Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer a variación das propiedades dos elementos metálicos segundo a súa posición na táboa periódica
- Coñecer as propiedades químicas dos compostos inorgánicos derivados de elementos metálicos
- Coñecer os principais tipos de reaccións químicas relacionadas con compostos metálicos
- Realizar procedementos habituais nun laboratorio de química inorgánica
Tema 1. Introdución aos elementos metálicos e á metalurxia
Tema 2. Metais do grupo 1
Tema 3. Metais do grupo 2
Tema 4. Metais do grupo 4
Tema 5. Metais do grupo 5
Tema 6. Metais do grupo 6
Tema 7. Metais do grupo 7
Tema 8. Metais do grupo 8
Tema 9. Metais do grupo 9
Tema 10. Metais do grupo 10
Tema 11. Metais do grupo 11
Tema 12. Metais do grupo 12
Tema 13. Metais do bloque p
Tema 14. Metais do grupo 3 e metais do bloque f
Programa de clases prácticas:
Práctica 1. Alume potásico a partir de aluminio metal
Práctica 2. Cobre por cementación
Práctica 3. Combinacións osixenadas de cobre e a súa reactividade
Práctica 4. Aluminotermia: obtención de ferro metálico
Práctica 5. Estudo da reactividade dos metais dos grupos principais e de transición
1. Básica (Manual de referencia)
- J. D. Lee, Concise Inorganic Chemistry, 5º Ed., Wiley-Blackwell, Oxford, 1996.
2. Complementaria
- C. E. Housecroft, A. G. Sharpe, Química Inorgánica, 2ª Ed., Prentice Hall, Madrid 2006.
- N. N. Greenwood, A. Earnshaw, Chemistry of the Elements, 2ª Ed., Butterworth-Heinemann, Oxford, 1997.
- R.H. Petrucci, W.S. Harwood, F.G. Herring, Química General, 10ª ed.; Prentice Hall, 2011.
En caso de non acceso á biblioteca, no link https://infolibros.org/libros-de-quimica-inorganica-gratis-pdf/ pódese descargar o libro de C. E. Housecroft, A. G. Sharpe, en inglés (Inorganic Chemistry) de xeito gratuito. Neste link tamén existen libros de química xeral para aquel alumnado con dificultades en conceptos básicos de redox (axustes incluídos) e ácido-base.
1. Competencias xerais
CG2- Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou de outros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3- Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca dos seus solucións, tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4- Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química, tanto a un público especializado como non especializado.
CG5- Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica o tecnolóxica.
2. Competencias transversais
CT1- Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2- Desenvolver capacidade de organización e planificación.
CT3- Adquirir coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT4- Ser capaz de resolver problemas.
CT5- Ser capaz de tomar decisións.
3. Competencias específicas (saber, saber facer ou ser capaz de)
CE4- Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
CE6- Adquirir coñecementos dos elementos químicos e os seus compostos. Obtención, estrutura e reactividade.
CE15- Ser capaz de recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
CE18- Ser capaz de levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
CE23- Recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
1. Clases expositivas en grupo grande.
Lección maxistral impartida polo profesor sobre os aspectos máis relevantes da materia. Na clase maxistral seguirase, en todos os temas posibles, un esquema xeral, co obxecto de que o alumnado aprenda unha liña de razoamento que lle permita poder asimilar os coñecementos e non convertan a materia nun puro exercicio memorístico. Nestas sesións farase especial fincapé nos aspectos máis fundamentais e/ou de difícil comprensión. A asistencia a estas clases non é obrigatoria.
2. Clases interactivas en grupo reducido.
Clases teórico/prácticas concibidas como un conxunto de actividades nas que o alumnado debe participar de forma directa. Nelas pódense resolver dúbidas sobre calquera aspecto ou dificultade relacionada coa materia. Pero, principalmente, estarán encamiñadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas que, previamente, serán entregados ao alumnado, e que permitirán a este determinar o grao de aproveitamento do traballo persoal levado a cabo. As cuestións versarán sobre os aspectos máis relevantes e de difícil comprensión do temario, permitindo ao alumnado determinar ata que punto afondou en cada tema e o asimilou de modo correcto.
Nos seminarios tamén se tratará de fomentar a participación colectiva na resolución de problemas, contribuíndo deste modo a que o alumnado fale en grupo. Así, as cuestións serán resoltas polo alumnado, actuando o profesor como mero orientador ou puntualizador daquelas cuestións que o alumnado en xeral non sexa capaz de dirimir.
3. Clases prácticas de laboratorio
Nestas clases o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química inorgánica e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumnado disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar. Este constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumnado deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contido deste manual. Ao comezar cada sesión de prácticas, o alumnado deberá demostrar que entende o traballo que vai a realizar no laboratorio. Posteriormente realizarase a parte experimental no laboratorio, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan. Os resultados, así como as respostas ás preguntas plantexadas nos guións, serán avaliados. También poderán ser avaliados os coñecementos adquiridos mediante un exame escrito. .
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente. As prácticas non realizadas recuperaranse, a ser posible, de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
4. Titorías en grupo moi reducido
Titorías programadas e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán 2 horas por cuatrimestre e asignatura. Estas titorías están encamiñadas a resolver dúbidas sobre teoría ou as prácticas, pero tamén se poden plantexar problemas ou exercicios a resolver de forma individual ou en pequenos grupos de traballo.
Sistema de avaliación:
1. A asistencia ó 100% das clases prácticas de laboratorio é obrigatoria.
As prácticas de laboratorio non realizadas intentarán recuperarse, na medida do posible, de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia. As ausencias deberán estar debidamente documentadas.
2. A asistencia ás clases de seminarios e titorías é obrigatoria para ter dereito á avaliación continua. Será preciso asistir ao menos a un 80% de ditas clases para que a avaliación continua sexa valorada.
3. A avaliación consistirá en dúas partes:
3.1. Avaliación continua, que poderá constar a súa vez de:
i. Exercicios entregados ao profesor e/ou exercicios realizados nos seminarios (Ex_sem)
ii. Prácticas laboratorio (Pract)
3.2. Exame final (EF)
4. Cada subapartado do apartado 3 contabilizará para a nota final do alumno da seguinte maneira:
Ex_sem 20%
Pract 15%
EF 65%
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua. No caso de que o alumno non teña dereito á avaliación continua, a súa nota será a do exame final (100%). No exame final poderase esixir unha puntuación mínima en bloques de contidos fundamentais para poder superar a materia. Tamén poderá haber preguntas eliminatorias, que de non ser correctamente contestadas impedirán aprobar a materia. En calquera caso, para poder superar a materia, a nota no exame non poderá ser inferior a un 4 sobre 10.
5. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes:
• Organización e pulcritude no laboratorio
• Execución da práctica
• Cuestións dos guións
• Posibilidade de proba escrita sobre os contidos prácticos
Non será posible superar a materia se non se superaron as prácticas de laboratorio.
6. Os alumnos repetidores que superaran a parte práctica da materia en anos anteriores, conservaraselles a nota de prácticas por un máximo de 3 cursos académicos (incluido o curso no que se superaron as prácticas) e terán a opción de non repetir as prácticas de laboratorio nese período.
7. Avaliación de competencias
Clases seminarios: CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT3, CT4, CT5, CE4, CE6, CE15, CE23
Clases prácticas de laboratorio: CG2, CG3, CG4, CG5, CT2, CT3, CT4, CT5, CE4, CE6, CE15, CE18, CE23
Exame final: CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT4, CT5, CE4, CE6, CE15, CE23
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas de avaliación será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas en grupo grande: 23 horas
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios): 8 horas
Titorías en grupo moi reducido: 2 horas
Prácticas de laboratorio: 20 horas
Total horas traballo presencial na aula o no laboratorio: 53 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
Estudo autónomo individual ou en grupo: 58 horas
Resolución de exercicios, ou outros traballos: 24 horas
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria de prácticas: 15 horas
Total horas traballo persoal do alumno: 97 horas
- É aconsellable asistir ás clases expositivas.
- É importante manter o estudo da materia ao día.
- Unha vez finalizada a lectura dun tema, aconséllase facer un resumo atendendo a: estados de oxidación máis estables, principais características químicas dos compostos, racionalizadas en función do estado de oxidación do metal e estrutura do composto, tipo de reaccións a que poden dar lugar.
- A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Iso axuda a adquirir un modo de pensar propio do Químico Inorgánico, que o leve a sistematizar os coñecementos adquiridos, racionalizando as propiedades e reactividade dos compostos sobre a base da súa estrutura.
- É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
Recomendacións de cara á avaliación:
O alumnado debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumnado para afrontar o exame final da materia. Aquel alumnado que encontre dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben de acudir nas horas de titoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver as devanditas dificultades.
Recomendacións de cara á recuperación:
O profesor analizará con aquel alumnado que non supere con éxito o proceso de avaliación, e así o desexe, as dificultades encontradas na aprendizaxe dos contidos da materia.
Maria Matilde Fondo Busto
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814231
- Correo electrónico
- matilde.fondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Garcia Santos
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814956
- Correo electrónico
- isabel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Vazquez Lopez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881815736
- Correo electrónico
- miguel.vazquez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De Fatima Lucio Martinez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- mariadefatima.lucio.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Irene Vázquez Carballo
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- irenevazquez.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula Química Técnica (planta baixa) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Matemáticas (3º andar) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Matemáticas (3º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula Química Técnica (planta baixa) |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula Química Técnica (planta baixa) |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Matemáticas (3º andar) |
28.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
28.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |