Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 15 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A asignatura de Nutrición, no contexto do grado de Bioquímica, ten como obxectivo principal que o alumno alcance coñecementos básicos sobre:
1. O metabolismo e balance enerxético humano
2. Os nutrientes, as necesidades diarias, a súa indispoñibilidade e usos nas diferentes etapas da vida
3. Aspectos cualitativos e cuantitativos dos alimentos.
4. Interpretación e manexo das bases de datos e táboas de composición de alimentos.
Teoría:
Presentación da materia.
1.- Nutrición humana
2.- Nutrientes.
3.- Metabolismo enerxético.
4.- Recomendacións nutricionais no ciclo vital humano.
5.- Bromatoloxía. Aspectos legais dos alimentos.
Seminarios: - Os alumnos realizarán traballos en grupo que terán como temas aspectos relacionados con este
materia e que deben presentar oralmente.
- Seminarios con expertos en Nutrición Humana (según dispoñibilidade).
Programa de prácticas:
1.- Etiquetaxe dos alimentos. Aspectos lexislativos da alimentación.
2.- Análise e caracterización de compoñentes bioactivos dos alimentos.
Lectura e interpretación dos resultados.
Preguntas sobre prácticas: os alumnos entregarán os resultados do grupo e responderán individualmente
cuestións relacionadas con prácticas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
•BENYON, S.(1998). Lo esencial en metabolismo y nutrición. Cursos Crash de Mosby. Harcourt Brace España. Madrid.
•CERVERA, P.; CLAPER, J. y RIGOLFAS, R. (1999). Alimentación y dietoterapia. McGraw-Hill Interamericana de España, SAU. Madrid.
•CONSEJO GENERAL DEL COLEGIOS OFICIALES DE FARMACEUTICOS. (1993). Nutrición y dietética. Aspectos sanitarios. Tomos I y II. C.O.F. Madrid.
•KATHLEEN MAHAN,L. And SYLVIA SCOOT-STUMP.(1998). 9ª edición.Nutrición y Dietoterapia de krause. McGraw – Hill Interamerica.
•MATAIX, F.J.; MAÑAS, M.; MARTÍNEZ DE VICTORIA, E.; LLOPIS, J. (1992). Tablas de composición de alimentos españoles. Instituto de Nutrición y Tecnología de Alimentos. Universidad de Granada
•A.Sastre y M. Hernández Rodríguez. (1999). Tratado de Nutrición. Díaz de Santos. Zaragoza
•L. Serra, J. Aranzeta, J.Mataix. (1995). Guías alimentarias para la población española. Documento de consenso. SENC. SG editores. Barcelona
•MATAIX, J. (2002). Nutriciión y alimentación humana. TRATADO DE NUTRICIÓN I y II. Ed. Ergon. Barcelona
•Gil. A. Tratado de Nutrición.
•J. Mataix. Ergon 2000. Nutrición y alimentación humana.
•J.E. Brown. Nutrición en las diferentes etapas de la vida.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
•Sociedad Española de Nutrición Básica y aplicada https://www.sennutricion.org/es/inicio
•Organización Mundial de la Salud https://www.who.int/es
•Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición www.aesan.msc.es
•Sociedad Española de Nutrición Comunitaria SENC www.nutricioncomunitaria.con
•Federación Española de Sociedad de Nutrición, Alimentación y Dietéticawww.fesnad.org
•Asociación Española de Diplomados Enfermería de Nutrición y Dietética www.adenyd.org
•Asociación Española de Dietistas y Nutricionistas www.aedn.es
•Sociedad Española de Dietética y Ciencias de la Alimentación www.sedca.org
Con02: Recoñecer as bases físicas, químicas, matemáticas e estatísticas dos procesos biolóxicos.
Con05: Coñecer e interpretar a diversidade do mundo microbiano, o metabolismo, a fisioloxía e a xenética que
regula as súas funcións.
Con06: Coñecer en profundidade os principais procesos fisiolóxicos e metabólicos dos organismos
pluricelulares, así como identificar e explicar as bases moleculares e a regulación destes procesos.
H/D06: Analizar e valorar criticamente os marcadores xenéticos, moleculares e bioquímicos asociados
diferentes patoloxías e trazos de interese.
H/D10: Avaliar as necesidades nutricionais do organismo humano en todas as etapas da vida.
H/D13: Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridos nas distintas materias da titulación para
analizar unha situación ou concepto complexo e buscar unha forma de resolvelo.
Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e
análise que permita tomar decisións.
Comp05: Colaborar en equipos interdisciplinares en calquera ámbito de traballo, a partir do coñecemento da
medio ambiente e normativa legal vixente.
As clases expositivas, os seminarios así como as prácticas levaranse a cabo de xeito presencial nos horarios e lugares indicados no calendario do Grado de Bioquímica.
Todo o ensino apoiarase na plataforma Campus Virtual que ten a USC e na cal todos os alumnos matriculados na materia terán acceso. Na plataforma, na sección de Nutrición poderanse localizar anuncios, material de contido e adicional, bibliografía, lexislacións, e guías para a realización das tarefas. Así mesmo, farase uso da aplicación Teams naqueles casos que o profesor considere oportuno.
As clases expositivas serán impartidas no aula de xeito presencial empregando presentacións audiovisuais e outros materiais de apoio.
Os seminarios consistirán na exposición por parte do alumno dun tema de actualidade proposto polo profesor. O profesor expoñerá varios temas e o alumno deberá de elixir un deles para expoñer en clase.
Realización de titorías, para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse titorías a través do foro do Campus Virtual, mediante a aplicación Teams, mediante correo electrónico ou con reunións presenciais previamente acordadas.
A avaliación do alumno realizarase tendo en conta a avaliación continua (30% da clasificación final) e o exame final (70% da cualificación final), o alumno deberá superar o exame final para sumar a nota de avaliación continua:
1. Na avaliación continua inclúese a avaliación do alumno nas clases expositivas, seminarios e prácticas:
* Avaliación do estudante en clases expositivas (5% da cualificación final) valorarase a actitude do alumno (puntualidade, uso de dispositivos móbiles,...), asistencia e participación en clase, realización de test e traballos propostos polo profesor
* Avaliación de seminarios (10% da cualificación final) valorarase a actitude do alumno (puntualidade, uso de dispositivos móbiles, ordenador, tableta ou móbil,....), asistencia e participación. Da exposición do tema terase en conta aspecto tales como: Organización da presentación, actitude, puntualidade, capacidade para responder ás preguntas e capacidade crítica.
* Avaliación das prácticas (15% da cualificación final). A asistencia a prácticas e a entrega do caderno de prácticas É OBRIGATORIA PARA SUPERAR A MATERIA. Valorarase a actitude do alumno (puntualidade, uso de dispositivos móbiles ordenador, tableta ou móbil, ..) e participación.
Os alumnos deberán entregar o caderno de prácticas trala finalización das prácticas da materia, a través de ferramenta do campus virtual. Deberase entregar un caderno de prácticas ben organizado, presentable e lexible.
Competencias avaliadas:
Con02: Recoñecer as bases físicas, químicas, matemáticas e estatísticas dos procesos biolóxicos.
Con05: Coñecer e interpretar a diversidade do mundo microbiano, o metabolismo, a fisioloxía e a xenética que
regula as súas funcións.
Con06: Coñecer en profundidade os principais procesos fisiolóxicos e metabólicos dos organismos
pluricelulares, así como identificar e explicar as bases moleculares e a regulación destes procesos.
H/D06: Analizar e valorar criticamente os marcadores xenéticos, moleculares e bioquímicos asociados
diferentes patoloxías e trazos de interese.
H/D10: Avaliar as necesidades nutricionais do organismo humano en todas as etapas da vida.
H/D13: Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridos nas distintas materias da titulación para
analizar unha situación ou concepto complexo e buscar unha forma de resolvelo.
Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e
análise que permita tomar decisións.
Comp05: Colaborar en equipos interdisciplinares en calquera ámbito de traballo, a partir do coñecemento da
medio ambiente e normativa legal vixente.
2. Avaliación do exame final (70% da cualificación final). O exame constará de preguntas curtas e/ou tipo test de resposta simple ou múltiple. O alumno deberá obter unha PUNTUACIÓN SUPERIOR AO 50% da máxima nota posible do exame para que dita puntuación sexa tida en conta na cualificación final da materia.
Con02: Recoñecer as bases físicas, químicas, matemáticas e estatísticas dos procesos biolóxicos.
Con05: Coñecer e interpretar a diversidade do mundo microbiano, o metabolismo, a fisioloxía e a xenética que
regula as súas funcións.
Con06: Coñecer en profundidade os principais procesos fisiolóxicos e metabólicos dos organismos
pluricelulares, así como identificar e explicar as bases moleculares e a regulación destes procesos.
H/D06: Analizar e valorar criticamente os marcadores xenéticos, moleculares e bioquímicos asociados
diferentes patoloxías e trazos de interese.
H/D10: Avaliar as necesidades nutricionais do organismo humano en todas as etapas da vida.
H/D13: Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridos nas distintas materias da titulación para
analizar unha situación ou concepto complexo e buscar unha forma de resolvelo.
Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e
análise que permita tomar decisións.
Na SEGUNDA OPORTUNIDADE manterase a valoración alcanzada na avaliación continua. Manterase dun curso ao seguinte a valoración conseguida na avaliación continua do curso anterior (clases prácticas, seminarios, clases expositivas), non se poderá subir nota parcialmente dalgunhas partes da avaliación continua.
Para os casos de REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS Ou PROBAS será de aplicación o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións
A asignatura consta de 6 ECT, é dicir, 150 horas de traballo do estudante.
Estas horas contemplan todas as actividades do alumno que se distribúen do seguinte xeito:
Clase Expositiva: 33 horas
Clases Interactivas 15 horas (3 horas de seminarios e 12 de prácticas)
Tutorías de grupo: 3 horas
Traballo do Alumno/a: 99 horas
*Mostrar atención e interese durante a asistencia ás clases presenciais.
*Realización de esquemas e resumos: entendelos e memorizalos.
*Ler, entender e complementar o material de clase coa bibliografía indicada.
*Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
*O alumno deberá saber consultar e manexar a lexislación vixente
*Aterse durante a revisión de exames ás actividades ás que o alumno ten dereito segundo a normativa de avaliación do rendemento académico e das cualificacións.
*Para coñecer a nota de avaliación continua, si o alumno deséxao, pode facelo antes do exame final exclusivamente de xeito presencial solicitándoo previamente ao profesor coordinador da materia.
A materia impártese nas dúas linguas oficiais da comunidade autónoma (galego e castelán), con posibilidade de comunicación ocasional en inglés ou francés para alumnado que o necesite
Cristina Asuncion Fente Sampayo
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- cristina.fente [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alberto Cepeda Sáez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822410
- Correo electrónico
- alberto.cepeda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Beatriz Isabel Vázquez Belda
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822405
- Correo electrónico
- beatriz.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Patricia Regal López
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822484
- Correo electrónico
- patricia.regal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alejandra Cardelle Cobas
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- alejandra.cardelle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Nerea Gonzalez Rodriguez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- nerea.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
21.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
21.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
13.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
13.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |