Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Unha vez cursada a materia Química Xeral II, espérase que o alumnado sexa capaz de:
• Coñecer os distintos estados da materia e as teorías que os describen.
• Comprender os conceptos principais da termodinámica e aplicalos ao estudo das reaccións químicas e as disolucións.
• Entender a estequiometría das reaccións químicas e coñecer os fundamentos da cinética química.
• Resolver problemas relacionados cos contidos da materia: estequiometría, estados de agregación da materia, disolucións, termodinámica química e cinética química.
• Tema 1. Medida das Propiedades da Materia
Medida das propiedades da materia: unidades SI. Incerteza nas medidas científicas. Cifras significativas.
• Tema 2. As Reaccións Químicas
As reaccións químicas e a ecuación química. A ecuación química e a estequiometría. As reaccións químicas en disolución. Concentración dunha disolución. Determinación do reactivo limitante. Outros aspectos básicos da estequiometría da reacción. O avance da reacción.
• Tema 3. Gases
Propiedades dos gases: presión do gas. As leis elementais dos gases. Combinación das leis dos gases: ecuación dos gases ideais e ecuación xeral dos gases. Aplicacións da ecuación dos gases ideais. Os gases nas reaccións químicas. Mesturas de gases. Gases non ideais (reais).
• Tema 4. Termoquímica
Termos básicos en termoquímica. Calor. Calores de reacción e calorimetría. Traballo. O primeiro principio da termodinámica. Calores de reacción: DU e DH. Determinación indirecta de DH: lei de Hess. Entalpías de formación estándar.
• Tema 5. Líquidos e Sólidos
Algunhas propiedades dos líquidos. Vaporización dos líquidos. Presión de vapor. Algunhas propiedades dos sólidos. Diagramas de fase.
• Tema 6. As Disolucións e as súas Propiedades Físicas
Tipos de disolucións: termos utilizados. Forzas intermoleculares e procesos de disolución. Formación da disolución e equilibrio. Solubilidade dos gases. Presión de vapor das disolucións. Presión osmótica. Descenso do punto de conxelación e elevación do punto de ebulición das disolucións de non electrolitos. Disolucións de electrolitos.
• Tema 7. Cinética Química
A velocidade dunha reacción química. Medidas de velocidades de reacción. Dependencia das velocidades de reacción coa concentración. Ecuación de velocidade. Reacción de orde cero. Reaccións de primeira orde. Reaccións de segunda orde. Modelos teóricos da cinética química. Dependencia das velocidades de reacción coa temperatura. Catálisis.
Programa de prácticas:
• Práctica 1. Densidade: Determinación do Contido en Azucre de Refrescos Comerciais.
• Práctica 2. Termoquímica: Estudo da Química das Bebidas “Autoquentables”.
Básica (manual de referencia):
• R. H. Petrucci, F. G. Herring, J. D. Madura, C. Bissonnette, Química Xeral, 11ª ed.; Pearson Educación, 2017. Dispoñible en formato electrónico no catálogo da BUSC.
Complementaria:
• A. Sánchez Coronilla, Resolución de Problemas de Química, Secretariado de Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 2008. Libro recomendable para aqueles alumnos con dificultades para realizar cálculos estequiométricos.
• R. Chang, K. A. Goldsby, Química, 11ª ed.; McGraw-Hill Educación, 2015.
• P. Atkins y L. Jones, Principios de Química. Los caminos del descubrimiento, 5ª ed.; Editorial Médica Panamericana, 2012.
Competencias básicas e xerais:
CB1 – Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG1 – Que os graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Química, con perspectiva histórica do seu desenrolo.
CG2 – Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou de outros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 – Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
Competencias transversais:
CT1 – Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT10 – Adquirir razoamento crítico.
CT16 – Desenvolver a motivación pola calidade.
Competencias específicas:
CE3 – Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.
CE5 – Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química.
CE13 – Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE18- Ser capaz de levar a cabo procedementos estándar de laboratorio implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
CE20. Ser capaz de interpretar datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en termos da súa significación e das teorías que a sustentan.
CE22 – Comprender a relación entre teoría e experimentación.
A asistencia a clase é obrigatoria con carácter xeral e a ausencia terá consecuencias negativas na cualificación da avaliación continua.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia …). Estas clases seguirán os contidos do manual de referencia proposto na Guía Docente da materia.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… Nalgún dos seminarios programados realizaranse exercicios de avaliación, cuxa nota terase en conta para a avaliación do alumno.
C) Clases prácticas de laboratorio: Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade é moito máis reducido. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas lendo atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan.
As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia, sempre que a ausencia estea debidamente xustificada. As ausencias non xustificadas suporán un NON APTO nas prácticas de laboratorio.
D) Titorías de pizarra en grupo moi reducido: Os alumnos asisten a 2 titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. Nelas propóñense actividades como a resolución de problemas integrados e a aclaración de dúbidas sobre os contidos teóricos e prácticos. Nestas clases poderanse realizar exercicios de avaliación.
1. A avaliación desta materia consistirá en dúas partes:
1.1. Avaliación continua (40 %), que poderá constar á súa vez de:
• Traballo nos seminarios e titorías (30 %)
• Prácticas laboratorio (10 %)
1.2. Exame final (60 %)
2. A avaliación das clases de seminario e titoría basearase nos resultados das probas de avaliación escritas realizadas ao longo do cuadrimestre. A non asistencia a algunha destas clases obrigatorias suporá unha cualificación de cero nas actividades de avaliación realizadas durante esa clase.
3. Os estudantes deberán acadar un APTO nas prácticas de laboratorio para superar a materia. Para obter a cualificación de APTO, os estudantes deberán de asistir a todas as prácticas, executar os experimentos correctamente, e elaborar un diario de laboratorio. A cualificación das prácticas levarase a cabo realizando unha proba final.
4. O exame consistirá nun conxunto de problemas/cuestións que verifiquen as competencias do alumno. Os contidos esenciais da materia son:
- A ecuación química e a estequiometría.
- Concentración dunha disolución.
- Determinación do reactivo limitante.
- Ecuación dos gases ideais e ecuación xeral dos gases.
- Os gases nas reaccións químicas.
- Gases non ideais (reais).
5. A nota final será o resultado de aplicar a fórmula:
Nota final = máximo(0,4 × N1+ 0,6 × N2, N2)
onde:
N1 = nota numérica da avaliación continua
N2 = nota numérica do exame final
6. Aos estudantes repetidores da materia que teñan APTO nas prácticas de laboratorio, conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas, pero deberán responder á parte de prácticas do exame final. Ademais, deberán asistir ás clases interactivas restantes.
7. Os restantes estudantes repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases interactivas e mesmo sistema de avaliación que os alumnos matriculados por primeira vez.
Avaliación de competencias
clases de seminario: CG1, CE3, CE5, CE13, CE22
prácticas de laboratorio: CB1, CG2, CG3, CE18, CE20, CE22, CT1, CT10, CT16
clases de titorías: CG1, CE13, CE22, CT10
exame final: CB1, CG1, CE3, CE5, CE13, CE22
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial na aula
• Clases expositivas en grupo grande (23 horas)
• Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios) (11 horas)
• Prácticas de laboratorio (16 horas)
• Titorías en grupo moi reducido (2 horas)
• Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio (52 horas)
Traballo persoal do alumno
• Estudo autónomo, individual ou en grupo (46 horas)
• Resolución de exercicios, ou outros traballos (30 horas)
• Preparación de presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos, actividades en biblioteca ou similar (10 horas)
• Preparación do traballo de laboratorio (12 horas)
• Total horas traballo persoal do alumno (98 horas)
• É aconsellable asistir ás clases expositivas.
• É importante manter o estudo da materia “ao día”.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben lembrar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, tentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
A materia dispoñerá dunha Aula Virtual no Campus Virtual da USC ao dispor do alumnado.
Atenderanse as consultas personalizadas dos alumnos no horario de titorías do profesor publicado ao comezo do curso académico.
Luis Garcia Rio
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881815712
- Correo electrónico
- luis.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Del Carmen Rios Rodriguez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814404
- Correo electrónico
- carmen.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Rios Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814210
- Correo electrónico
- anamaria.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
18.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
18.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |