales como:
- Medidores de caudal
- Perdas de carga en conduccións e accesorios
- Perdas de presión a través dun leito poroso
- Ecuación de Bernouilli
- Determinación de las curvas características de bombas. Asociación de bombas centrífugas en serie e en paralelo
- Sedimentación
- Condución de calor en réxime non estacionario
- Intercambiadores de calor. Determinación da área de intercambio e/ou coeficiente global de transmisión de calor
- Evaporador de película ascendente. Concentración dunha disolución
- Curvas de solubilidade en sistemas líquido-líquido
- Destilación diferencial
- Rectificación discontinua
- Absorción gas-líquido
- Lixiviación
- Determinación da temperatura húmida do aire
- Secado de sólidos
A) Básica:
A correspondente coas materias de “Enxeñaría Química I e II”, “Mecánica de Fluidos”, “Transferencia de Materia” e “Transmisión de Calor”.
B) Complementaria:
Os guións elaborados para cada práctica indicarán a bibliografía específica para cada unha delas.
Básicas e Xerais:
CB2 - Que os estudantes podan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que poden demostrarse a través da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que incluan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os alumnos podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un públio tanto especializado coma non especializado.
CG4 - Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, pensamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na especialidade de Química Industrial.
CG5 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
Transvesais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 – Capacidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
CT3 - Capacidade para xestionar a información.
CT4 - Capacidade para traballar en equipo.
Específicas:
CE22* - Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación das propiedades termodinámicas e de transporte, e modelaxe de fenómenos e sistemas no campo da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transferencia de calor, operacións de transferencia de masa, cinética das reaccións químicas e reactores.
(*adquirida como un todo con outras materias da titulación)
Esta é unha materia práctica de laboratorio (49 horas), con actividade presencial de docencia interactiva e asistencia obrigatoria na que os estudantes, distribuídos en grupos, realizarán de 3 a 6 prácticas, de entre as indicadas nos contidos da materia, segundo a complexidade das mesmas.
O estudante traballará en equipo e disporá no Campus Virtual dos guións de prácticas antes de comezar a materia no laboratorio, esta información proporcionarase na titoría obrigatoria en grupo (2 horas) na que se analisarán e debatirán as dúbidas que se plantexen.
Durante a realización das prácticas o estudante deberá de dispoñer dun caderno de laboratorio no que anotar os datos obtidos e as observacións correspondentes a cada práctica. Usaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia (traballo con follas de cálculo) para o tratamento dos datos obtidos nas prácticas de laboratorio.Para o manexo de técnicas de cálculo necesitarase empregar Microsoft Excel que estará a disposición do estudantado na versión corporativa de Office 365 a través do dominio @rai.usc.es.
Unha vez finalizadas as prácticas de laboratorio e obtidos os datos experimentais, os estudantes realizarán, obrigatoriamente e pola súa conta, todos os cálculos necesarios para conseguir os resultados pretendidos, os analisarán e extraerán as conclusións pertinentes, que plasmarán nunha memoria de prácticas.
Coas titorías individuais preténdese que o estudante consulte e resolva as dúbidas que poda ter á hora de confeccionar a memoria de prácticas.
Ademais planificaranse Prácticas de campo, é dicir, programaranse visitas a plantas de proceso para observar in situ a aplicación dos coñecementos adquiridos. Estas prácticas de campo estarán suxeitas a dispoñibilidade de financiación e posibilidade de realización tanto por parte da empresa como da USC.
Como apoio ao desenvolvemento da docencia empregarase o Campus virtual da USC .
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Valoraranse positiva ou negativamente a actitude e aptitude individual do estudante, a súa capacidade para traballar en equipo, para debater co docente e para realizar o traballo experimental, así coma o caderno de laboratorio (35%). Avaliaranse as competencias: CB2, CB3, CB4, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CE22.
Tamén, valorarase a calidade do informe (memoria de prácticas) realizado por cada grupo de estudantes, na que deberán facer constar: obxectivo da práctica, fundamentos teóricos, metodoloxía, materiais e datos experimentais, tratamento de resultados, conclusións e bibliografía (30%). Avaliaranse as competencias: CB2, CB3, CB4, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CE22
Por último, haberá un exame teórico-práctico obrigatorio no que o estudante deberá responder a unha serie de cuestións e/ou exercicios sobre as prácticas que realizou (35%). Avaliaranse as competencias específicas (CE 22)
A asistencia é obrigatoria a todas as sesións presenciais. Unicamente os estudantes que non teñan realizada ningunha das actividades presenciais poderán obter a cualificación final de Non Presentado.
A Memoria de Prácticas e o Caderno de Laboratorio deberán ser entregados en datas próximas á finalización das prácticas.
Para superar a materia é imprescindible obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) en todos e cada un dos apartados avaliables.
No caso de non superar a materia na primeira oportunidade (mínimo 5), o estudante avaliarase na segunda oportunidade de, polo menos, aqueles apartados nos que non lograse a cualificación mínima esixida. As prácticas de laboratorio non se poderán repetir para a segunda oportunidade.
Debido ao carácter experimental desta materia, os estudantes repetidores deberán cursala de novo íntegramente.
Esta materia divídese en 49 horas de Prácticas de Laboratorio e 2 horas de Titorías en grupo, actividades todas elas de carácter presencial obrigatorio.
Estímase que o estudante deberá emplear un total de 95 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas dedicadas á materia, distribuídas na realización da memoria de prácticas e o tratamento dos datos experimentais así como na preparación do exame final.
Antes de comezar a realización das Prácticas de Laboratorio, os estudantes deberán coñecer os principios básicos nos que se fundamentan. Para elo, deberán analisar detalladamente os Guións de Prácticas postos a súa disposición e consultar a bibliografía neles mencionada.
O estudante deberá ter os coñecementos das materias de “Enxeñaría Química I e II”, “Mecánica de Fluidos”, “Transferencia de Materia” e “Transmisión de Calor”.
É necesario dominar a folla de cálculo Ms Excel ou similar.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma gallega: galego e castelán.
A admisión de alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumpran as Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible na páxina web da USC:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/desca…
Jose Manuel Martinez Ageitos
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- josemanuel.martinez.ageitos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
María José Vázquez Vila
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mariaj.vazquez.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
11:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
13.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
23.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |