Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer as características diferenciais, morfolóxicas e estruturais dos virus.
Coñecer a diversidade xenética e funcional dos principais grupos de virus.
Coñecer os mecanismos de patogenicidad e os principais virus patógenos.
Coñecer as técnicas empregadas en laboratorio para o seu estudo, e aplicacións destes.
TEMARIO DE TEORÍA
TEMA 1. Concepto e desenvolvemento histórico da viroloxía.
TEMA 2. Estrutura dos virus.
TEMA 3. Taxonomía vírica.
TEMA 4. O ciclo de multiplicación dos virus.
TEMA 5. Interacción virus-célula.
TEMA 6. Cultivo dos virus.
TEMA 7. Principais virus patógenos.
TEMA 8. Axentes subvirales. Viroides e Priones.
TEMA 9. Aplicacións biotecnolóxicas dos virus.
PRACTICAS DE LABORATORIO
PRÁCTICA 1. Cultivo de virus.
PRÁCTICA 2. Detección de bacteriófagos.
PRÁCTICA 3. Técnicas inmunológicas para a detección de virus.
PRÁCTICA 4. Técnicas xenéticas para a detección de virus.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-Cann, A.J., 2009. Principios de virología molecular. Zaragoza: Acribia.
-Carter, J.B. and Saunders, V., 2013. Virology: principles and applications. 2nd ed.Chichester, WS: John Wiley & Sons.
-Flint, S.J., Enquist, L.W., Krug, R.M., Racaniello, V.R. and Skalka, A.M., 2000.Principles of virology: molecular biology, pathogenesis, and control. Washington,DC: ASM Press.
-Flint, S.J., Racaniello, V.R., Rall, G.F. and Skalka, A.M., 2015. Principles of virology.4th ed. 2 vol. Washington, DC: ASM Press.
RECURSOS WEB
-Editorial WileyPortal Viralzone. https://viralzone.expasy.org/
-Portal This week in Virology. https://www.microbe.tv/
-ICTV (International Commitee for Taxonomy of Virus). https://ictv.global/
-The Big Picture Book of Viruses. http://www.virology.net/Big_Virology/BVHostList.html
RESULTADOS DA APRENDIZAXE
1. TIPO: Competencias
Comp06 -Desenvolver a capacidade de aprender de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
Comp07 -Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e da comunicación.
2. TIPO: Coñecementos ou contidos
Con05 -Coñecer e interpretar a diversidade do mundo microbiano, o metabolismo, a fisioloxía e a xenética que regula as súas funcións.
Con07 -Coñecer e interpretar a estrutura, organización, transmisión, expresión, regulación e evolución do material xenético.
Con10 -Adquirir coñecementos e distinguir as distintas aplicacións dos principais métodos experimentais e de instrumentación.
3. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D06 -Analizar e avaliar de forma crítica os marcadores xenéticos, moleculares e bioquímicos asociados ás diferentes patoloxías e trazos de interese.
H/D11 -Establecer os principais problemas e aplicacións actuais no campo da Viroloxía.
H/D07 -Deseñar e executar as técnicas inmunoquímicas e interpretar os resultados.
CLASE MAXISTRAL. A docencia expositiva realizarase a través de clases maxistrais (30h), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia axudándose dos medios audiovisuais e materiais necesarios. Incentivarase a participación do alumno co método de ESTUDIO PREVIO a través de preguntas o pequenos supostos. Resultados da aprendizaxe: Con05, Con07, Comp06.
PRÁCTICAS LABORATORIO. As prácticas da materia (15h), son de carácter obrigatorio. Están orientadas a que o estudante adquira habilidades e destrezas prácticas en relación coa bioseguridade, manexo de equipos e técnicas microbiológicas necesarias para o estudo dos virus. Resultados da aprendizaxe: Comp06, Con05, Con10, H/D06, H/D07.
SEMINARIO. Os seminarios (3h), de asistencia obrigatoria, nos que se desenvolverán temas complementarios que o profesor propoñerá aos alumnos ao comezo da materia, e que elaborarán en grupos. O traballo do grupo será tutelado polo profesor. A exposición (presentación oral) dos temas desenvolverase a modo de debate en forma de “mesa redonda”.
As titorías (3h) teñen como obxecto orientar ao alumno nas diferentes actividades da materia, fundamentalmente para o enfoque da actividade en grupo e exposición de seminarios.
A comunicación e tarefas de docencia realizarase a través o Campus Virtual da USC. O curso virtual permite aos alumnos matriculados na materia acceder a todos os contidos impartidos polo profesor, así como dispoñer de información relativa á materia, programas, horarios, seminarios, titorías e tarefa.
A avaliación realizarase mediante un exame final que representa o 70% e unha avaliación continua que representará o 30% restante.
A cualificación final do alumno considerará tanto o resultado do exame como de todas as actividades realizadas: a asistencia e participación nas clases maxistrais, a asistencia e participación nas prácticas de laboratorio e o traballo en grupo nos seminarios.
O sistema de avaliación consta dos seguintes apartados:
EXAME: Ata 7,0 puntos (Con05, Con07, Con10)
AVALIACIÓN CONTINUA: Ata 3,0 puntos:
1. Asistencia e participación en clases expositivas e prácticas: Ata 1,0 puntos.
Valorarase a asistencia, participación en clases expositivas e resolución de cuestionarios destinados a afianzar o coñecemento acerca da organización e función dos sistemas biolóxicos nos niveis celular e molecular (Con05, Con07), a diversidade e estratexias de replicación dos virus, así como os principais problemas e aplicacións actuais no campo da Viroloxía (Con10). Valorarase a capacidade para traballar de forma adecuada nun laboratorio aplicando as normas de seguridade e a capacidade de aplicar os coñecementos á práctica (Comp06, H/D06, H/D07).
2. Realización e presentación de traballos nas sesións de seminarios: Ata 2,0 puntos.
Valorarase a capacidade para traballar en equipo, para buscar, analizar e xestionar a información proveniente de fontes diversas e para aplicar os coñecementos á práctica . Así mesmo, valorarase a capacidade para a comunicación oral (exposición e debate) e escrita (memorias do traballo) (Comp07, Con10, H/D11)
-Para superar a materia é imprescindible asistir ás sesións prácticas de laboratorio.
-Para superar a materia é imprescindible obter unha cualificación mínima en todos os apartados: exame escrito (4 puntos) e avaliación continua (1 punto).
MOI IMPORTANTE:
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Horas de clases presenciais e de traballo do alumno (non presenciais).
Docencia EXPOSITIVA:
Horas totais: 99
Presencialidad: 30% = 30 horas
Non presenciais 70% = 69 horas
Docencia INTERACTIVA PRÁCTICAS:
Horas totais: 30
Presencialidad: 50% = 15 horas
Non presenciais 50% = 15 horas
Docencia INTERACTIVA SEMINARIOS:
Horas totais: 9
Presencialidad: 33% = 3 horas
Non presenciais 66% = 6 horas
TITORÍAS EN GRUPOS REDUCIDOS:
Horas totais: 12
Presencialidad: 33% = 3 horas
Non presenciais 66% = 9 horas
TOTAL
Horas totais: 150
Horas presenciais: 51
Horas non presenciais: 99
Consultar regularmente a información subida á Aula Virtual, a asistencia e realización das tarefas que contribúen á avaliación continua.
Soamente os alumnos que non realicen ningunha actividade durante o curso serán cualificados con “Non Presentado”.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade, castelán e galego.
Titorías INDIVIDUALES: nos despachos do Pavillón I, 2ª planta da Facultade de Veterinaria (previo acordo de día e hora por correo electrónico).
Azucena Del Carmen Mora Gutierrez
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- azucena.mora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Vanesa Garcia Menendez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- vanesag.menendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Leticia Carballeira Campa
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- leticia.carballeira.campa [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
16.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
16.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
09.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
09.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |