-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 2
Clase Expositiva: 28
Clase Interactiva: 21
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Química FísicaÁreas:
Química FísicaCentro
Facultade de CienciasConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
- Coñecer os fundamentos da cinética química: velocidade e orde de reacción, mecanismos de reacción, enerxía de activación, …
- Saber analizar a cinética de reaccións en fase gas tanto a volume constante como a presión constante.
- Saber analizar reaccións en equilibrio, paralelas, en cadea, etc.
- Coñecer como obter a ecuación cinética de reaccións químicas homoxéneas e heteroxéneas.
- Coñecer os fundamentos da catálise e os seus tipos.
- Comprender os fundamentos da cinética electroquímica.
- Desenvolver a habilidade necesaria para resolver distintos problemas cinéticos relacionados coa Enxeñaría Química
- Que os estudantes adquiran habilidades prácticas propias dos métodos de investigación e sexan capaces de comprobar experimentalmente os fundamentos teóricos e experimentais da cinética química.
- Que os estudantes desenvolvan hábitos de traballo individual e en equipo, útiles á hora de abordar a solución científica dun problema tanto na aula como no laboratorio ou na súa futura actividade profesional.Cinética formal (conceptos básicos, determinación da ecuación de velocidade, métodos experimentais, reaccións en fase gas a volume e a presión constante, enerxía de activación e teorías de velocidade de reacción). Reaccións complexas e mecanismos de reacción. Reaccións en cadea (mecanismo, reaccións de polimerización e reaccións fotoquímicas). Catálise homoxénea, encimática e heteroxénea. Cinética electroquímica.
Prácticas de laboratorio: estudo cinético experimental de reaccións químicas.Básica:
P. W. Atkins y J. de Paula, Atkins’ Physical Chemistry 11th edition, Oxford University Press, Oxford, 2017. Versión española: Atkins Química Física, Ed. 8, Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires, 2008.
Complementaria:
• González Velasco, J. R. et al., Cinética Química Aplicada, Editorial Síntesis, Madrid 1999.
• González Ureña, Á., Cinética Química, Editorial Síntesis, Madrid 2001.
• Levenspiel, O., Ingeniería de las reacciones químicas, Wiley, Mexico 2004
• Hill, C. G., An introduction to chemical engineering kinetics & reactor design, 2ª edición, Wiley, 2014.
• C. Trapp, M. Cady y C., Student's solutions manual to accompany Atkins' Physical Chemistry 11th edition, Oxford University Press, Oxford, 2018.
• R. H. Petrucci, F. G. Herring, J. D. Madura e C. Bissonnette: Química General. Pearson Educación, Madrid 2017.
• R. Chang, J. Overby: Química, 13ª edición. Mc Graw Hill Interamericana; México 2020.Competencias básicas:
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias xerais:
CG4 - Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
CG5 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
Competencias transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
CT4: Capacidade para traballar en equipo.
CT10: Capacidade para a resolución de problemas (xa incluída na xeral CG4).
CT11: Capacidade para tomar decisións (xa incluída na xeral CG4).
CT13: Capacidade para transmitir coñecementos (xa incluída na xeral CG4).
CT14: Demostrar razoamento crítico (xa incluída na xeral CG4).
Competencias específicas:
CE26 - Coñecemento sobre os fundamentos da cinética química e electroquímica.CLASES EXPOSITIVAS/INTERACTIVAS:
Lección que pode ter formatos diferentes (teoría impartida polo profesor, resolución de problemas por parte do profesor ou do alumnado, exemplos, directrices xerais da materia, …). Usarase como base o texto de referencia recomendado. Para cada tema, os estudantes terán á súa disposición, na aula virtual da materia, o material de apoio (transparencias, figuras, apuntamentos, etc.) que o profesor empregará nas súas clases. Ademais, proporase un boletín de exercicios co fin de aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas.
SEMINARIOS:
Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións, problemas, ou exercicios máis complexos que combinan varios conceptos estudados na teoría. O estudante ten que participar activamente nestas clases e o seu traballo valórase dentro da avaliación continua.
TITORIAS:
As clases de titoría utilizaranse como unha formación previa ás prácticas. Dedicaranse á análise de datos cinéticos utilizando ferramentas informáticas como Excel.
PRÁCTICAS:
As prácticas consistirán no desenvolvemento dun proxecto de proceso químico industrial que involucra o estudo cinético dunha ou varias reaccións químicas: obtención de datos experimentais precisos, realización dunha análise adecuada para a obtención dos parámetros cinéticos necesarios e utilización dos resultados para a simulación do proceso industrial. É tarefa do alumnado preparar e planificar previamente os experimentos.ASISTENCIA:
É obrigatoria a asistencia ás prácticas e ás titorías previas ás prácticas, salvo causa excepcional debidamente xustificada. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE PRIMEIRA MATRÍCULA:
A cualificación de aprobado obterase para unha nota final de 5 sobre 10. A nota final, tanto en primeira como en segunda oportunidade, basearase na avaliación dos seguintes aspectos:
- 25% da nota final: avaliación continua baseada nos controis e entregas de exercicios que se realicen nas titorías e seminarios, nos exames parciais e na participación activa nas clases.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG4 (CT10, CT11, CT13, CT14), CG5, CT2, CT4, CE26.
- 15% da nota final: avaliación das prácticas de laboratorio baseada na preparación previa do alumnado, no caderno de laboratorio e a avaliación continua durante as prácticas. Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 nas prácticas para aprobar a materia.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CG4 (CT10, CT11, CT13, CT14), CG5, CT1, CT2, CT4, CE26.
- 60% da nota final: avaliación do exame final da materia (primeira ou segunda oportunidade) con cuestións conceptuais e problemas. Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame para aprobar a materia.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB5, CG4 (CT10, CT11, CT13, CT14), CG5, CT1, CE26.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE SEGUNDA MATRÍCULA OU POSTERIORES:
A nota final obterase de igual maneira que para o alumnado de primeira matrícula.
Se o/a alumno/a solicítao, pódese validar as súa avaliación das prácticas no caso de que fose aprobada (nota de 5 sobre 10) e se foi obtida nos dous cursos académicos inmediatamente anteriores ao actual. En tal caso, non é obrigatoria a asistencia ás prácticas. O alumnado debe solicitar a validación das súas prácticas ata a data indicada polo profesor.
Se o/a alumno/a solicita ser avaliado/a de novo nas prácticas, deberá cumprir as normas do alumnado de primeira matrícula e utilizarase a nova nota para o cálculo da nota final. En ningún caso se conservará a nota do exame final.
O alumnado que, por pertencer ao anterior plan de estudos, non teña dereito a docencia e/ou non teña aprobadas as prácticas nos dous cursos académicos inmediatamente anteriores ao actual, realizará na data prevista do exame probas adicionais para avaliar ditas contribucións, que terán o mesmo peso que para o resto do alumnado. Este alumnado pode solicitar na primeira semana do curso ao profesor que se lle avalía seguindo o plan de estudos actual, sempre que a situación sanitaria o permita.O número de horas presenciais desta materia é 51 horas (mais 4 horas de exames), polo que se estima que o/a alumno/a deberá investir unhas 95 horas de traballo persoal, repartido entre o estudo autónomo dedicado a afondar nos contidos teóricos e a aplicación de devanditos contidos á resolución de problemas e á elaboración de traballos e de memorias de prácticas.
Para cada unha das actividades presenciais estímanse os seguintes tempos de traballo persoal:
- Clases: 28 h presenciais, 50 h de traballo persoal individual ou en grupo.
- Seminarios: 6 h presenciais, 12 h de traballo persoal individual ou en grupo.
- Titorías: 2 h presenciais, 8 h de traballo persoal en grupo.
- Prácticas de laboratorio: 15 h presenciais, 5 h de traballo persoal individual.
- Exame final: 4 h presenciais, 20 h de traballo persoal individual ou en grupo.- É importante manter o estudo da materia “ao día”.
- A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
- É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio.
- Recoméndase consultar regularmente a aula virtual da materia, onde estará dispoñible a guía docente da materia, os guións das prácticas, boletíns de problemas e solucións e outro material complementario para axudar ao alumnado no seu estudo (transparencias, enlaces web, etc.). Ademais, as actividades de entrega e avaliación continua xestionaranse por medio da aula virtual da materia.As clases impártense en galego
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
-
Enrique Manuel Cabaleiro Lago
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- caba.lago@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ángel Vidal Vidal
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Categoría
- Posdoutoral_outros
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Martes 10:00-11:00 Grupo /CLE_01 Galego, Castelán 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA Mércores 10:00-11:00 Grupo /CLE_01 Galego, Castelán 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA Xoves 11:00-12:00 Grupo /CLE_01 Galego, Castelán 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA Exames 10.01.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 0P AULA 7 PLANTA BAIXA 16.06.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA