Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Ecoloxía, Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdese que o alumno que cursou e superou esta materia teña capacidade para:
Entender e detectar a problemática ambiental, os conceptos que interveñen nela e a súa manifestación aos niveis global, rexional e local.
Entender as implicacións da “cuestión” ambiental sobre o desenvolvemento, as súas relacións co desenvolvemento sustentable e os criterios concretos para a sustentabilidade.
Entender a idea de xestión ambiental e coñecer os instrumentos cos que opera.
Colaborar na aplicación da Avaliación de Impacto Ambiental en calquera dos estamentos que interveñen nela: promotor, Administración, poboación afectada e sociedade en xeral.
Planificar a implantación dun Sistema de Xestión Ambiental e de realizar auditorías sobre o mesmo.
Planificar o tratamento dun espazo degradado e, en xeral, a de calquera degradación ambiental.
Traballar en equipa.
Segundo a Memoria Verificada do Título, os contidos desta materia son:
Introdución. Integración ambiental. Procedimento e metodoloxía de avaliación e corrección de impacto ambiental. Instrumentos de xestión ambiental asociados.
Estes contidos desenvolveranse segundo un temario organizado en dous módulos, impartiranse un total de 6 temas; indícase de maneira orientativa o tempo adicado a cada contido, tanto de docencia presencial (DP) como non presencial (DNP).:
ACTIVIDADES EXPOSITIVAS
MODULO I. Introducción as AIA. (DP: 11 horas; DNP: 20.5 horas).
1. Introducción ao Impacto Ambiental: Introducción. Servizos ecosistémicos. Estabilidade dos ecosistemas. Perturbacións.
2.Indicadores do estado dun ecosistema. Parámetros físico-químicos: auga, solo, aire. Emprego de organismos, bioindicación: introducción; emprego de especies indicadoras; índices baseados en especies indicadoras; índices baseados na riqueza e diversidade de especies; índices baseados na biomasa e abundancia de especies; biomonitorización.
3. Inventario Ambiental: Contido. Especies clave. Mostraxe: teoría da mostraxe; métodos de mostraxe.
MODULO II. Procedimento e Metodoloxías de avaliación de impacto ambiental. (DP: 7 horas; DNP: 15 horas).
4. Avaluación de Impacto Ambiental. Marco conceptual. Características dos impactos: signo, magnitude e incidencia. Procedimento administrativo de AIA. Contido, alcance e programa das AIA. A participación pública. Tipos de AIA. Aceptabilidade do impacto ambiental.
5. Metodoloxías para a realización dun Estudo de Impacto Ambiental. Métodos cualitativos e cuantitativos. Identificación, valoración e prevención de impactos. Avaliación de alternativas. Corrección e prevención de impactos. Comunicación dos impactos: documento de síntese final.
6. Marco legal e institucional da Avaliación de Impacto Ambiental. Lexislación específica: nivel UE, estatal e autonómico. Lexislación sectorial. Marco institucional das AIA. Características dimensionais para proxectos concretos do sector agroforestal.
ACTIVIDADES INTERACTIVAS
Viaxe de prácticas (DP: 7 horas; DNP: 17.5 horas).
Prácticas consistentes en: 1) a identificación de posibles factores ambientales e accións do proxecto a considerar, 2) cuantificación de impactos mediante matrices, y 3) evaluación de alternativas, todo elo para un caso práctico a definir polo profesor. Os alumnos entrgarán un informe individual de cada práctica. Realizaránse ademáis un traballo en grupo consistente na avaliación dun AIA, exposición dos aspectos metodolóxicos e avaliación crítica do EIA cos avaliados por outros grupos. (DP: 11 horas; DNP: 17.5 horas)
Básica
- Freedman, B. (1995). Environmental Ecology: the ecological effects of pollution, disturbance and other stresses. Academic Press.
- Gómez Orea, D. 2013. Evaluación de Impacto Ambiental. Ed. Mundi - Prensa.
- Gómez Orea, D. 2007. Evaluación Ambiental Estratégica. Ed. Mundi - Prensa.
- Garmendia, A. Salvador, A. Crespo C. Garmendia L. 2010. Evaluación de impacto ambiental. Pearson-Prentice Hall.
-Canter, L.W. 2003. Manual de evaluación de impacto ambiental: técnicas para la elaboración de estudios de impacto ambiental. Ed. Mc Graw Hill
Complementaria
- Gómez Orea, D. 2014. Recuperación de Espacios degradados. Ed. Mundi - Prensa.
- Gómez Orea, D. 2007. Consultoría e Ingeniería Ambiental. Ed. Mundi - Prensa.
- Andrews, J., Kinsman, D. 1990. Gravel pit restoration for wildlife. RSPB, Londres.
- Beeby, A. 1993. Applying ecology. Chapman & Hall, London.
Cairns, J. (Ed.) Rehabilitating damaged ecosystems. Vol. I y II. CRC Press, Boca Ratón, Florida.
- Cooke, G.D., Welch, E.B., Peterson, S.A., Newroth, P.R. 1993. Restoration and managament of lakes and reservoirs. CRC Press, New York.
- López-Cadenas, F. (Coord.) 1994. Restauración hidrológico forestal de cuencas y control de la erosión. TRAGSA/TRAGSATEC/Mundi-Prensa, Madrid.
- Ministerio de Medio Ambiente. 2006. Guía para la Elaboración de Estudios del Medio Físico.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal e do medio natural en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais::
CG4 -Capacidade para avaliar e corrixir o impacto ambiental, así como aplicar as técnicas de auditoría e xestión ambiental
CG13 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento , valoracións, peritaxes e tasacións.
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con atitude autocrítica.
CT5 - Capacidade para obtener información axeitada, diversa e actualizada
CT6 -Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT11 - Utilización de información en lingua extranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante la aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
• CECF5 - Avaliación e corrección do impacto ambiental
Empregaranse clases expositivas para a presentación e desenrolo dos contidos teóricos. Contémplase a realización de pequeños exercicios en clase que poderán ser avaliados. Realizarase unha viaxe onde os alumnos porán en práctica diferentes asuntos tratados nas clases teóricas. Será necesario realizar unha memoria de dita viaxe.
Os contidos prácticos da materia tamén se desenrolarán mediante o traballo en grupo. A cada grupo de alumnos se lle asignará unha AIA real, sobre a que tendrán que realizar unha exposición sobre la metodoloxía empregada e un análisis crítico comparativo usando como referencia os AIA asignados aos outros grupos.
Farase uso do Campus Virtual para que os alumnos poidan acceder aos materiais do curso.
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas segun o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas, tanto de laboratorio como de campo, sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
Realizarase un exame final de toda a materia. Os alumnos realizarán traballos correspondentes a cada unha das prácticas realizadas, que serán avaliados polo profesor de forma continua.
Na avaliación valoraranse os seguintes aspectos
• Asistencia. Nas = 10 %
• Proba escrita. Nex = 60 %
• Traballos de prácticas / participación do alumno nas actividades. Ntra = 30 %
A cualificación final: Obtense segundo a seguinte expresión:
CF = Nex x 0.60 + Ntra x 0.30 + Nas x 0.10
Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez, coas seguintes salvidades:
• Aos estudantes repetidores que aprobasen as prácticas de laboratorio/viaxe de prácticas, conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio/viaxe de prácticas, pero asistirán ás restantes clases en igualdade de condicións que os restantes alumnos.
Realizarán a totalidade do exame.
• Os alumnos repetidores que non obtivesen a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio, pero superasen a parte correspondente aos contidos teóricos da materia, deberán realizar novamente as prácticas de laboratorio/viaxe de prácticas, conservándoselles durante un máximo de dous cursos académicos a nota do exame, así como a correspondente aos apartados restantes.
A relación entre os sistemas de avaliación da ensinanza e as competencias é
• Asistencia (10 %)
• Proba escrita (60 %): competencias CG4, CG13, CECF5
• Traballos de prácticas / Participación do alumno nas actividades (30 %): competencias CECF5, CT1,2,3,4,5,6,7,8,10,12.
O sistema de avaliación para os alumnos de segunda oportunidade será o mesmo que na primeira oportunidade.
Os criterios e procedemento de avaliación para os alumnos con dispensa de asistencia serán os mesmos que para o resto dos alumnos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión das cualificacións”.
Lectura e preparación de temas: 20,5 horas
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 20 horas
Elaboración de traballos de curso: 15 horas
Preparación de probas de avaliación : 15 horas
Total horas de estudo e traballo persoal: 70,50 horas
Lectura da bibliografía referente á próxima clase conforme ás indicacións do profesor
Consultar dúbidas durante o desenvolvemento da clase correspondente ou en titoría .
Repaso da materia explicada en clase e elaboración dunha síntese esquemática (diario de clases expositivas).
Recoméndase haber cursado a materia Ecoloxía.
Ruben Villares Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- ruben.villares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Manuel Francisco Marey Perez
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- manuel.marey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
César Pérez Cruzado
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Joel Rodriguez Ruiz
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- joel.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Yago Lestido Cardama
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- yago.lestido.cardama [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta