Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Entender e traballar coas magnitudes (tensión e intensidade) dos sistemas trifásicos equilibrados e desequilibrados.
- Saber deseñar redes de distribución de enerxía eléctrica para abastecer receptores monofásicos ou trifásicos.
- Saber deseñar un sistema de alumado.
- Saber seleccionar tanto o tipo como as características das máquinas eléctricas necesarias para calquera utilización.
- Saber elixir os aparatos de protección necesarios para protexer as instalacións eléctricas.
- Comprender e interpretar esquemas de automatización básicos.
As memorias do título contemplan para esta materia os seguintes contidos:
Teoría:
- Circuítos eléctricos: Corrente alterna senoidal. Sistemas monofásicos.
- Sistemas trifásicos. Potencia e enerxía.
- Liñas eléctricas: Cálculo eléctrico de liñas e redes de distribución.
- Enxeñaría de iluminación. Lámpadas e luminarias. Instalacións de iluminación.
- Máquinas eléctricas. Transformadores. Máquinas rotativas.
- Instalacións eléctricas: protección, seguridade.
- Automatización e electrónica.
- Normativa e normativa de obrigado cumprimento.
Prácticas:
- Medidas en corrente alterna monofásica.
- Medidas en corrente alterna trifásica.
- Transformadores monofásicos
Temario detallado
CLASES EXPOSITIVAS E SEMINARIOS
Tema 1. Correntes alternas.
1.1. Concepto xeral das formas de onda.
1.2. Xeración e valores asociados ás formas de ondas senoidais. Lei de Faraday-Lenz.
1.3. Representación complexa dunha magnitude senoidal.
1.4. Expresión simbólica da Lei de Ohm.
Tema 2. Circuítos simples con excitación senoidal. Métodos de cálculo.
2.1. Resolución de circuítos formados por elementos pasivos simples.
2.2. Circuíto resistivo puro.
2.3. Circuíto capacitivo puro.
2.4. Circuíto indutivo puro.
2.5. Impedancia e admitancia complexa.
2.6. Análise de circuítos en serie e en paralelo.
Tema 3. Potencia e enerxía no réxime estacionario senoidal.
3.1. Potencia e enerxía.
3.2. Potencia e enerxía nos elementos pasivos básicos.
3.3. Potencia instantánea, media e flutuante nun dipolo pasivo.
3.4. Potencias aparente e reactiva.
3.5. Potencia complexa. Teorema de Boucherot.
3.6. Factor de potencia (f.d.p.).
3.7. Corrección do factor de potencia. Baterías de condensadores.
Tema 4. Sistemas trifásicos.
4.1. Definicións.
4.2. Sistemas polifásicos empregados na práctica.
4.3. Xeración de tensións trifásicas.
4.4. Conexión de fontes en estrela equilibrada.
4.5. Conexión de cargas en estrela equilibrada.
4.6. Conexión de cargas en estrela desequilibrada: desprazamento do neutro.
4.7. Conexión de receptores monofásicos e trifásicos a un sistema trifásico de 4 fíos.
4.8. Conexión de cargas en triángulo.
4.9. Equivalencia estrela triángulo en sistemas equilibrados.
Tema 5. Potencia en sistemas trifásicos.
5.1. Potencia en cargas equilibradas conectadas en estrela.
5.2. Potencia en cargas equilibradas conectadas en triángulo.
5.3. Corrección do factor de potencia.
Tema 6. Máquinas eléctricas
6.1. Tipoloxías de máquinas eléctricas e fundamentos de funcionamento.
6.2. Transformadores
6.3. Máquinas rotativas
Tema 7. Automatización básica
7.1. Introdución á automatización
7.2. Principios de lóxica binaria
7.3. Esquemas básicos de automatización. Lóxica cableada e programada
Tema 8. Cálculo de liñas eléctricas.
8.1. Tipos, materiais e parámetros das liñas eléctricas.
8.2. Caída de tensión.
8.3. Intensidade máxima admisible por unha liña.
8.4. Especificacións regulamentarias.
8.5. Redes de distribución.
Tema 9. Protección das instalacións eléctricas
9.1. Tipos de proteccións.
9.2. Proteccións contra sobrecargas.
9.2. Proteccións contra contactos directos.
9.3. Proteccións contra contactos indirectos.
Tema 10. Luminotecnia.
10.1. Principios fundamentais da luminotecnia.
10.2. A produción da luz. Tipos de lámpadas.
10.3. Cálculo de instalacións de iluminación.
A docencia interactiva traballará con problemas e casos prácticos derivados dos contidos teóricos.
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos estrutúranse en 4 prácticas de 3 horas de duración no laboratorio de electrotecnia ou na aula de informática.
1. Recoñecemento de material de protección e mando e realización de esquemas de arranque de motor asíncrono trifásico.
2. Inversión de xiro co emprego de contactos e controladores lóxicos programables.
3. Deseño de instalacións eléctricas empregando programas informáticos.
4. Deseño de instalacións de iluminación empregando programas informáticos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
1. Fraile Mora, J. Electromagnetismo y Circuitos Eléctricos. Colegio de Ingenieros de Caminos Canales y Puertos. McGraw-Hill/Interamericana de España. 2005.
2. Fernández, M. D., González, M.A., Rodríguez, M.R. Fundamentos de Electrotecnia. Unicopia Campus de Lugo, S.L. 2004.
3. Fraile Mora, J. Introducción a las Instalaciones Eléctricas. Colegio de Ingenieros de Caminos Canales y Puertos. Colección Escuelas. Madrid. 1993.
4. Alexander, C. K., & N.O. Sadiku, M. (2000). Fundamentals of Electric Circuits. McGraw-Hill Education. 2017.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1. RBT. Reglamento Electrotécnico para Baixa Tensión e Instruccións Técnicas Complementarias. Guía Técnica de aplicación.
2. Torres, José Luis., “Sistemas de instalación en baja tensión”, AENOR ediciones. Madrid, 2006. 250 pax.
3. Moreno, N., Cano, R., García Trasancos J. Instalaciones Eléctricas de Baja Tensión, Thomson. Madrid, 2004.
4. Conejo, A.J. e outros. Instalaciones Eléctricas. Mc Graw Hill. 2007.
5. Roger Folch , J. e outros. Tecnología Eléctrica. Ed. Síntesis. 2000.
6. Torres, J. L. Sistemas de Instalación en Baja Tensión. AENOR Ediciones. Madrid, 2006.
7. Makarov, S. N., Ludwig, R., & Bitar, S. J. Practical electrical engineering. Springer International Publishing. 2019.
Competencias básicas:
-CB4: Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
-CB5: Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
-CG1: Capacidade para a redacción, firma e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 da orde, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización.
-CG5: Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudios, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
-CG6: Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
-CG11: Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Competencias transversais
-CT1: Capacidade de análise e de síntese.
-CT2: Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
-CT4: Capacidade para traballar en equipo.
Competencias específicas
-CE10: Coñecemento e utilización dos principios da teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
-CE11: Coñecementos dos fundamentos da electrónica.
Competencias transversais
-CT1: Capacidade de análise e de síntese.
-CT2: Habilidade para usar aplicacions informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
-CT4: Capacidade para traballar en equipo.
Competencias específicas
-CE10: Coñecimiento e utilización dos principios da teoría de circuitos e máquinas eléctricas.
-CE11: Coñecimientos dos fundamentos da electrónica.
Materia semestral, coa seguinte distribución horaria e metodoloxía en cada caso:
- 33 horas expositivas distribuídas a razón de tres ou catro horas por semana e impartidas como clase maxistral con apoio de lousa e canón de vídeo.
- 4 horas de seminarios interactivos para a resolución de exercicios e problemas
- 2 horas de titorías en pequenos grupos onde se primará o traballo e a participación individual.
- 12 horas prácticas realizadas na aula de informática e no laboratorio de electrotecnia, onde a metodoloxía será a seguinte: breve explicación do traballo para desenvolver e realización da práctica por parte do alumnado.
- Apoio á docencia mediante campus virtual, posibilidade de realización de test de teoría, proposta de exercicios e traballos nos que se verificará a correcta aprendizaxe da materia e que axudarán a preparar a parte de teoría do exame final; ademais dos diferentes contidos como temario, presentacións, horarios prácticas,... dispón de mensaxería onde se poderán facer consultas de dúbidas que complementarán as titorías presenciais.
Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos/as estudantes, con avaliación continua, que incluirá a realización traballo/s de curso e o aproveitamento das prácticas que contempla asistencia e entrega da memoria de prácticas. Ademais, faranse exames parciais ao longo do curso e un exame final coa totalidade da materia. O peso de cada apartado será o que figura na seguinte táboa:
Sistema de avaliación Competencias Peso na cualificación
Probas orais e/ou escritas: CB4, CB5, CG1, CG5, CG6, CG11, CT1, CE10, CE11 70%
Traballos entregados e/ou expostos: CB4, CB5, CG1, CG5, CG6, CG11, CT1, CE10, CE11 15%
Aproveitamento das prácticas: CB4, CB5, CT2, CT1, CT4, CE10, CE11 15%
A porcentaxe dedicada a exames (70%) pódese obter ben no exame final ou ben nas distintas probas parciais, as cales liberarán materia. Os traballos e outras actividades desenvolvidas nas clases e a memoria de prácticas deberán ser entregadas nos prazos establecidos, que serán como máximo a data do exame de primeiro período de avaliación. Os/As estudantes que xa cursaran a materia e que superaran as prácticas en cursos anteriores non terán que repetilas conservando a cualificación anteriormente obtida.
Para superar a materia é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos:
• obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 no apartado de exames.
• a nota global obtida como ponderación segundo a táboa dos exames, traballos e prácticas deberá ser como mínimo de 5 puntos sobre 10.
En caso de que o/a estudante non superara a materia no primeiro período de avaliación, deberase presentar ao exame final no segundo período de avaliación examinándose da totalidade da materia, xa que non se conservarán as cualificacións parciais. As cualificacións do resto de apartados non se modificarán. A cualificación de non presentado estará reservada para aquel alumnado que non posúan cualificación algunha nos distintos apartados da avaliación.
Os/As alumnos/as que teñan concedida a dispensa de asistencia segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, poderán facer entrega de todas as actividades que se leven a cabo ao longo do curso, xa que estarán á súa disposición no Campus Virtual, polo que a súa avaliación será nas mesmas condicións cos/as demais alumnos/as.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Presencial:
- Asistencia a clases expositivas e seminarios: 37 horas
- Realización da práctica en grupo, seguindo as indicacións do profesor e atendendo ás medidas de seguridade: 12 horas
- Sesións de titorías en pequenos grupos : 2 horas
Non presencial:
- Estudo dos contidos teóricos e traballo persoal para coñecer, comprender e sintetizar os coñecementos impartidos na materia: 45 horas
- Aplicación dos coñecementos teóricos a exercicios prácticos e resolución de exercicios prácticos: 33 horas
- Asociación de contidos teóricos ás prácticas realizadas mediante a resolución de cuestións propostas: 15 horas
Avaliación:
- Realización de exames: 2 horas
- Asistencia e participación nas clases, seminarios e prácticas.
- Dedicación regular ao estudo teórico e realización de exercicios e cuestións propostas.
- Uso das titorías e campus virtual para a consulta das dúbidas que xurdan do estudo da materia cando se requira.
O idioma empregado será o galego.
A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as "normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela. Dita información atópase dispoñible na páxina web (http://www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).
O alumnado matriculado na materia contará con atención presencial continuada no horario de titorías nos despachos números 12 e 14 do pavillón 2, planta 2ª superior. Ademais prestarase atención a través do Campus Virtual, MSTeams e do correo electrónico dos profesores: manuelramiro.rodriguez [at] usc.es (manuelramiro[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
mdolores.fernandez [at] usc.es (mdolores[dot]fernandez[at]usc[dot]es)
Manuel Ramiro Rodriguez Rodriguez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- manuelramiro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Dolores Fernández Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- mdolores.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
19.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
02.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |