Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría da Construción
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos que se pretenden alcanzar con esta materia son os seguintes:
1) Presentar os diferentes tipos de maquinaria máis comunmente utilizadas na execución de obra civil. Maquinaria de movemento de terras, Instalacións para tratamento de áridos. Instalacións e maquinaria para fabricación e posta en obra de formigón. Maquinaria de elevación.
2) Expoñer as características, utilidade e aplicación das diferentes instalacións e tipos de maquinaria para a execución dunha serie de actividades comúns e habituais na obra civil.
3) Introducir ao dimensionamento dos equipos de maquinaria necesarios para a execución das diferentes actividades máis habituais na execución de obras.
4) Presentar diferentes procedementos construtivos e a maquinaria necesaria para iso. Procedementos construtivos de movemento de terras. Sistemas construtivos de taboleiros de pontes.
5) Concienciar o alumno da importancia da seguridade e saúde na construción das obras. Normativa, plans e estudos de seguridade e saúde. O técnico como responsable de seguridade.
6) Ensinar os aspectos que debe coñecer un técnico con responsabilidade na execución de obra en relación coa súa Planificación e Organización Técnico-Económica.
7) Medición e valoración de diferentes unidades de obra. Como elaborar os presupostos. Conceptos e criterios básicos.
8) Concienciar e transmitir ó alumno a importancia do traballo en grupo e a súa aplicación na execución dunha obra. O enxeñeiro e o equipo de obra.
9) Desenvolver no alumno a capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas e cuestións prácticas reais.
10) Capacitar o futuro enxeñeiro para desempeñar satisfactoriamente as tarefas de xestión e dirección técnica dunha obra de construción.
11) Nocións básicas do marco lexislativo no que se desenvolve a contratación e execución de obra.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Movemento de terras: maquinaria, procedementos, medición e valoración.
Formigón: tratamento de áridos e cemento, fabricación e posta en obra.
Maquinaria de obra.
Organización e Xestión de obras.
Medición e valoración de unidades de obra. Elaboración de orzamentos.
Seguridade e saúde: normativa, plans e estudos de seguridade e saúde, e medidas de protección.
Estes contidos desenvólvense segundo o seguinte temario:
PARTE 1. PROCEDEMENTOS CONSTRUCTIVOS E MAQUINARIA DE CONSTRUCIÓN
TEMA 1. TRATAMENTO DE ÁRIDOS (28 horas, correspondentes a 10 horas presenciais e 18 horas non presenciais).
TEMA 2. FABRICACIÓN, TRANSPORTE E POSTA EN OBRA DE FORMIGÓN (28 horas, correspondentes a 10 horas presenciais e 18 horas non presenciais).
TEMA 3. MAQUINARIA DE ELEVACIÓN (28 horas, correspondentes a 10 horas presenciais e 18 horas non presenciais).
TEMA 4. MAQUINARIA DE MOVEMENTO DE TERRAS (14 horas, correspondentes a 5 horas presenciais e 9 horas non presenciais).
TEMA 5. PROCEDEMENTOS CONSTRUCTIVOS DE MOVEMENTO DE TERRAS (14 horas, correspondentes a 5 horas presenciais e 9 horas non presenciais).
PARTE 2. ORGANIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DE OBRA.
TEMA 6. INTRODUCIÓN Á ORGANIZACIÓN DAS OBRAS (10 horas, correspondentes a 5 horas presenciais e 5 horas non presenciais).
TEMA 7. A SEGURIDADE E SAÚDE NAS OBRAS (14 horas, correspondentes a 5 horas presenciais e 9 horas non presenciais).
TEMA 8. MEDICIÓNS E ORZAMENTOS (14 horas, correspondentes a 5 horas presenciais e 9 horas non presenciais).
PARTE 1. PROCEDEMENTOS CONSTRUCTIVOS E MAQUINARIA DE CONSTRUCIÓN
TEMA 1. TRATAMENTO DE ÁRIDOS
1. Introdución
2. Necesidades de obra
3. Xacementos posibles
3.1. Diferenzas entre canteiras e graveras.
3.2. Exploración de xacementos
3.3. Selección do xacemento
3.4. Propiedades físicas dos minerais
3.5. Normativa aplicable aos áridos para estradas.
4. Procesamento de áridos
4.1 introdución
4.2 Aspectos importantes no deseño dunha instalación
4.3. Tipos de instalacións
4.4. Fases do proceso
4.5. Principios da trituración
4.6 Calidade dos áridos procesados
5. Trens de trituración
5.1 Trituración primaria
5.2 Acopio intermedio
5.3 Clasificación intermedia
5.4 Trituración secundaria e terciaria
5.5 Clasificación final
5.6 Tratamento de áridos por vía húmida
5.7 Cintas transportadoras
5.8. Alimentadores
5.9 Ensilado e acopios de produto final
6. Cálculo de produción. Custos a considerar.
7. Diagramas de fluxo de instalacións tipo
8. Medidas de seguridade
TEMA 2. FABRICACIÓN, TRANSPORTE E POSTA EN OBRA DE FORMIGÓN
1.- Introdución.-
2.- Plantas de fabricación de formigón
3.- Áridos
3.1.- Almacenamento de áridos
3.2.- Sistemas de dosificación de áridos
4.-Cemento
4.1. Almacenamento de cemento
4.2.-Sistema de dosificación de cemento
5. Auga
5.1. Almacenamento de auga
5.2. Dosificación de auga
6. Aditivos
6.1. Almacenamento de aditivos
6.2. Dosificación de aditivos
7.- Mesturadoras - amasadoras
7.1 Tipo de mesturador.
7.2 Velocidade de amasado
7.3 Duración de amasado
7.4 Capacidade de amasado
7.5 Número de amasadas por hora
7.6 Orde de carga dos compoñentes do formigón
7.7 Dosificación de auga mínima
8. Sistema de mando e control
9. Diagrama de ciclos nas plantas de formigón
10. Transporte
11. Posta en obra do formigón
11.1 Bombeo de formigón.
11.2 Bombas estacionarias
11.3 Plumas de distribución de formigón
11.4 Guindastres
11.5 Cintas transportadoras
12. Compactación do formigón
12.1. Teoría xeral sobre vibración
12.2. Métodos de vibración
12.3 Regras vibrantes, alisadoras rotativas.
TEMA 3. MAQUINARIA DE ELEVACIÓN.
1. Introdución
2. Guindastres torre
2.1. Definicións básicas
2.2. Definicións de compoñentes
2.3. Movementos
2.4. Estabilidade.
2.5. Ensaios. Parámetros.
2.6. Limitadores e indicadores
2.7. Instalación e montaxe
2.8. Utilización (gruísta)
2.9. Mantemento e revisións, conservadores
2.10. Historial do guindastre. Inscricións
2.11. Elección do guindastre Diagrama e características
3. Montacargas
3.1. Montacargas mixtos
3.2. Definicións básicas
3.3. Campos de aplicación
4.- Guindastres móbiles autopropulsados
4.1. Ámbito de aplicación
4.2. Definicións
4.3. Requisitos
4.4. Procedemento
4.5. Mantemento e revisións. Inspeccións oficiais
4.6. Historial do guindastre
4.7. Operador de guindastre móbil autopropulsado
5. Selección do tipo de guindastre segundo o traballo a realizar
TEMA 4. MAQUINARIA DE MOVEMENTO DE TERRAS
1.- Principios básicos.
1.1.-Cambios de volume.
1.2.- Diagrama de masas.
2.- O movemento de terras.
2.1.- Conceptos.
2.2.- Tipos de escavacións.
3. Maquinas de escavación
3.1. Clasificación e tipos de maquinaria.
3.2. Equipos de escavación e carga. Palas cargadoras.
3.3. Equipos de escavación. Escavadoras hidráulicas
3.4. Escavación e empuxe. Tractores de cadeas
4. Nivelación. A motoniveladora.
5. Clasificación e características dos medios de transporte
5.1. Principais medios de transporte
5.2 Camións basculantes.
5.3 Semirremolques basculantes
5.4 Camións tipo dúmper.
5.5 Dúmper articulado todo-terreo
5.6 Dúmper extravial ríxido
6. Carga e carrexo. Mototraíllas
7. Estendido e compactación
7.1 Estendido
7.2 Compactación
TEMA 5. PROCEDEMENTOS CONSTRUTIVOS DE MOVEMENTO DE TERRAS
1.- Introdución.
1.1 Cubicacións.
1.2 Estudo xeológico-xeotécnico.
1.3 Diagrama de masas. Distancia de transporte. Préstamos e vertedoiros. Rede viaria local.
2.- Traballos previos.
2.1 Traballos topográficos.
2.2 Inspección visual.
2.3 Diagrama de masas.
3.- Roce. Demolicións. Escarificación e compactación
4.- Escavación dun desmonte.
4.1 Escavabilidade dun terreo.
4.2 Maquinaria e equipos
4.3 Execución das obras
5.- Execución de rellenos.
5.1 Rellenos tipo terraplén e todo - un.
5.2 Rellenos tipo pedraplén.
5.3 Terminación e refino da explanada.
5.4 Refino de noiros.
PARTE 2. ORGANIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DE OBRA.
TEMA 6. INTRODUCIÓN Á ORGANIZACIÓN DAS OBRAS. PLANIFICACIÓN TÉCNICA E ECONÓMICA
1 – Organización de obra
1.1. Obxecto da organización de obra
1.2. Actuacións previas ao comezo da obra
1.3. Estudo previo ao comezo da produción
1.4. Previsión de recursos para o inicio da obra
1.5. Organización e funcións
2 – Planificación integrada da obra
2.1. Planificación inicial
2.2. Seguimento e revisión da planificación
2.3. Planificación técnica
2.3.1. Obxecto
2.3.2. Sistemas de programación de obras
2.4. Plan de calidade
2.5. Prevención de riscos laborais
2.6. Planificación medioambiental
2.6.1. Identificación dos aspectos medioambientais
2.6.2. Requisitos legais
2.6.3. Actuacións medioambientais
2.6.4. Coordinador medioambiental
2.7. Planificación económica
2.7.1. Introdución
2.7.2. Fases da planificación económica
2.7.2.1. Análise do proxecto e da oferta
2.7.2.2. Planificación económica inicial
3. Instalacións xerais e específicas
3.1. Instalacións xerais
3.1.1. Oficinas
3.1.2. Almacéns e provisións
3.1.3. Dependencias de persoal
3.1.4. Acometidas de saneamento, auga e enerxía eléctrica
3.1.5. Instalación eléctrica de obra
3.1.6. Camiños e accesos de obra
3.2. Instalacións específicas
3.2.1. Planta de formigón
3.2.2. Taller de ferralla
3.2.3. Tratamento de áridos
3.2.4. Planta asfáltica
4. Seguimento administrativo da obra
4.1 Acta de comprobación do replanteo
4.2. Programa de traballo
4.3. Relación valorada m ensual. Certificacións
4.3.1. Abonos ao contratista
4.3.2. Expedición e pago de certificacións
4.3.3. Prazos. Prórroga e aceleración do prazo
4.3.5. A revisión de prezos
4.3.6. Modificacións nos proxectos de obra
4.3.7. Recepción de obras
4.3.8. Liquidación das obras
TEMA 7. PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
1. Introdución
2. Disposicións legais no sector
3. Sistema de xestión de prevención de riscos laborais
4. Diagrama de actuacións
5. As responsabilidades xurídicas derivadas de infraccións en materia de seguridade e saúde
5.1. Obrigas do empresario (empresa ou o seu representante)
5.2. Responsabilidade administrativa
5.3. Responsabilidade civil
5.4. Responsabilidade penal
TEMA 8. MEDICIÓNS E ORZAMENTOS.
1. Introdución e definicións.
2. Medicións.
2.1 Unidades de obra
2.2. Medicións. Criterios de medición
2.2.1 Medicións Movemento de terras
2.2.2 Medicións Estruturas
2.2.3 Medicións firmes e pavimentos
3. Prezos.
3.1 Prezos unitarios
3.2 Prezos auxiliares
3.3 Prezos descompostos
3.4 Cadros de prezos.
4. Orzamentos.
5. Formatos de medicións e orzamentos. Software
Estes contidos desenvólvense segundo o seguinte temario práctico:
PRÁCTICA 1. TRATAMENTO DE ÁRIDOS.
PRÁCTICA 2. FABRICACIÓN, TRANSPORTE E POSTA EN OBRA DE FORMIGÓN
PRÁCTICA 3. MAQUINARIA DE ELEVACIÓN
PRÁCTICA 4. MAQUINARIA DE MOVEMENTO DE TERRAS.
PRÁCTICA 5. PROCEDEMENTOS CONSTRUCTIVOS DE MOVEMENTO DE TERRAS
PRÁCTICA 6. A SEGURIDADE E SAÚDE NAS OBRAS.
PRÁCTICA 7. MEDICIÓNS E ORZAMENTOS.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Alberto Víader. Manual del contratista de Obras. Colegio de Ingenieros de Caminos, canales y Puertos
- Manuel Díaz del Río. Manual de Maquinaria de construcción. 2ª Edición Ed. McGraw-Hill.
- Francisco Ballester. Maquinas de Movimiento de Tierras. Servicio de publicaciones de la Universidad Politécnica de Valencia.
- Francisco Ballester y Jorge A. Capote. Maquinas de Movimiento de Tierra. Criterios de selección. Universidad de Cantabria.
- Francisco Ballester Procedimientos generales de construcción. Servicio de publicaciones de la Universidad Politécnica de Valencia.
- Ignacio Morilla Abad. Plantas de machaqueo y clasificación de áridos.
- Ignacio Morilla Abad. Plantas de Fabricación de Hormigón y Grava-Cemento. Ministerio de Fomento
- Notas Técnicas de Prevención (INSHT)
- Fernández Marcos, L., (1996) Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, Editorial DYKINSON , S.L. Madrid
- Cortés, J. M., Ley de Prevención de Riesgos Laborales y reglamentación de desarrollo Ed. Tébar
- Simonet Pérez, R.; Mateos Beato, A.; Fernández Perdido. F., PREVENCION DE RIESGOS LABORALES EN LA CONSTRUCCION, Edita Lex Nova S.A.
- Fernando Valderrama. Mediciones y presupuestos para arquitectos e ingenieros de edificación 2ª Ed. Reverté, 2010
- Fuentes Bescós, Gonzalo de. Valoración de obras en ingeniería civil. Madrid. Fundación General de la Universidad Politécnica de Madrid, Servicio de Publicaciones de la Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica de Obras Públicas, 2002.
- Moving The Earth: The Workbook of Excavation. Herbert Nichols and David Day. Ed. McGraw-Hill Education; N.º: 6 edición (2010).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Pliego de prescripciones técnicas generales para obras de carreteras y puentes, PG-3.
- Instrucción de hormigón estructural (EHE-08).
- Construction Operations Manual of Policies and Procedures. Andrew M. Civitello and Sidney M. Levy. Ed.McGraw Hill (2014).
Considérase que a materia de Grao permite a adquisición das competencias básicas fixadas pola Orde Ministerial:
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e sólese encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía
Xerais
CG1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CG2. Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que aparecen na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de consegui-la maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública.
CG4. Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito.
CG6. Capacidade para a realización de estudos de planificación territorial e dos aspectos medioambientais relacionados coas infraestruturas, no seu ámbito.
CG9. Coñecemento e capacidade de aplicación de técnicas de xestión empresarial e lexislación laboral.
CG10. Coñecemento da historia da enxeñaría civil e capacitación para analizar e valora-las obras públicas en particular e a construción en xeral.
Específicas:
CECC9. Capacidade de análise da problemática da seguridade e saúde nas obras de construción.
CECC12. Coñecemento dos procedementos construtivos, a maquinaria de construción e as técnicas de organización, medición e valoración de obras.
Observacións sobre competencias:
A competencia CECC12 adquírese tamén na materia Obras Xeotécnicas 2 do terceiro curso
Transversais:
CT1. Capacidade de análise e síntese.
CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9. Habilidade no manexo de TIC’s.
CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
1 INTRODUCIÓN
A metodoloxía de ensino que se propón para a materia axústase ás pautas propias do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), que computa as horas totais de traballo do alumno como a suma das horas presenciais e as horas non presenciais. O tempo de traballo non presencial inclúe toda unha serie de tarefas que os alumnos realizan fóra das aulas e que teñen como finalidade a preparación e o estudo posterior das actividades realizadas nas sesións presenciais. As actividades a realizar nesta materia enuméranse e coméntanse a continuación.
2 CLASES EXPOSITIVAS
Esta actividade consiste na presentación e desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia por parte do profesor, mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos dirixidos a grupos grandes de alumnos. Durante as sesións animarase ao alumno a participar activamente nas mesmas, suscitando dúbidas ou a necesidade de profundar en determinadas cuestións. Ademais de asistir e atender ás explicacións, o alumno deberá dedicar un determinado tempo á lectura e preparación previa de cada un dos temas, e ao seu estudo posterior para poder realizar adecuadamente as demais actividades contempladas na materia.
3 SEMINARIOS INTERACTIVOS
Durante os seminarios os alumnos resolverán exercicios e casos prácticos relacionados co temario práctico da materia, co obxectivo de aplicar os coñecementos adquiridos durante as clases expositivas. Os alumnos traballarán en grupos reducidos, baixo a supervisión do profesor, sendo fundamental unha participación activa por parte de todos os membros do grupo. Ao finalizar a sesión, cada grupo expoñerá os seus exercicios resoltos ao resto de grupos para a súa corrección.
4 TRABALLOS PRÁCTICOS EN GRUPO
Durante o curso académico, os alumnos deberán realizar un traballo práctico que consistirá na execución en grupos reducidos dun Estudo de Seguridade e Saúde dun tipo de obra a elixir, ou dun Orzamento completo dun proxecto a seleccionar. Esta práctica servirán de complemento aos contidos teóricos relacionados co exposto no tema 7, A seguridade e saúde nas obras e no tema 8, Medicións e Orzamentos.
Os grupos deberán entregar o seu traballo ao profesor para a súa corrección. Trala mesma entregarase a versión definitiva do informe coas correccións e suxestións realizadas polo profesor.
5 TITORÍAS EN GRUPO REDUCIDO
As titorías en grupo reducido utilizaranse principalmente para planificar cos grupos os traballos prácticos en grupo, aclarar as posibles dúbidas que poidan xurdir durante a súa realización e emendar os posibles erros antes da entrega final. Tamén poden servir para resolver dúbidas relacionadas coas tarefas propostas noutras actividades da materia (seminarios interactivos, clases expositivas, etc.). Constitúen un instrumento fundamental para que o profesor poida verificar o correcto funcionamento dos grupos. Ademais, son un medio de comunicación entre o profesor e os alumnos de gran importancia para o seu proceso de aprendizaxe xa que permite que estes teñan información sobre a súa evolución durante o desenvolvemento do proceso e non ao finalizar o mesmo.
6 TITORÍAS INDIVIDUAIS
Durante as titorías individuais os alumnos terán a posibilidade de discutir, comentar, aclarar e resolver dúbidas en relación ás súas tarefas dentro da materia.
7 VISITAS A OBRA
Durante o curso académico realizarase unha visita a unha obra ou instalación onde se estean levando a cabo actividades ou procesos relacionados co temario. Antes da visita, o profesor presentará a obra ou instalación a visitar co dobre fin de identificar os aspectos relacionados coa materia que imos poder ver e organizar o traslado e desenvolvemento da mesma. Intentarase coordinar a visita con outras materias de contidos afines.
Deste xeito, daríase ao alumno unha visión conxunta dos diferentes aspectos da organización e execución dunha obra.
A visita á obra será obrigatoria e o seu contido valorarase na proba escrita final.
METODOLOXÍAS DOCENTES // COMPETENCIAS TRABALLADAS:
Clases expositivas // Xerais: CG1, CG2, CG4, CG6, CG9, CG10 Específicas (todas): CTECC9, CECC12 Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
Seminarios interactivos // Xenerais: CG1, CG2, CG4, CG6, CG9, CG10 Específicas (todas): CTECC9, CECC12 Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
Traballos prácticos de grupo // Xerais: CG1, CG2, CG4, CG6, CG9, CG10 Específicas (todas): CTECC9, CECC12 Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
Titorías // Xerais: CG1, CG2, CG4, CG6, CG9, CG10 Específicas (todas): CTECC9, CECC12 Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
A aprendizaxe a través dos créditos ECTS e a adquisición das competencias asociadas axustarase a unha avaliación continuada, que debe contribuír de forma decisiva a estimular ao alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
Para alcanzar este obxectivo prémiase a regularidade e continuidade no traballo, e avalíanse diferentes aspectos relacionados co proceso de aprendizaxe e os coñecementos adquiridos polo alumno.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Os aspectos a valorar son os seguintes:
1) Asistencia. Contrólase a asistencia a clase pasando unha folla de sinaturas. A ponderación de este aspecto na calaficación é do 10%.
2) Proba escrita final. Para a valoración dos coñecementos adquiridos farase un examen teórico- práctico final. Para superar a materia obterase unha cualificación mínima de 5. A ponderación deste aspecto na cualificación final é do 70%.
3) Traballo práctico. Proporase a realización dun traballos práctico en grupo sobre Seguridade e Saúde ou Medicións e Presupostos. Valoraráse a Capacidade de traballo en equipo, Desenvolvemento de Titorías en grupo e a Presentación do traballo do grupo. Para superar a asignatura débese obter unha cualificación mínima de 5. A ponderación deste aspecto na cualificación final é do 20%.
Para superar a asignatura a cualificación final debe ser maior ou igual a 5.
Nota final: Examen escrito x 0,70+Traballo en grupox0,20+Asistenciax0,10
SEGUNDA OPORTUNIDADE: Manterase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.
REPETIDORES: Manteranse para o seguinte curso a nota de asistencia e a do Traballo en grupo.
Todas as actividades docentes e de avaliación están orientadas á adquisición por parte dos estudantes das competencias básicas CB-1 a CB-5.
Todas as actividades de avaliación permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG4, CG6, CG9, CG10
Específicas (todas): CTECC9, CECC12
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
---
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas, tanto de laboratorio como de campo, sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente. O 10% do peso que a asistencia ten na avaliación, recaería sobre o traballo de curso.
---
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta materia ten unha carga de traballo para o alumno de 6 créditos ECTS. Segundo o Sistema de Transferencia do Crédito Europeo (1 crédito ECTS = 25 horas de traballo) esta carga tradúcese en 150 horas de traballo totais: 55 horas presenciais e 95 horas non presenciais. O número de horas de traballo non presencial estimáronse aplicando uns factores de contabilización ás horas de traballo presencial asociadas a cada unha das actividades contempladas na materia (Táboa adxunta).
Traballo presencial na aula Horas
Clases teóricas................................24
Seminarios Interactivos....................12
Traballos prácticos en grupo................6
Casos prácticos.................................6
Titorías en grupo reducido.................3
Actividades de avaliación...................4
TOTAL............................................55
Traballo persoal do alumno Horas
Lectura e preparación de temas..........36
Realización de exercicios....................12
Elaboración de traballos.....................24
Preparación de probas avaliación.....23
TOTAL...........................................95
Recoméndase aos alumnos a conveniencia de asistir a clases expositivas e seminarios de forma continuada e cunha lectura previa dos temas a tratar. A realización das cuestións e prácticas propostas e a necesidade de estudar a materia de forma progresiva
Gabriel Garcia Garrido
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría da Construción
- Correo electrónico
- gabriel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Iago Isasi Freire
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría da Construción
- Correo electrónico
- iagoisasi.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |