Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 31 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
* Formación básica sobre automatismos e métodos de control.
* Aptitude para prantexar, deseñar y especificar correctamente estratexias sinxelas de control, e entender estratexias mais complexas propostas por especialistas.
* Competencia para diagnosticar e resolver problemas sinxelos do sistema de control dunha pranta en operación.
* Capacidade para participar na xestión de adquisición de instrumentación e sistemas de control para prantas de proceso (petición e avaliación de ofertas, discusión cos suministradores do sistema, etc.).
* Traballo individual e en grupo.
* Comunicación verbal e escrita.
Teóricos:
* Introducción ó control de procesos.
* Diagramas P&I e de bloques.
* Modelización e simulación dinámica.
* Controladores: PLC, PID.
* Sistemas de control e supervisión.
* Estabilidade e axuste de controladores.
Prácticos:
* Software libre Scilab (Xcos): Estudos acerca da dinámica de procesos e instrumentos, dinámica de circuitos de control aberto/pechado, efecto de parámetros de control e sintonía de controladores. DISPOÑIBLE PARA DESCARGA EN: http://www.scilab.org
* Ferramentas específicas (versión demo de Control Station): Simulación dinámica e axuste de controladores, control dos seguintes equipos: reactor químico, intertrocador de calor, reactores en serie, columna de destilación, etc.
Bibliografía básica:
* OLLERO DE CASTRO, P.; FERNÁNDEZ CAMACHO, E. "Instrumentación y control de plantas químicos"; Ed. Síntesis, Madrid, 2012. ISBN: 9788497563345. Signatura: QUT 432, QUT 433.
Bibliografía complementaria:
* COUGHANOWR, D. R. "Process Systems Analysis and Control"; McGraw-Hill, USA, 1991. ISBN: 0-07-013212-7. Signatura: QUT 195.
* LUYBEN, W. L. "Plantwide process control"; 2nd Edition, McGraw-Hill, USA, 1999. ISBN: 0-07-006779-1. Signatura: QUT 2.
* OGATA, K. "Ingeniería de Control Moderna"; Prentice Hall, México, 2003. ISBN: 9788420536781. Signatura: QUT 203.
* OLLERO DE CASTRO, P.; FERNÁNDEZ CAMACHO, E. "Control e instrumentación de procesos químicos"; Ed. Síntesis, Madrid, 1997. ISBN: 84-7738-517-3. Signatura: QUT 243, QUT 244, QUT 245, QUT 246, QUT 247, QUT 248.
* STEPHANOPOULOS, G. "Chemical Process Control: An Introduction to Theory and Practice"; Prentice Hall International, USA, 1984. ISBN: 0-13-128596-3. Signatura: QUT 132, QUT 133, QUT 134.
* Competencias básicas e xerais:
- CB1: Que os estudantes demostraran posuir e comprender os coñecementos dunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e polo xeral a un nivel que, aínda que se basea en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudio.
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que, en xeral, demóstranse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de natureza social, científica ou ética.
- CB4: Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- CB5: Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
- CG4: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
- CG5: Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritacións, estudos, informes, plans de traballo e outros traballos semellantes.
* Competencias transversais:
- CT1: Capacidade de análise y síntese.
- CT2: Habilidade para usar aplicacións informáticas no eido da Enxeñaría Industrial.
- CT3: Capacidade para xestionar a información.
- CT4: Capacidade para traballar en equipo.
- CT5: Demostrar compromiso ético.
- CT10: Capacidade para a resolución de problemas (incluida en CG4).
- CT11: Capacidade para tomar decisións (incluida en CG4).
- CT12: Capacidade para o aprendizaxe autónomo (incluida en CG4).
- CT13: Capacidade para transmitir coñecemento (incluida en CG4).
- CT14: Demostrar razoamento crítico (incluida en CG4).
* Competencias específicas:
- CE12: Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
- CE23: Capacidade para deseñar, xestionar e operar procedementos de simulación, control e instrumentación de procesos químicos.
A consecución dunha formación básica do alumno será mediante 31 horas de clases maxistrais (actividade presencial de docencia expositiva), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán exercicios e problemas que servan para aplicar os coñecementos teóricos. Buscarase a participación activa do alumno que será incentivado a intervir dun xeito continuo.
Os seminarios (3 horas) prantéxanse coma unha actividade presencial de docencia interactiva na que poderán abordarse aspectos moi diversos coma técnicas auxiliares de cálculo, debates sobre temas de interese relacionados cos contidos da asignatura, manexo de fontes bibliográficas, etc.
Realizaranse titorías individuais para clarexar problemas particulares de cada alumno e titorías en grupos reducidos (2 horas) para traballar temas específicos.
Ademais os estudantes realizarán, obrigatoriamente, un traballo en grupo consistente na búsqueda, elaboración de memoria e presentación da mesma sobre sensores de medida e/ou elementos finais de control.
Realizaranse 15 horas de prácticas de laboratorio (na aula de informática) coas que os alumnos aplicarán os coñecementos teóricos a casos prácticos utilizando simuladores de uso libre e gratuito (Scilab/Xcos e versión demo de Control Station). As prácticas realizaranse individualmente e serán obrigatorias. Ao final das mesmas entregarase unha memoria que será avaliada.
En todo momento usarase como apoio á docencia o Campus Virtual da USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión das cualificacións”.
A avaliación da materia é continua con exame. O seguemento da aprendizaxe efectúase mediante o prantexamento de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, dun xeito individual ou por grupos. Procederase, ademais, á realización dun exame final. A cualificación final do alumno terá en conta tanto o resultado do exame como o de todas as actividades realizadas en aula e laboratorio e o traballo en grupo. Así, o sistema de avaliación constará dos seguintes apartados:
1) Traballo en grupo: ata 1,4 puntos; cualificación mínima: 0,6 puntos.
* Valorarase a iniciativa persoal, a capacidade para traballar en equipo e para afrontar e resolver os problemas que podan plantexarse, así como os resultados acadados e a súa crítica.
* Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB4, CG5, CT3, CT4, CT5, CE12, CE23.
2) Seminarios e titorías en grupo: ata 0,6 puntos; cualificación mínima: 0,25 puntos.
* Valoraranse as intervencións do estudante e a resolución dos problemas e cuestións que se lle prantexen.
* Competencias avaliadas: CB3, CB4, CB5, CG4, CT1, CE12, CE23.
3) Prácticas de laboratorio: ata 1,5 puntos; cualificación mínima: 0,6 puntos.
* As prácticas de laboratorio realizaranse na aula de informática. Nelas os alumnos aplicarán os coñecementos teóricos a casos prácticos utilizando simuladores de uso libre e gratuito (Scilab/Xcos e versión demo de Control Station).
* Competencias avaliadas: CB1, CB2, CG4, CG5, CT2, CT3, CT4, CT5, CE12, CE23.
4) Exame final:
* Teoría: ata 2 puntos; cualificación mínima: 0,8 puntos.
* Exercicios e problemas: ata 4,5 puntos; cualificación mínima: 1,8 puntos.
* Competencias avaliadas: CE12, CE23.
O alumno que se presente ás partes avaliables da asignatura, e non se presente ó exame final, recibirá a cualificación de Suspenso. Para que nas cualificaciones figure Non presentado o alumno non poderá realizar nengunha das probas avaliables.
No caso de non superar a materia na Primeira Oportunidade, o estudante será avaliado na Segunda Oportunidade mediante un exame final de contidos teórico-prácticos de, alomenos, aqueles apartados nos que non acadase a cualificación mínima esixida.
Esta asignatura divídese en 31 horas de clases expositivas, 3 horas de seminarios, 2 horas de titoría en grupo, 15 horas de prácticas de laboratorio e 4 horas para a realización de exames (55 horas en total). Con todo elo estímase que o alumno deberá empregar un total de 95 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas adicadas á asignatura.
É importante que o alumno tente realizar os boletíns de problemas por si mesmo para posteriormente resolver as dúbidas e simultáneamente, o profesor, facer un seguemento continuado da evolución do alumno na asignatura.
É esencial o dominio dos balances de materia e enerxía, e de grande importancia o coñecemento das principais operacións básicas en Enxeñaría Química así coma o manexo de Transformadas de Laplace para a integración de ecuacións diferenciais lineais. O alumnos "ideal" para esta asignatura é o que xa cursara as asignaturas de: Enxeñaría Química I, Matemáticas III, Enxeñaría Química II, Transferencia de Materia e Enxeñaría da Reacción Química.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma.
Eugenio Fernandez Carrasco
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- eugenio.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
14.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 1 |
14.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 2 |
16.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 1 |
16.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 2 |