Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer os elementos básicos e o funcionamento das principais vías de sinalización celular que levan á activación de biomoléculas e o seu papel a nivel celular, tecido e no organismo.
• Coñecer tamén os elementos e mecanismos moleculares básicos que controlan globalmente o fluxo metabólico no organismo.
• Comprender os elementos e mecanismos básicos que participan na expresión xénica e o seu papel na función celular e no desenvolvemento dos organismos.
• Comprender os principais elementos e mecanismos que definen o destino da célula: supervivencia, a través da división, proliferación e diferenciación, fronte á morte celular.
Temas das clases teóricas (28h)
1. Sinalización celular (12 h)
2. Regulación e integración do metabolismo (5 h)
3. Regulación da expresión xénica (8 h)
4. Bioquímica da división, proliferación, diferenciación
e morte celular (3 h)
Clases interactivas (seminarios, 6h)
Manual de referencia:
Nelson, David L. y Cox, Michael M. 2019. Lehninger Principios de Bioquímica. Séptima edición. Editorial Omega.
Bibliografía Complementaria:
• Alberts, B. y col. 2016. Biología Molecular de la Célula. Sexta edición, Editorial Omega.
• Voet D., Voet J. G. y Pratt C. W. 2016. Fundamentos de bioquímica: La vida a nivel molecular. Cuarta edición, Editorial Médica Panamericana.
• Berg, J.M., Tymoczko, J.L., Gatto, G.J.Jr y Stryer, L. 2019. Biochemistry. Novena edición. Editorial W.H. Freeman and Compnay.
• McKee T. y McKee, James R. 2014. Bioquímica: Las bases Moleculares de la vida. Quinta edición, Editorial McGraw-Hill-Interamericana. Séptima edición., 2020/ [en línea], https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=19…
• Mathews, C., Van Holde, K.E., Appling, D.R. y Anthony-Cahill, S.J., 2013. Bioquímica. Cuarta edición. Editorial Pearson.
• Rodwell, V.W., Bender, D.A., Botham, K.M., Kennelly, P.J. y Weil, P.A., 2018. Harper Bioquímica ilustrada. 31ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Disponible “on line”: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=27…
• Bhagavan, N.V., Chung Eun-Ha. 2015. Essentials of Biochemistry. With Clinical classes. 2nd edition. Academic Press. Disponible “on line”: https://www.sciencedirect.com/book/9780124166875/essentials-of-medical-…
• Meissenberg, G., Simmons, W.H. 2018. Principios de Bioquímica Médica. 4ª edición. Elsevier España, S.L.U. Disponible “on line”: https://www.clinicalkey.com/student/content/toc/3-s2.0-C20170026563
• Lodish H., y col. 2016 Biología Celular y Molecular. Séptima edición. Editorial Panamericana.
• Feduchi E. y col, 2020. Bioquímica. Conceptos esenciales. Tercera edición. Editorial Médica Panamericana.
BÁSICAS E XERAIS
• CG2 - Que sean capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas, tecnolóxicas ou doutro tipo que requiran o uso do coñecemento da química.
• CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e abstracción na definición e abordaxe de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
• CG4 - Que teñan a capacidade de comunicar, tanto por escrito como oralmente, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química a un público especializado e non especializado.
• CG5 - Que son capaces de estudar e aprender de forma autónoma, coa organización do tempo e dos recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
• CT6 - Realizar traballo en equipo.
• CT8 - Ser capaz de traballar nun contexto internacional.
• CT9 - Habilidades nas relacións interpersoais.
• CT10 - Razoamento crítico.
• CT11 - Compromiso ético.
ESPECÍFICAS
• CE4 - Principais tipos de reaccións químicas e as súas principais características asociadas.
• CE11 - Relación entre propiedades macroscópicas e propiedades de átomos e moléculas individuais: incluídas macromoléculas (naturais e sintéticas), polímeros, coloides e outros materiais.
• CE12 - Estrutura e reactividade das principais clases de biomoléculas e a química dos principais procesos biolóxicos.
• CE13 - Capacidade para demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos, conceptos, principios e teorías esenciais relacionados coas áreas da Química.
• CE16 - Avaliación, interpretación e síntese e datos e información química.
Clases maxistrais presenciais:
• Coa axuda de proxeccións para a presentación dos contidos do programa teórico. Disporán previamente do material de uso nas clases.
Seminarios presenciais nos que:
• Poranse en marcha cuestionarios en liña para responder uns individualmente e outros en equipo.
• Resolveranse e debateranse exercicios e problemas ou preguntas de boletín previamente dispoñibles a través da Aula Virtual, que serán avaliados e contribuirán á avaliación continua.
Titorías en grupos moi reducidos onde se resolverán as posibles dúbidas plantexadas polo alumnado.
• Haberá 4 controis presenciais por escrito, un ao final de cada tema, cada un de aproximadamente 10 preguntas tipo test e 2 preguntas de resposta curta.
Contarán con cuestionarios para a súa autoavaliación en liña a través da Aula Virtual.
• Exame final, que constará de 20 preguntas tipo test e 6 preguntas de reposta curta.
Avaliación mediante:
1) Avaliación continua: cualificacións das participacións na resolución dos exercicios e preguntas dos seminarios e dos 4 controis, cun valor total de 4 puntos na nota final, 1 punto por cada un dos temas.
2) Exame final da oportunidade ordinaria, cun valor de 6 puntos.
Se a suma dos puntos obtidos en 1) e 2) é igual ou superior a 5, a materia queda superada.
O alumnado que non supere a materia na oportunidade ordinaria manterá a cualificación da avaliación continua e poderá optar á oportunidade de recuperación (mediante exame final) similar á da oportunidade ordinaria.
En calquera das oportunidades a cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoo coa avaliación continua.
Ao longo do curso avalíanse as seguintes habilidades:
Clases interactivas: CG2, CG3, CG4, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11, CE13, CE16.
Controis de avaliación continua e exame final: CG4, CG5, CT10, CE4, CE11, CE12, CE13 e CE16.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa para a avaliación do rendemento académico do alumnado e a revisión das cualificacións”.
Traballo na aula 38,5 horas:
Clases maxistrais 28 h
Clases interactivas (seminarios) 6 h
Titorías de 2h
Exame e revisión 2,5h
Traballo persoal do alumno 74h
• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Participación nas clases correspondentes, respondendo oralmente, por escrito ou a través de dispositivos móbiles en liña ás cuestións/preguntas, exercicios e/ou tarefas propostas polo profesor.
• Realizar resumos/esquemas ou guións que sintetizan o contido importante de cada un dos temas, procurando combinar e relacionar os distintos aspectos que se explican.
• Realizar probas de autoavaliación de comprensión de contidos. O alumno disporá de cuestionarios en liña vía Moodle a través da Aula Virtual de cada un dos temas para a súa propia autoavaliación.
• Actualizar a materia e utilizar as titorías para resolver dúbidas.
Maria Lourdes Dominguez Gerpe
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- ml.dominguez.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |