Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer a importancia económica das industrias de segunda transformación da madeira.
- Coñecer as características da materia prima.
- Coñecer os produtos, os distintos fluxos de fabricación, os procesos e maquinaria.
Como resultado da aprendizaxe, o alumno coñecerá as industrias de segunda transformación da madeira que teñen maior importancia económica, os procesos de fabricación típicos destas industrias e as características dos produtos que se obteñen.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
A industria de segunda transformación da madeira e as súas liñas de fluxo: carpintaría, moblaría, torneadura, toneleiría.
Maquinaria e as súas funcións nas industrias de segunda transformación.
Formas de unión da madeira.
Técnicas de encolado da madeira.
Operacións de acabado da madeira.
Industrias particulares: envases, postes e cerramentos.
Estes contidos serán desenvoltos segundo o seguinte temario, no que a asignación de horas é aproximada.
Temas teóricos:
Tema 0. Presentación (0,5 horas presenciais)
Tema 1. Primeira e segunda transformación da madeira (0,5 horas presenciais e 0,5 horas non presenciais)
Tema 2. Situación da industria do moble (1 hora presencial e 2 horas non presenciais)
Tema 3. Fabricación de mobles (2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
Tema 4. Revestimentos de madeira para paredes e teitos (1 hora presencial e 2 horas non presenciais)
Tema 5. Solos de madeira (2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
Tema 6. Construción de portas de madeira (2 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
Tema 7. Construción de ventás de madeira (1 hora presencial e 1 hora non presencial)
Tema 8. Tipos de elementos estruturais de madeira para a construción (2 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
Tema 9. Fabricación de elementos estruturais de madeira laminada (3 horas presenciais e 4 horas non presenciais)
Tema 10. Unións de elementos de madeira (1 hora presencial e 2 horas non presenciais)
Tema 11. Encolado da madeira (1 hora presencial e 2 horas non presenciais)
Tema 12. Operacións de acabado da madeira (1 hora presencial e 2 horas non presenciais)
Temas prácticos asociados ós anteriores:
Tema 3. Fabricación de mobles. Práctica de campo: visita a fábrica de mobles de cociña (3 horas presenciais e 4 horas non presenciais)
Tema 4. Revestimentos de madeira para paredes e teitos. Recoñecemento de materiais (3 horas presenciais e 1 hora non presencial)
Tema 5. Solos de madeira. Recoñecemento de materiais e como práctica de campo unha visita a dúas fábricas de solos (6 horas presenciais e 1 hora non presencial)
Tema 7. Construción de ventás de madeira. Recoñecemento de materiais (1 hora presencial e 1 hora non presencial)
Tema 9. Fabricación de elementos estruturais de madeira laminada. Recoñecemento de materiais e resolución de casos numéricos de dimensionamento (5 horas presenciais e 6 horas non presenciais)
Bibliografía básica
Arriaga Martitegui, F. 1994. Guía de la madera: un manual de referencia para el uso de la madera en arquitectura, construcción, el diseño y la decoración. AITIM, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Jackson, A.; Day, D. 1993. Manual completo de la madera, la carpintería y la ebanistería. Ediciones del Prado, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria e versión dixital en https://www.academia.edu/33269971/Manual_Completo_De_La_Madera_La_Carpi….
Nutsch, W. 1992. Tecnología de la madera y mueble. Reverté, Barcelona. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Peraza Sánchez, J. E. 2001. Carpintería: puertas, ventanas, escaleras. AITIM, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Vignote Peña, S.; Martínez Rojas, I. 2006. Tecnología de la madera. Mundiprensa, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Bibliografía complementaria
AENOR. 2022. UNE-EN 14080:2022. Estructuras de madera. Madera laminada encolada y madera maciza encolada. Requisitos. AENOR, Madrid. Dispoñible en versión dixital na Biblioteca Universitaria.
Faherty, K. F.; Williamson, T. G. 1995. Wood engineering and construction handbook. McGraw-Hill, Nova York. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
González-Prieto, Ó.; Luengo Cuadrado, E.; Peraza Sánchez, J. E. 2020. Cómo se fabrican los productos de la madera Tomo II. AITIM, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
González-Prieto, Ó.; Peraza Sánchez, J. E.; Rojas, E. 2021. Cómo se fabrican los productos de la madera Tomo IV. AITIM, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Peraza Sánchez, J. E.; González-Prieto, Ó.; Miranda, J. M. 2021. Cómo se fabrican los productos de la madera Tomo III. AITIM, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Serra Hamilton, A. 1988. Carpintería de madera. Escuela de Edificación, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Nesta materia o alumno vai adquirir ou practicar unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e outras específicas, propias da enxeñería en xeral ou da enxeñería forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación trabállanse as seguintes.
Competencias básicas:
(CB1) Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
(CB2) Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
(CB3) Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
(CB4) Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias xerais:
(CG 11) Capacidade para caracterizar as propiedades anatómicas e tecnolóxicas das materias primas forestais madeirables e non madeirables, así como as tecnoloxías e industrias destas materias primas.
(CG14) Capacidade para entender, interpretar e adoptar os avances científicos no campo forestal, para desenvolver e transferir tecnoloxía e para traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais:
(CT1) Capacidade de análise e síntese.
(CT2) Capacidade para o razoamento e a argumentación.
(CT3) Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
(CT4) Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
(CT5) Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
(CT6) Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
(CT8) Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
(CT10) Utilización de información bibliográfica e de Internet.
(CT11) Utilización de información en lingua estranxeira.
(CT12) Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
(CETEIF2) Subministración de materias primas na industria forestal. Esta competencia adquírese cursando as materias seguintes: “Industrias de primeira transformación da madeira”, “Industrias da celulosa e do papel”, “Protección, conservación e construción en madeira” e “Industrias de segunda transformación da madeira”.
(CETEIF3) Coñecemento dos principios básicos dos procesos de primeira e segunda transformación da madeira. Esta competencia adquírese cursando as materias seguintes: “Industrias de primeira transformación da madeira”, “Industrias da celulosa e do papel”, “Protección, conservación e construción en madeira” e “Industrias de segunda transformación da madeira”.
(CETEIF4) Coñecementos para o cálculo e deseño de instalacións de carpintería, secado, descortizado e trituración da madeira. Esta competencia adquírese cursando as materias seguintes: “Industrias de primeira transformación da madeira”, “Protección, conservación e construción en madeira” e “Industrias de segunda transformación da madeira”.
A docencia presencial teórica desenvolverase mediante clases expositivas na aula (exposicións orais co apoio frecuente do encerado clásico e proxección de imaxes en PowerPoint). A docencia presencial tamén incluirá clases prácticas para recoñecemento de produtos, visitas a instalacións de fabricación así como seminarios interactivos na aula para a resolución de problemas numéricos e supostos prácticos.
Días antes de cada clase expositiva poñerase á disposición dos alumnos copia en formato dixital de todo o material que se vaia proxectar na aula.
Como prácticas de campo está previsto realizar dúas viaxes para coñecer instalacións de fabricación de produtos de segunda transformación da madeira.
É obrigatoria a asistencia a todas as sesión docentes que veñen de describirse.
Existen titorías presenciais na aula, nas que o alumno (individualmente ou en grupos reducidos) ten a oportunidade de recibir ensino por parte do profesor nos aspectos da materia que o alumno considere. As titorías tamén poden ser atendidas por correo electrónico ou por teléfono.
Nas clases expositivas trabállanse as seguintes competencias básicas, transversais e específicas: CB1, CT1, CT2, CT6, CETEIF2, CETEIF3 e CETEIF4.
Nas clases prácticas e seminarios interactivos trabállanse as seguintes competencias básicas, xerais e transversais: CB2, CG11, CT3, CT4, CT5, CT11 e CT12.
Nas prácticas de campo trabállanse as seguintes competencias básicas, xerais, transversais e específicas: CB2, CB3, CB4, CG11, CG14, CT12, CETEIF2, CETEIF3 e CETEIF4.
Nas titorías trabállanse as seguintes competencias básicas e transversais: CB3, CB4, CT2, CT8, CT10 e CT12.
Para aprobar a materia hai que superar un exame final escrito, para o cal hai dúas oportunidades oficiais no curso. O exame será presencial e incluirá preguntas curtas así como a discusión e resolución de supostos prácticos. Incluiranse algunhas preguntas sobre as prácticas de campo realizadas.
Nas probas de exame escritas avalíanse as seguintes competencias básicas, xerais, transversais e específicas: CB1, CB2, CB3, CG11, CT1, CT2, CT3, CT6, CT8, CT12, CETEIF2, CETEIF3 e CETEIF4.
As datas dos exames finais serán fixadas pola Dirección do Centro e son inamovibles para todos os alumnos matriculados na materia (artigo 4.3 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
Durante os exames non se fará uso de ningún tipo de documentación, agás a que proporcione o profesor. Non serán necesarias as calculadoras programables, se ben o seu uso está permitido. Non se pode levar teléfono móbil aos exames. O alumno deberá acudir aos exames debidamente documentado mediante DNI, pasaporte ou carné de conducir.
Entrega de traballos. Ao longo do curso propoñeranse diversos casos prácticos sinxelos por vía telemática, de carácter voluntario e a resolver por escrito na casa, en torno aos contidos que se estean a impartir en cada momento. Algún dos casos prácticos basearase no uso de documentación en inglés. A puntuación destes traballos será a seguinte: traballo ben resolto 10 puntos sobre 10, traballo regular 5 puntos sobre 10, traballo mal realizado 1 punto sobre 10 e traballo non presentado 0 puntos sobre 10. Para os alumnos que se acollan a este sistema de traballos (a entregar ó profesor en papel ou por vía telemática) a cualificación media obtida nestes representará o 30 % da cualificación final da materia e o 70 % restante corresponderá ao exame final escrito. Para os alumnos que non se acollan a este sistema de traballos o 100 % da cualificación final da materia será o resultado obtido no exame final escrito. A cualificación do exame será sobre 10 puntos, e para superalo será preciso alcanzar polo menos unha cualificación de 5 puntos. Se un alumno non presenta ningún dos traballos propostos enténdese que renuncia á avaliación continua (traballos e exames), có cal a súa cualificación basearase sómente no resultado do exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e outras probas que formen parte da avaliación será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
Nos traballos entregados avalíanse as seguintes competencias básicas, xerais, transversais e específicas: CB1, CB2, CB3, CG11, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT8, CT10, CT11, CT12, CETEIF2, CETEIF3 e CETEIF4.
As competencias CB4 e CG14 serán traballadas pero non avaliadas. No caso dos alumnos que non realicen avaliación continua as competencias CT4, CT5, CT10 e CT11 serán traballadas pero non avaliadas.
O sistema de avaliación será o mesmo na oportunidade ordinaria e na oportunidade extraordinaria de recuperación.
O sistema de avaliación para os alumnos repetidores será o mesmo que para o resto.
Para os alumnos con dispensa de asistencia a clase o sistema de avaliación será o mesmo, coa excepción de que non serán avaliados sobre o contido das prácticas de campo.
Ademais do tempo de asistencia ás clases, considérase necesaria unha dedicación de 2,5 horas semanais de estudo persoal para superar a materia.
Convén comezar a fase final de estudo con antelación dabondo respecto da data das probas de avaliación para evitar problemas de última hora.
Recoméndase a asistencia a clase, tomando os apuntamentos necesarios, pois trátase dunha materia na que para a plena comprensión de moitos conceptos convén a atención directa ás explicacións do profesor.
Para completar contidos e afianzar a aprendizaxe é desexable o manexo, polo menos, da bibliografía recomendada.
Así mesmo, é necesario o estudo regular ao longo do curso dos apuntamentos tomados na clase, xunto coa análise das presentacións que serven de apoio e máis o repaso dos exercicios presentados na aula.
Guillermo Riesco Muñoz
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- guillermo.riesco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade