Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o contesto do exercicio da enxeñería de proxectos.
- Coñecer as fases e as metodoloxías asociadas o proxecto de enxeñería.
- Coñecemento e identificación dos distintos axentes do proxecto.
- Adquirir unha formación básica ampla para permitir unha visión de conxunto.
- Identificar problemas, necesidades e oportunidades no mundo rural.
- Aprender a identificar, valorar e ter en conta os factores humáns, sociais e ambientais que afectan ou son afectados polo proxecto.
- Comprender os elementos que integran un proxecto e a necesidade do enfoque integrado.
- Comprender os factores que condicionan o proxecto.
- Comprender as relacións entre os axentes do proxecto.
- Comprender a dimensión temporal do proxecto de enxeñería.
- Aplicar as metodoloxías de formulación, avalIación, xestión e seguimento de proxectos. Aplicar técnicas de toma de decisións multicriterio.
- Representar sobre planos as solucións propostas.
- Analizar e clasificar problemas, necesidades e oportunidades no mundo rural.
- Analizar axentes e beneficiarios dos proxectos. Distinguir, atribuír, xerarquizar, contrastar e comparar problemas, necesidades e oportunidades a grupos sociais.
- Analizar dende unha óptica multicriterio o proxecto de enxeñería.
- Propor alternativas estratéxicas.
- Deseñar medidas que solucionen problemas.
- Elaborar un traballo ou estudio de viabilidade no grupo.
- Planificar a realización do traballo en equipo.
- Concluír aportacións por escrito, desenvolvendo a capacidade de síntese.
- Comunicar oralmente o traballo realizado, desenvolvendo habilidades para a comunicación e presentación das súas ideas.
- Avaliar proxectos dende un punto de vista económico, social e ambiental.
- Xuzgar un proxecto dende unha óptica multicriterio. Defendelas propias ideas.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Introducción ós proxectos.
- Morfoloxía do proxecto.
- Programación e xestión da execución.
- Avaliación de proxectos.
- Seguridade é saúde na execución de proxectos.
- Metodoloxías proxectuais.
- Actividade profesional.
Estos contidos serán desenvoltos dacordo co seguinte temario.
Indicar que cada hora presencial (indicadas) correspóndenlle 1,5 horas de traballo autónomo
PROGRAMA DE TEORÍA. (20 h)
Bloque I. Formulación.
Tema 1. Introducción os proxectos (2 h)
A técnica. A enxeñería. A oficina de enxeñería. O proxecto de enxeñería. Características básicas dun proxecto. Condicións para redactar un proxecto de enxeñería. Finalidades, obxectivos e metas dun proxecto.
Tema 2. Esquema conceptual do proxecto (2 h).
Realidade obxectiva. Realidade subxectiva. Situacións A, A’, B, B’. Técnicas proxectuais para a formulación de proxectos.
Tema 3. O ciclo dos proxectos (1 h).
O proxecto como un sistema. O ciclo dos proxectos. A función de loita contra a incerteza.
Tema 4. A enxeñería do proxecto (1 h).
Programa productivo. Proceso productivo. Enxeñería do deseño. Enxeñería das infraestructuras. Enxeñería das edificacións. Enxeñería das instalacións.
Bloque II. Morfoloxía.
Tema 5. Documentos do proxecto (1 h).
Morfoloxía do proxecto. Documentos: características esenciales, función e obxectivos, normas prácticas para a realización.
Tema 6. Memoria (1 h).
Características. Contido. Normas prácticas. Anexos a memoria.
Tema 7. Planos I (1 h).
Concepto. Misiones. Tipos de representaciones gráficas. Tipoloxía de planos. Sistematización e ordenación. Identificación de planos. Escalas, formatos e plegado de planos. Acotación. Normativa.
Tema 8. Planos II (1 h).
Plano de situación e localización. Planos descriptivos dos condicionantes. Planos definidores da situación actual.
Tema 9. Planos III (1 h).
Planos definidores da transformación. Plano de emprazamento. Planos de edificacións.
Tema 10. Planos IV (1 h).
Plano definidores da transformación. Movemento de terras. Obras lineais. Regos. Plantacións.
Tema 11. Prego de condicións I (1 h).
Definición. Partes que interveñen. Tipos de pregos. Prego de condicións de execución.
Tema 12. Prego de condicións II (1 h).
Prego de condicións técnicas. Prego de condicións técnicas particulares (PCTP). Compatibilidade entre pregos. Metodoloxías. Índice de capítulos. Replanteo. Materiais. Execución. Aceptación final. Medición e abono. Inconformidades.
Tema 13. Orzamento I (1 h).
Definición, obxectivo e contido, clasificación de inputs, reseña histórica, modelo de orzamentación: División e sistematización orzamentaria: grupos de inversión, compoñentes de inversión, capítulos de execución, unidades de obra ou de execución. Clasificación e imputs de costes: costes endóxenos (costes directos de execución, costes indirectos de execución. Costes exóxenos: (gastos xerais, beneficio industrial, IVA. Imputación de costes.
Tema 14. Orzamento II (1 h).
Introducción. Tipoloxía de prezos: prezos de suministro, prezos básicos, prezos auxiliares e prezos unitarios. Estructura dos prezos: Epígrafes, prezos descompostos. Cálculo de prezos: cálculo de prezos básicos, prezos auxiliares, prezos unitarios, cálculo dos costes indirectos de execución.
Tema 15. Orzamento III (1 h).
Medicións, terminoloxía básica, o proceso de medición. O epígrafe como mecanismo de sincronización, unidades e criterios de medición. Tipos de medición: “en plano” e “en obra”. Medición en planos: impresos, características, deducións, transferencias, etc. Medición de partidas singulares.
Tema 16. Orzamento IV (1 h).
Orzamentos parciais. Orzamento de execución material. Modalidades de execución: Orzamento de execución por contrata, orzamento de execución por administración, orzamento de execución por adquisición. Resumo xeral do orzamento. Orzamento para o coñecemento do promotor. Síntese do modelo de orzamentación.
Bloque III. Programación de execución de proxectos.
Tema 17. Programación de proxectos I (1 h).
Consideracións básicas: Planificación e Programación. Sistematización dun proxecto en actividades. Técnicas de programación. Diagramas de Gannt. Asignación de tempos e recursos. Técnicas baseadas no uso de grafos. Antecedentes históricos. PERT–CPM. Actividade e suceso. Prelacións entre actividades. Asignación de tempos. Grafo PERT.
Tema 18. Programación de proxectos II (1 h).
Tempos “early” e “last”: concepto e cálculo. Holgura dun suceso. Holgura das actividades: total, libre e independente. Camiño crítico. Calendario de execución.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS (14 h)
As prácticas realizaranse de forma simultánea o avance da asignatura na parte teórica.
Para a realización da práctica os alumnos organizaranse en grupos de 3 (agrupados de forma voluntaria entre eles). Aportaráselles documentos de proxectos de exemplo que constituirán a base para cada unha das prácticas. A súa vez cada alumno deberá conseguir un proxecto de exemplo que servirá de base para repetir o realizado polo grupo durante a práctica no tempo de traballo individual.
As prácticas previstas serán as seguintes:
PL 1: Formulación – Revisarase a esquema conceptual do proxecto e a enxeñería do proxecto (2 h).
PL 2: Planos I – Revisarase a documentación de planos do proxecto (2 h).
PL 3: Planos II – Elaborarase un total de entre 2 e 4 planos similares os dos proxectos utilizados na práctica(2 h).
PL 4: Orzamento I – Revisarase o orzamento dun proxecto (2 h).
PL 5: Orzamento II – Elaborarase un capítulo de inversión similar o do proxecto mediante un programa de orzamentación e as bases de datos de precios (4 h).
PL 6: Programación – Resolverase a programación dun proxecto (2 h).
No prazo máximo de 2 semanas dende o comenzó da docencia da asignatura os alumnos deberán indicar a que grupo pertecen e amosar, ben por por correo electrónico ou ben físicamente, o profesor o proxecto co que van a realizar as prácticas individuais.
Entregarase un único traballo de prácticas por parte de cada alumno no que irá incorporado: 1º O informe de prácticas do grupo resultado do traballo realizado en clase co material aportado polos profesores. A calificación será a mesma para tódolos membros do grupo. 2º O informe individual de cada alumno co traballo realizado co proxecto individual.
Os criterios de formato, contidos e calidade aplicados para a corrección serán explicados ós alumnos en clase por parte do profesor/es.
A data de entrega do traballo será acordada cos alumnos tendo como referencia inicial a data de exame da primeira convocatoria.
Básica
- Álvarez, C. J., Amiama, C., Marey, M. F. (2003). Los otros Proyectos. Prácticas. UNICOPIA (Servicio de publicaciones de la EPS-USC). Lugo.
- Álvarez, C. J., Barrasa. M. y Díaz, F. (1994). Problemas de Programación y Control de Proyectos de Ingeniería. UNICOPIA (Servicio de publicaciones de la EPS-USC). Lugo.
- Álvarez, C. J., Barrasa. M. y Díaz, F. (1994). Ejercicios de Evaluación Económica de Proyectos de Ingeniería. UNICOPIA (Servicio de publicaciones de la EPS-USC). Lugo.
- Alvarez, C. J., et al. (1995). Ingeniería del Diseño: una aproximación a la distribución en planta. Publicaciones de la E.T.S.I.A - U.P.M. Madrid.
- Barrasa Rioja, M.; Marey Pérez, M. F. 2000. Ejercicios de proyectos. Unicopia. Lugo.
- Barrasa Rioja, M.; Pereira González, J. M. 1998. Fichas para la formulación de proyectos. Unicopia. Lugo.
- Barrasa Rioja, M.; Pereira González, J. M.; González López, J. J. 2002. Ejercicios de presupuestación I. Unicopia. Lugo.
- Barrasa Rioja, M.; Pereira González, J. M.; González López, J. J.; Rodríguez Barreiro, T.; -Regueira Gay, R. , 2005. Ejercicios de presupuestación III. Unicopia. Lugo.
- Barrasa Rioja, M. 2003. Ejercicios de programación de proyectos. Unicopia. Lugo.
- Castro Fresno, D., Aja Setián, J. 2005. Organización y control de obras. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cantabria, Santander.
- Cano, J. L., Rebollar, R. y Sáenz, M. J. (2003). Curso de Gestión de Proyectos (Manual del Profesor, Manual del Alumno y CD). AEIPRO. Zaragoza.
- Cos, M. de. (1995). Teoría General del Proyecto. Volumen I. Ingeniería de Proyectos. Síntesis. Madrid.
- Cos, M. de. (1997). Teoría General del Proyecto. Volumen II Dirección de Proyectos. Síntesis. Madrid.
Complementaria
- Chu, M., Altwies, D., Walker, E. Achieve PMP exam success. J. Ross Publishing, USA
- Frame, J. D.. La nueva dirección de proyectos : herramientas para una era de cambios rápidos.Barcelona : Granica
- Ibbs, C.W., Kwak, Y.H. Assessing project management maturity. Project Management Journal, Vol. 31, No. 1, pp. 32-43, Project Management Institute, USA.
- Kerzner, H. Project management case studies, Wiley
- Kerzner, H. Project management, Wiley
- Muther, R. (2006). Edificaciones industriales. Hispano-Europea. Madrid.
- Palacios. J. (2010). Formulación de proyectos de ingeniería agroforestal. Unicopia Lugo 2010
- Romero, C. (2000). Técnicas de programación y control de proyectos. Pirámide. Madrid.
- Sapag, N., Sapag, R. (2008). Preparación para la evaluación de proyectos (4ª Ed), McGraw-Hill, Bogotá.
- Trueba, I., Cazorla, A. y Gracia, J. J. (1995). Proyectos empresariales. Formulación y evaluación. Mundi-Prensa. Madrid.
Nesta materia o alumno adquirirá o practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria e específicas ou propias da enxeñería en xeral ou da enxeñería forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se diseñou para a titulación traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 – Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece os demáis.
CG3 - Coñecemento dos procesos de degradación que afecten os sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas i enfermedades, incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade.
CG4 - Capacidade para avaliar e correxir o impacto ambiental, así como aplicar as técnicas de auditoría e xestión ambiental.
CG7 - Capacidade para resolver os problemas técnicos derivados da xestión dos espazos naturais.
CG10 - Capacidade para aplicar as técnicas de ordenación forestal e planificación do territorio, así como os criterios e indicadores da xestión forestal sostible no marco dos procedimentos de certificación forestal.
CG12 - Capacidade de organización e planificación de empresas e outras institucións, con coñecemento das disposicións lexislativas que lles afectan e dos fundamentos do marketing e comercialización de productos forestais.
CG13 - Capacidade para diseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e tasacións.
Competencias específicas:
CECF17 – Metodoloxía, organización e xestión de proxectos
CETEIF10 - Seguridade e hixiene industrial.
CETEIF11 -Xestión ambiental da industria forestal.
Clases maxistrais a cargo dos profesores responsables da materia e ocasionalmente de profesores invitados. Cun total de 15 h de docencia expositiva e 18,5 horas de traballo do alumno na preparación dos temas. Coas seguintes competencias traballadas: CT1, CT2, CT3, CG3, CG4, , CG7, CG10, CG12, CG13CECF17, CETEIF10, CETEIF11.
- Actividades en seminarios reducidos con grupos. Estudios de caso. Presentación de traballos profesionais reais e discusión. Cun total de 10 h expositivas. Coas seguintes competencias traballadas: CT4, CT5, CT6, CG10, CECF17, CETEIF10, CETEIF11.
- Prácticas, a realizar polos alumnos en grupos reducidos e relacionados cos contidos da materia. Cun total de 10 h presenciais e 20 h aproximadas de traballo do alumno. Coas seguintes competencias traballadas: CT1, CT2, CT3, CG12, CECF17, CETEIF10, CETEIF11.
- Lecturas da bibliografía recomendada o longo do curso. Cun total de 22,5 h aproximadas de traballo do alumno. Coas seguintes competencias traballadas: CT7, CT8, CG13, CECF17, CETEIF10, CETEIF11.
- Titorías, individuais i en grupo para complementar os contidos teóricos e prácticos. Cun total de 3 h aproximadas de traballo do alumno. Coas seguintes competencias traballadas: CT2, CG10, CECF17, CETEIF10, CETEIF11.
- Elaboración de traballos en grupo por parte dos alumnos. Cun total de 15 horas. Coas seguintes competencias traballadas: CT2, CG10, CECF17, CETEIF10, CETEIF11.
- Preparación de probas de avaliación. Un total de 15 horas de traballo dos alumnos. Coas seguintes competencias traballadas: CT4, CG7, CG13, CECF17, CETEIF10, CETEIF11.
- Probas de avaliación, orientadas a comprobar o cumprimento dos obxectivos didácticos por parte dos alumnos. Cun total de 3 h aproximadas de traballo do alumno.
En total, 44 horas presenciais e 68,5 horas de traballo do alumno (suma de presencialidade e traballo persoal é de 112,5 h).
Proba ou probas escritas (50% da calificación): competencias CG3, CG4, CG7, CG10, CG12, CG13, CECF17, CETEEF10, CETEEF11.
Traballos entregados e/ou expostos (50% da calificación): competencias CG3, CG4, CG7, CG10, CG12, CG13, CECF17, CETEEF10, CETEEF11.
Salvo o exame ou proba esctita o resto forma parte da avaliación continua.
Para superar a asignatura é necesario obter unha calificación superior a 4 en cada un dos dous apartados.
Non se consideran dispensas parciais nin totais.
Para a evaliación da 2ª oportunidade se conservará a nota dos traballos entregados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudiantes e de revisión das calificacións”.
Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e as calificacións conservaranse únicamente durante o curso académico
Dependerá da capacidade e interés de cada alumno. De forma aproximada establécese un total de 112,5 h. das cales 44 serán de tipo presencial e aproximadamente 68,5 serán de traballo individual ou en grupo.
Asistencia a tódalas clases e participación activa nas mesmas.
Lectura da bibliografía referente seguindo as indicacións do profesor.
Consultar dudas durante o desenvolvemento da clase correspondente en titorías.
Repaso da materia explicada en clase i elaboración dunha síntese esquemática
Manuel Francisco Marey Perez
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- manuel.marey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
César Pérez Cruzado
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Joel Rodriguez Ruiz
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- joel.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Oscar Lopez Alvarez
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- oscarlopez.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Yago Lestido Cardama
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- yago.lestido.cardama [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 (Aulario 1) |
Martes | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 (Aulario 1) |
17.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 (Aulario 1) |
23.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 (Aulario 1) |