-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 2
Clase Expositiva: 30
Clase Interactiva: 19
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Enxeñaría QuímicaÁreas:
Enxeñaría QuímicaCentro
Facultade de CienciasConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
- Coñecer as leis e ecuacións de velocidade para o transporte de propiedade.
- Coñecer as operacións básicas, os modos de operación e os equipos máis comúns na industria química, especialmente para a separación de fases e compoñentes.
- Desenvolver a habilidade para realizar experimentos sobre propiedades termodinámicas e de transporte, analisar os datos obtidos e interpretar as teorías que os explican.A materia ten créditos teóricos e créditos de laboratorio, que teñen os seguintes contidos:
Teoría
- Introdución aos fenómenos de transporte.
- Sistemas e modos de operación das operacións básicas.
- Operacións controladas polo transporte de cantidade de movemento.
- Operacións controladas pola transmisión de calor.
- Operacións controladas pola transferencia de masa.
- Outras operacións básicas.
Laboratorio
- Lei de Hagen-Poiseuille.
- Determinación de viscosidades de líquidos.
- Convección de calor natural e forzada.
- Determinación de coeficientes de transferencia de masa (coeficiente volumétrico de transferencia de O2, KLa).
- Determinación de coeficientes de difusión.A) Básica:
- McCABE, W. L., SMITH, J. C. e HARRIOTT, P., 2007. Operaciones Unitarias en Ingeniería Química. 7ª ed. México: McGraw-Hill. ISBN 9789701061749. Referencia: QUT 396 e QUT 407
- CALLEJA PARDO, G. et al, 2016. Nueva introducción a la ingeniería química, v.1, v.2. Madrid. Síntesis. ISBN 9788490773963 (v.1); 9788490773970 (v.2). Referencia: QUT 427-1 e QUT 427-2; QUT 428-1 e QUT 428-2
B) Complementaria:
- AGUADO, J. et al, 1999. Ingeniería de la industria alimentaria, v.1, v.2 e v.3. Madrid: Síntesis. ISBN 84-7738-667-6 (v.1); 84-7738-938-1 (v.2); 84-7738-939-X (v.3). Referencia: ALT 55-1, ALT 55-2, ALT 55-3; ALT 56-1, ALT 56-2, ALT 56-3
- BIRD, R.B., STEWART, W.E. e LIGHTFOOT, E.N., 1993. Fenómenos de transporte: un estudio sistemático de los fundamentos del transporte de materia, energía y cantidad de movimiento. Barcelona: Reverté. ISBN 84-291-7050-2. Referencia: QUT 93 a QUT 96
- CALLEJA PARDO, G. et al, 1999. Introducción a la Ingeniería Química. Madrid. Síntesis. ISBN 978-84-773866-4-3. Referencia: QUT 412
- COSTA LÓPEZ, J. et al, 1999. Curso de Ingeniería Química: Introducción a los Procesos, las Operaciones Unitarias y los Fenómenos de Transporte. Barcelona: Reverté. ISBN 84-291-7126-6. Referencia: QUT 164, QUT 165 e QUT 221
- COSTA NOVELLA, E. et al, 1985-1986-1988. Ingeniería Química, v. 3, 4 e 5. Madrid: Alhambra. ISBN 84-205-1119-6 (v. 3); 84-205-1408-X (v. 4); 84-205-1704-6 (v. 5). Referencia: QUT 14-3, QUT 15-3 e QUT 22-3; QUT 14-4, QUT 15-4 e QUT 22-4; QUT 14-5, QUT 15-5 e QUT 22-5
- COULSON, J. M. et al, 1999-2002. Chemical Engineering, v. 1 e 2. 5ª e 6ª ed. Oxford: Butterworth-Heinemann. ISBN 0-7506-4444-3 (v. 1); 0-7506-4445-1 (v. 2). Referencia: QUT 76-1 e QUT 76-2.
- DIAZ, M. Ingeniería de Bioprocesos / Mario Díaz. 3a edición ampliada e revisada. Madrid: Paraninfo, 2021. Sinatura A160 12 B, A160 12 C.
- GODIA, F. et al. Ingeniería Bioquímica / Francesc Gòdia Casablancas y Josep López Santín (editores) ; Carles Casas Alvero, Juan M. Lema Rodicio, Enrique Roca Bordello... [et al.]. Madrid: Síntesis, 1998. Sinatura QUT 328, QUT 329.
- PERRY, R, CECIL H.C. Manual del Ingeniero Químico; traducido de la 5a ed. en iglés. 2a ed. México: McGraw-Hill, 1982. Sinatura: DEP 15679.
- WELTY, J.R., 1998. Fundamentos de Transferencia de Momento, Calor y Masa. 2ª ed. México: Limusa. ISBN 968-18-1306-5. Referencia: QUT 198 e QUT 199.
C) Recursos online:
http://www.rpaulsingh.com/learning/virtual/virtual.htmlBásicas e Xerais:
CB2 - Que os estudantes podan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que poden demostrarse a través da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4 - Que os alumnos podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CG4 - Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, pensamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na especialidade de Química Industrial.
CG10 - Capacidade de traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 – Capacidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
CT3 - Capacidade para xestionar a información.
CT4 - Capacidade para traballar en equipo.
Específicas:
CE20* - Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñería da reacción química, deseño de reactores, e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
CE22* - Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación das propiedades termodinámicas e de transporte, e modelaxe de fenómenos e sistemas no campo da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transferencia de calor, operacións de transferencia de masa, cinética das reaccións químicas e reactores.
(*adquiridas como un todo con outras materias da titulación)A consecución dunha formación básica do alumno baséase nas clases teóricas de tipo expositivo (30 horas) pero coa participación activa do alumno que será incentivado a intervir continuamente, especialmente centrados no coñecemento das diferentes operacións básicas da industria de procesos químicos e dos equipos de operación.
A realización dos seminarios (4 horas) e as actividades/traballos son obrigatorias; permiten a adquisición de competencias xerais e específicas.
Realizaranse titorías individuais para aclarar problemas particulares de cada alumno e titorías obrigatorias con grupos reducidos (2 horas) para traballar temas específicos.
Co programa de prácticas de laboratorio (15 horas) refórzase a habilidade de poñer os coñecementos teóricos na súa aplicación práctica e a elaboración de documentos científico-técnicos.
Usaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia e para resolución de problemas (presentacións multimedia e traballo con follas de cálculo).
Ademais usarase como apoio o Campus Virtual da USC.
Todas as actividades docentes serán presenciais, agás o traballo en grupo.Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Realizarase un seguimento da aprendizaxe co estudo de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Farase a lo menos un exame.
A nota final do alumno considerará tanto o resultado do exame (50%) como das actividades realizadas (seminarios, actividades/traballo e titorías: 30%; prácticas de laboratorio: 20%).
Nos seminarios, actividades/traballo e titorías avaliaranse as seguintes competencias:
Seminarios: CB2, CG4, CT3, CE 20, CE22.
Actividades/traballo e Titorías: CB2, CB4, CG4, CG10, CT1, CT2, CT3, CT4, CE20, CE22.
Nas prácticas de laboratorio terase en conta o traballo no laboratorio e presentarase un breve informe das prácticas realizadas, avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CG4, CG10, CT1, CT2, CT3, CT4, CE20, CE22.
No exame final da materia avaliaranse as competencias específicas CE20, CE22.
O estudante debe realizar obrigatoriamente e obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das partes avaliables (exame, seminarios, actividades/traballo, titorías e prácticas de laboratorio).
No caso de non superar a materia na primeira oportunidade (mínimo 5), o estudante avaliarase na segunda oportunidade de soamente o apartado exame (teoría e/ou problemas) manténdose as cualificacións da avaliación continua. As prácticas de laboratorio non se poderán repetir para a segunda oportunidade.
A non asistencia a algunha das horas presenciais obrigatorias (seminarios, titorías, actividades/traballo, prácticas de laboratorio e exame final) impedirá a superación da materia tanto na primeira oportunidade do semestre coma na segunda.
Unicamente os estudantes que non teñan realizado ningunha das actividades presenciais poderán obter a cualificación final de Non Presentado.É obrigatoria a asistencia e realización dos seminarios, titorías, actividades/traballo, prácticas de laboratorio e exame.
O alumno debe levar ao día a materia para poder entender e realizar posteriormente as cuestións e os problemas que se propoñan na clase.
Así, estímase que o estudante deberá empregar un total de 95 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas adicadas á materia (30 horas para a docencia expositiva, 15 horas para as prácticas, 32 horas para os seminarios, 2 horas para as titorías e 16 horas para o exame).O alumno deberá realizar pola súa conta os exercicios prácticos, tanto os resoltos na aula como os propostos como traballo persoal.
O alumno deberá ter os coñecementos de Matemáticas, Física, Química e Enxeñaría Química I impartidos anteriormente.
É necesario dominar a folla de cálculo Excel ou similares.As clases serán impartidas en castelán e/ou galego.
A admisión de alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumpran as Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible na páxina web da USC:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/desca…
-
Thelmo Alejandro Lu Chau
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824136
- Correo electrónico
- thelmo.lu@usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Mércores 12:00-13:00 Grupo /CLE_01 Castelán 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA Exames 14.05.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA 30.06.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA