Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras completar a mateia o estudiante debe ser capaz de:
• Entender os principios da termodinámica e súas aplicacións en Química
• Demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas con as áreas da Química
• Resolver problemas cualitativos e cuantitativos según modelos previamente desenrolados. Interpretar os datos procedentes da observacións e medidas nel laboratorio en términos das teorías e modelos existentes para o estudio da reacción química
Tema 1. Primeiro principio da termodinámica.
Conceptos básicos. Principio cero da Termodinámica. Primeiro principio da Termodinámica. Calor. Traballo. Capacidade calorífica. Definición de entalpía.
Tema 2. Segundo e terceiro principios da termodinámica.
Proceso espontáneo. Definición termodinámica da entropía. Segundo principio. Cálculo da variación de entropía en procesos típicos. Terceiro principio. Orixe de entropías.
Tema 3. Funciones termodinámicas.
Condicións xerais de equilibrio e espontaneidade. As enerxías de Gibbs e Helmholtz. Enerxía de Gibbs estándar de reacción. Relacións termodinámicas para un sistema en equilibrio. Dependencia da enerxía de Gibbs coa presión e temperatura. Potencial químico. Magnitudes molares parciais.
Tema 4. Equilibrio químico.
Introducción. Constante de equilibrio e aplicación a gases ideais. Resposta do equilibrio as distintas condicións. Equilibrio heteroxéneo.
Tema 5. Equilibrio de fases en sistemas dun compoñente.
Definicións. A regra das fases. Diagrama de fase e aplicación a sistemas dun compoñente. Tres típicos diagramas de fase. A estabilidade das fases. Transicións de fase.
Tema 6. Disolucións.
Introducción. Termodinámica de mesturas. Disolucións ideais. Disolucións diluídas ideais. Funcións de exceso. Propiedades coligativas. Disolucións reais. Actividade. Disolucións iónicas.
Tema 7. Equilibrio de fases en sistemas de dous compoñentes.
Introducción. Diagrama de presión de vapor. Diagrama temperatura-composición. Diagrama de fase líquido-líquido. Diagrama de fase sólido-líquido.
Programa de Prácticas:
Práctica 1. Volume Molar Parcial dunha mestura Binaria.
Práctica 2. Diagrama de fases sólido-líquido dun sistema binario.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
• P.Atkins and J. de Paula, Química Física, 8ª Edición, Oxford U.P. 2008. Dispoñible en formato electrónico no catálogo da BUSC.
• P.Atkins and J. de Paula, Physical Chemistry, 8th Edition, Oxford U.P. 2006.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
• I.N. Levine, Fisicoquímica Volumen 1, 5ª Edición, 2004, MacGraw-Hill Inc./ Interamericana de España, S.A.U, 2004. Dispoñible en formato electrónico no catálogo da BUSC.
• J.A. Rodríguez Renuncio, J.J. Ruiz Sánchez y J.S. Urieta, Termodinámica Química, 2ª Ed. Síntesis, 2000.
• T. Engel y P. Reid, Química Física 8ª Ed. Pearson, Addison-Weley, 2006.
• T. Engel y P. Reid, Thermodynamics, Statistical Thermodynamics & Kinetics, 3ª Ed. Pearson, 2013.
• M. C. Buján Núñez, Problemas de termodinámica para estudiantes de química, Universidade de Santiago, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2018.
• J.A. Rodríguez Renuncio, J.J. Ruiz Sánchez y J.S. Urieta, Problemas resueltos de Termodinámica Química. Síntesis, 2000.
• P.W. Atkins, Students Solutions Manual for Physical Chemistry, 6th Edition, Oxford U.P. 1998.
• M. Del Barrio Casado, E. Bravo Guil, F. J. Lana Pons, D. O López Pérez, J. Salud Puig, J. L. Tamarit Mur, Problemas resueltos de Termodinámica Química Thomson, 2005.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1. Que os graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Química, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG3. Que poidan aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4. Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1. Capacidade de análise e síntese.
CT4. Resolución de problemas.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE5. Principios de termodinámica e as súas aplicacións en Química.
CE13. Capacidade para demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE14. Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE20. Interpretación de datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en términos da súa significación e das teorías que a sustentan.
A) Clases expositivas en grupo grande:
Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/o exemplos xerais, directrices xerais da materia…). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na Guía Docente da materia. A asistencia a estas clases é recomendable.
B) Clases interactivas en grupo reducido:
Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O alumno debe participar activamente nestas clases. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
C) Clases prácticas de laboratorio:
Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade é moito mais reducido. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenrolo da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando o mesmo día ou na próxima sesión os resultados nun informe. Para ter dereito á avaliación continua os alumnos han de entregar os informes de prácticas cumprimentados. Ó final das prácticas realizarase un exame dos contidos. A asistencia a estas clases e ó exame é obrigatoria.
D) Titorías de encerado en grupo moi reducido:
Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por semestre e materia. Proporanse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaracións de dubidas sobre teoría ou prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
A materia dispón de Aula Virtual no Campus Virtual da USC.
Tanto para a convocatoria ordinaria como para a extraordinaria a avaliación consistirá en dous partes:
Avaliación continua (40%), que consta a súa vez de:
- Prácticas laboratorio: exame das prácticas (10%). Para ter polo menos un apto en prácticas os alumnos han de entregar os informes de laboratorio cumprimentados e superar no exame unhas preguntas sobre coñecementos mínimos das mesmas.
- Exames de avaliación continua (30%)
Exame final (60%). O exame final incluirá:
- unha parte que consistirá en cuestións sobre conceptos básicos da materia e resolución de problemas numéricos (esixirase uns coñecementos mínimos tanto nas cuestións como nos problemas). Esta parte corresponde ao 85% da nota do exame.
- unha segunda parte en que se exporán cuestións relacionadas coas prácticas de laboratorio (15% da nota do exame).
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida promediandoa coa avaliación continua (sempre que o alumno teña un apto en prácticas). A nota de prácticas conta por tanto un total de 1.5 sobre 10. Para aprobar terán que sacar como mínimo 0.5.
Todo o anterior tamén é aplicable aos alumnos repetidores, salvo no caso das prácticas, que só terán que repetir aqueles alumnos que non estean aprobados (gardarase o aprobado só durante dous cursos académicos). Con todo, os alumnos repetidores tamén están obrigados a realizar os exames de prácticas.
Se o alumno non asiste polo menos ao 60% das clases de seminarios e titorías non terá dereito a avaliación continua.
A asistencia a todas as prácticas é obrigatoria, así como a entrega dos traballos que o profesor indique para esta actividade. A non asistencia ou a falta de entrega dos traballos correspondentes supoñen automaticamente un suspenso na materia. En caso de non poder asistir, por causa xustificada, no grupo correspondente tentarase a realización noutro grupo (aviso previo/previo aviso ao profesor).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de Competencias:
Clases de seminario: CG1, CG3, CG4, CT1, CT4, CE5, CE13, CE14
Prácticas de laboratorio: CG1, CG3, CG4, CT1, CT4, CE5, CE20
Clases de Titoría: CG1, CG3, CG4, CT4, CE5, CE13, CE14
Exame final: CG1, CG3, CT1, CT4, CE5, CE13, CE14
Traballo presencial na aula:
- Clases expositivas en grupo grande (23 horas)
- Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios) (10 horas)
- Prácticas de laboratorio (20 horas)
- Titorías en grupo moi reducido (2 horas)
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio (55 horas)
Traballo persoal do alumno
- Estudio autónomo, individual ou en grupo (46 horas)
- Resolución de exercicios, ou outros traballos (22 horas)
- Presentación de presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos. Actividades en biblioteca ou semellante (10 horas)
- Preparación do traballo de laboratorio (17 horas)
Total horas traballo persoal do alumno (95 horas)
• É aconsellable asistir ás clases expositivas.
• É importante manter o estudio da materia “ao día”.
• A resolución de problemas é fundamental para o aprendizaxe desta materia.
REQUISITOS PREVIOS
Dado que esta materia require coñecementos importantes de Matemáticas e Física, recoméndase ter aprobadas as materias de Matemáticas e Física de primeiro curso así como a Química Xeral II.
Jose Ramon Leis Fidalgo
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814222
- Correo electrónico
- joseramon.leis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Carmen Bujan Nuñez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814228
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.bujan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Emilio Martinez Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814223
- Correo electrónico
- emilio.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Omar Rodriguez Lopez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- omar.rodriguez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Marie Curie
Tiago Filipe Mendes Ferreira
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- tiago.mendes.ferreira [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
16.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
16.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
30.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
30.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |