Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Describir a relación entre a Termodinámica e a Cinética.
- Identificar os fundamentos da Termodinámica Química e aplicalos á resolución de problemas e casos sinxelos de interese en Bioquímica.
- Identificar os fundamentos da Cinética Química e da Catálise e aplicalos á resolución de problemas e casos sinxelos de interese en Bioquímica.
Teoría:
- Termodinámica química:
Termodinámica versus Cinética.
Funcións termodinámicas.
Termoquímica.
Equilibrio químico.
Bioenerxética.
Solucións diluídas ideais e ideais; Propiedades coligativas.
- Cinética química:
Conceptos básicos. Lei de velocidade.
Dependencia da velocidade coa temperatura.
Mecanismos de reacción e reaccións complexas.
Catálise. Catálise ácido-base.
Prácticas:
- Experimentos de laboratorio relacionados cos contidos teóricos da materia.
• R. Chang y J. Overby, Química, Trad.: R. Álvarez, A. Montes, I. Rosado, R. J. Castro y E. I. Parés, McGraw-Hill, México, 2020
• P. W. Atkins y J. de Paula, Physical Chemistry for the Life Sciences, Oxford University Press, Oxford, 2011.
• R. Chang, Physical chemistry for the biosciences, University Science Books, 2005. Versión española: Fisicoquímica para las ciencias químicas y biológicas, Trad. R. Zugazagoitia, A. Rojas et al., MacGraw-Hill, México, 2008.
Comp01 - Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións.
Comp06 -Desenvolver a capacidade de aprender de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
Con02 - Recoñecer as bases físicas, químicas, matemáticas e estatísticas dos procesos biolóxicos.
H/D01 - Aplicar adecuadamente as ferramentas físicas, químicas, matemáticas e estatísticas ao estudo dos procesos biolóxicos.
CLASES EXPOSITIVAS:
Nas clases expositivas explicaranse os temas do programa e resolveranse cuestións e problemas relacionados con eles, a disposición do alumnado con tempo suficiente para que os traballen.
SEMINARIOS:
Resolución de exercicios non resoltos nas clases expositivas e de actividades propostas na aula virtual. O alumno participa activamente nestas clases e o seu traballo é valorado dentro da avaliación continua.
TITORIAS:
Estas clases serven para orientar ao alumno en todas as súas tarefas (estudo, actividades propostas,...) así como para tratar aspectos fundamentais para a resolución de problemas e análise de datos experimentais das sesións prácticas de laboratorio.
PRÁCTICAS:
As prácticas son sesións de traballo experimental no laboratorio nas que o alumnado adquire as habilidades básicas dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases teóricas. O alumnado deberá acudir ao laboratorio coñecendo as tarefas a realizar e os conceptos teóricos relacionados, para o que disporá previamente do material docente correspondente.
ASISTENCIA:
A asistencia ás prácticas de laboratorio e ás titorías é obrigatoria salvo causa excepcional debidamente xustificada. As ausencias deberán acreditarse documentalmente, aceptando exames e motivos de saúde, así como aqueles supostos contemplados na normativa universitaria vixente.
Por cada falta non xustificada ás prácticas de laboratorio restaranse 0,5 puntos da nota final da materia. Por cada falta non xustificada ás titorías restaranse 0,2 puntos á nota final da materia.
AVALIACIÓN DO ESTUDANTE:
A cualificación de aprobado implica unha nota final de 5 sobre 10, avaliando os seguintes aspectos.
• Proba escrita realizada ao final do cuadrimestre consistente en preguntas e resolución numérica de problemas. Para o seu cómputo deberá obterse unha nota de 4 sobre 10, aportando un 60% á nota final, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Competencias avaliadas: Comp01, Comp06, Con02, H/D01.
• Avaliación continua correspondente ás actividades propostas na aula virtual e á participación do alumno nos seminarios. Contribución: 20%, e a cualificación obtida tamén se aplicaría na segunda oportunidade.
Competencias avaliadas: Comp01, Comp06, Con02, H/D01.
• Prácticas de laboratorio, onde se avaliarán os cadernos de laboratorio, así como a participación (interese, habilidades, comprensión,...) nelas. É necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 para aprobar a materia. A súa contribución é do 20% da nota final, e o seu valor aplicaríase nunha segunda oportunidade se é o caso.
Competencias avaliadas: Comp01, Comp06, Con02, H/D01.
Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión da cualificación.
Avaliación en segunda convocatoria e posterior:
As notas da avaliación continua e do exame non se gardan para as convocatorias posteriores; só se garda a nota das prácticas de laboratorio se é superior ou igual a 5 sobre 10 e durante un máximo de dous cursos académicos máis.
As 51 horas presenciais desta materia máis 4 horas de exames complétanse con 95 horas de traballo persoal para acadar 6 créditos ECTS, distribuíndose do seguinte xeito:
67 horas de estudo autónomo, resolución de problemas e realización de actividades propostas.
9 horas de traballo individual para os seminarios.
9 horas de traballo para titorías.
10 horas de preparación teórica, análise de datos e elaboración do caderno correspondente ás prácticas de laboratorio.
- Estudo continuo ao ritmo das exposicións teóricas.
- A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
- Imprescindible preparar as prácticas antes de entrar no laboratorio.
Maria De La Merced Novo Rodriguez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- m.novo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Angel Meijide Del Rio
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 982824083
- Correo electrónico
- francisco.meijide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Wajih Al-Soufi
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 982824114
- Correo electrónico
- wajih.al-soufi [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Diego Cora Calvo
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- diego.cora.calvo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
Xoves | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
29.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
29.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |