Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer e comprender as diferentes formas de enerxías renovables empregadas nas actividades humanas, as técnicas usadas na súa transformación e os seus usos finais entendéndoas como un proceso de transición e premisa básica para o sostemento da sociedade tecnolóxica actual.
Integrar este coñecemento no complexo marco da descarbonización e o cambio climático.
Coñecer, comprender e saber aplicar aos seus aspectos económicos, sociais e ambientais iniciativas de xestión e eficiencia enerxética.
Con respecto á materia Enerxías renovables, o alumno demostrará:
- Ser capaz de recoñecer os coñecementos transversais adquiridos anteriormente noutras materias do grao e utilizalos á hora de analizar o funcionamento de máquinas térmicas, estudos de conversión, transporte e almacenamento de enerxía, e o uso #desenvolver de unidades e escalas de uso enerxético habitual.
- Ter destreza en determinadas técnicas de cálculo e algoritmos de resolución de problemas nun ámbito tan diverso como o das enerxías renovables.
- Ser capaz de elaborar e defender un traballo no ámbito das enerxías no complexo marco da sustentabilidade e o cambio climático.
- Saber aplicar os coñecementos adquiridos para facer fronte ás necesidades enerxéticas de calquera sector produtivo en función das circunstancias de orde técnica, económico, social e ambiental que interveñen.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Introdución. Enerxía e sociedade: a dúbida enerxética na sociedade tecnolóxica actual, sustentabilidade. Introdución á tecnoloxía enerxética.
TEMA 2. Bases en enerxética. Unidades e escalas de uso enerxético. Tipos de enerxía e máquinas térmicas.
TEMA 3. Fundamentos de conversión, transferencia e almacenamento de enerxía. Supercondensadores. Pilas electroquímicas. Pilas de combustible. A tecnoloxía do hidróxeno.
TEMA 4. Fuentes de enerxía. Enerxía solar (fotovoltaica e térmica), combustibles fósiles, biomasa, eólica (onshore e offshore), enerxía hidráulica, enerxías oceánicas (mareomotriz, maremotérmica e forza das ondas), enerxía geotérmica e enerxía nuclear (fusión, fisión, reactores e seguridade).
Tema 5. Xestión da enerxía eléctrica na industria: unha breve visión do sistema eléctrico e do mercado nacional.As novas renovables: o Pacto Verde Europeo.
TEMA 6. A enerxía e o medioambiente. Procesos de descarbonización e Problemas asociados á produción da enerxía. Cambio climático.
CONTIDOS PRÁCTICOS
En función dos recursos económicos ter a posibilidade de realizar visitas técnicas a instalacións e/o desenvolver un proxecto integral de mellora enerxética de instalacións de uso variado (residencial, institucional ou industrial).
Bibliografia básica:
R L. Jaffe, W. Taylor The Physics of Energy. Cambridge University Press 2018
Colmenar Santos, J. A. Carta González, R. Calero Pérez, M. A. Castro Gil, E. Collado Fernández, Centrales de energías renovables: generación eléctrica con energías renovables, PEARSON EDUCACIÓN S.A., 2013
M. Stutzmann, C. Csoklich, The Physics of Renewable Energy, Springer 2022
Vicente Bermúdez. Tecnología energética. UNIVERSITAT POLITECNICA DE VALENCIA SERV. PUBL. 2000
Antonio Madrid. Energías Renovables: Fundamentos, Tecnología y Aplicaciones. AMV Ediciones 2009
Jaime González Velasco. Energías Renovables. Editorial Reverté 2009
J.M. Escudero López. Manual de Energía Eólica. Ediciones Mundi-Prensa 2008
Fernández Salgado, J.M., Gallardo Rodríguez, V. Energía solar térmica en la edificación. AMV Ediciones 2004
Bibliografía complementaria:
Vieira da Rosa, J. C Ordoñez Fundamentals of Renewable Energy Processes, Academic Press, 2022
E. A. Moore, Explaining Renewable Energy, CRC Press, 2023
M. Villarubia Lopez, Ingeniería de la Energía Eólica, Ed. Marcombo 2012
Jaime González Velasco Energías renovables. Editorial Reverté. 2009. Barcelona.
David A. Coley. Energy and Climate Change. John Wiley & Sons, Ltd. 2008. England.
BÁSICAS E XERAIS
CX3 - Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CX5 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT4 - Capacidade para traballar en equipo
CT5 - Demostrar compromiso ético
CT8 - Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación
CT15 - Capacidade para a comunicación oral e escrita
ESPECÍFICA
CEOP11 - Coñecementos e capacidades que permitan comprender, analizar, explotar e xestionar as distintas fontes de enerxía renovables
Nas clases de teoría (24 horas) explícanse os conceptos teóricos establecidos no programa da materia, tratando de seguir unha metodoloxía que facilite a adquisición dos coñecementos por parte dos alumnos.
Buscarase a participación activa do alumnado.
Nas clases de seminario (12 horas) analizaranse e discutirán cuestións e problemas relacionados coa materia explicada nas clases teóricas, que poderán ser realizados individualmente ou en grupo.
Realizaranse titorías individuais para aclarar problemas e cuestións de cada alumno, así como titorías nas aulas en grupos reducidos (3 horas) onde se fará un seguimento da comprensión e dificultades que tiveron os alumnos sobre os diferentes coñecementos adquiridos, procurando resolver todas as dúbidas e problemas que lles xurdiran. Tamén se propoñerán tarefas de reflexión e aplicación a sectores industriais da vida real.
Nas prácticas (12 horas), de asistencia obrigatoria, trataranse de organizar en función das dispoñibilidades orzamentarias visitas técnicas a instalacións emblemáticas da cidade de Lugo e/o se desenvolverán proxectos ou revisións para mellorar o estado enerxético de instalacións de uso diverso.
Utilizarase o campus virtual para a subida de contidos diversos e das propostas de traballos a realizar polo alumno.
A avaliación da materia será continua e compoñerase dunha combinación de elementos, indicando a ponderación de cada un sobre a cualificación final (1er paréntese) e as competencias avaliadas (2º paréntese):
- Proba escrita tipo test de adquisición de coñecementos (25%) (CB2, CG3, CG5, CT1, CT15, CEOP11).
- Prácticas (25%) (CB2, CG3, CG5, CT1, CT4, CT5, CT8, CT15, CEOP11). Avalíase o informe de prácticas que debe realizar e defender oralmente cada grupo E considérase a asistencia como obrigatoria ao 100 % das horas e será requisito para superar este apartado.
- Participación en clase e actividades realizadas na aula (10%) (CB2, CG3, CG5, CT1, CT4, CT15, CEOP11).
- Realización dun traballo final, que será exposto oralmente na aula (40%) (CB2, CG3, CG5, CT1, CT5, CT8, CT15, CEOP11). O traballo poderá ser individual ou en grupos de dúas persoas en función do contido do mesmo.
Para superar a materia requírese que a suma das puntuacións alcanzadas nos catro elementos anteriores sexa maior ou igual que 5.
De non cumprir calquera dos requisitos anteriores o estudante poderá presentarse a un exame (valoración 100 %) en primeira convocatoria e de non superalo poderá presentarse a outro exame en segunda convocatoria. A cualificación obtida nestes exames será a que o estudante obteña como nota definitiva no proceso de avaliación da aprendizaxe.
Obterán a cualificación de non presentado os estudantes que non se presentaron ao exame nin se someteron á avaliación de ningunha outra actividade obrigatoria.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos etc.)/ etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ao recolleito no “Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”: "Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas. A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de reprobado na convocatoria correspondente, independentemente do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considérase fraudulento, entre outras cousas, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citacións aos autores e as fontes.”
Horas presenciais: 51
Clases expositivas: 24
Interactivas seminario: 12
Interactivas Laboratorio: 12
Titorías: 3
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Total HORAS: 150
Para o seguimento e compresión dos contidos da materia, o alumnado deberá empregar 48 horas para a docencia expositiva, 28 horas para a realización dos traballos propostos (boletíns, campus virtual e memoria de prácticas), 3 horas para as titorías en grupo. Para a preparación de exame serán necesarias 16 horas e 4 horas para a súa realización.
Recoméndase asistir ás clases e intervir activamente nelas.
Asistir ás titorías para resolver dúbidas especialmente as asociadas ás diversas actividades propostas polos profesores.
Traballar en grupo desde o primeiro día en todos e cada un dos puntos (estudo teórico, resolución problemas e cuestións, actividades etc.)/ etc.).
Utilizar a bibliografía proposta polos profesores.
A materia impartirase en castelán e galego.
Así mesmo, sería recomendable un coñecemento básico de inglés.
Tamén sería recomendable un coñecemento a nivel de usuario en informática para familiarizarse coas novas tecnoloxías á hora de dar calidade ás exposicións orais públicas, programas de tratamento de datos para analizar os datos obtidos no traballo de laboratorio, e navegación por Internet para ter o acceso máis directo e rápido á maior información posible.
Jose Antonio Rodriguez Añon
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- ja.rodriguez.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Proupin Castiñeiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- xurxo.proupin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
29.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |