Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Capacidade para a procura e ordenación da información
- Capacidade para a planificación e control de recursos e actividades
- Capacidade para a procura de alternativas de financiación para acometer proxectos
- Coñecer os aspectos legais relacionados con patentes, a propiedade industrial e intelectual.
Os contidos da materia organízanse nos temas que se desenvolven a continuación, os cales integran os aspectos recollidos na memoria do título.
Contidos teóricos:
Tema 1 - Os Proxectos de Investigación (3 horas)
- Indagación en investigación científica
- O proxecto de investigación e a súa planificación
- Financiación de proxectos de investigación
Tema 2 - Deseño de proxectos (3 horas)
- A actividade profesional
- Definición e características dun proxecto
- Proxecto e produto
- Fases do ciclo dun proxecto
Tema 3 - Introdución a dirección de proxectos (3 horas)
- Fundamentos da dirección de proxectos
- Técnicas e metodoloxías para a dirección de proxectos
- A metodoloxía PM2
Tema 4 – Alcance (3 horas)
- Definicións e técnicas para a xestión do alcance
- Alcance do proxecto e alcance do produto
- Estrutura de desagregación de tarefas e entregables
Tema 5 – Xestión de tempos, custes e recursos do proxecto (3 horas)
- Definicións e técnicas para a xestión e seguimento de tempos, custes e recursos
- Recursos humanos.
Tema 6 – Xestión de riscos e oportunidades (3 horas)
- Definicións e técnicas para a xestión de riscos e oportunidades
- Estratexias de resposta o risco
- Riscos en proxectos de investigación
Tema 7 – Xestión de Calidade (3 horas)
- Definicións e técnicas para a xestión da calidade
- Calidade dos resultados de proxectos de investigación: produción científica, patentes, propiedade industrial e intelectual
Tema 8 – Xestión de comunicacións (3 horas)
- O proceso de comunicación
- Definicións e técnicas para a xestión de comunicacións
Seminario en grupo e prácticas:
Nos seminarios en grupo expoñeranse as principais ferramentas e técnicas empregadas no ámbito da dirección de proxectos. Concretamente, as técnicas serán as seguintes (os códigos correspóndense cos empregados na metodoloxía PM2 para a dirección de proxectos): C1_PESTEL, C2_Facer ou Comprar, C3_MII, C4_Matrices probabilidade impacto, C5_Estrutura de Desagregación de Tarefas, C6_Estrutura de Desagregación de Entregables, C7_ Estimación de Esforzos e Custes, C8_ Estimación por tres puntos, C9_Árbores de decisión, C10_Cronograma, C11_Nivelación de recursos, C12_Gantt, C13_Camiño Crítico, C14_Cadea Crítica, C15_Xestión Valor Gando, C16 Análises Pareto, C17_Leccións aprendidas, DAFO e Análise multicriterio. As técnicas e ferramentas presentadas serán usadas polos alumnos nas sesións prácticas.
Os contidos prácticos traballaranse mediante o uso dos artefactos para a dirección de proxectos de PM2. As prácticas consistirán na elaboración dun plan para a dirección dun proxecto mediante o uso dos artefactos da metodoloxía PM2. Concretamente, os artefactos que se traballasen na materia serán: 01_Solicitude de Inicio de Proxecto, 02_Caso de Negocio, 03_Acta de Constitución do Proxecto, 04_Manual do Proxecto, 05_Matriz de Partes Interesadas, 06_Plan de Traballo do Proxecto, 07_Plan de Externalización, 08_Plan de Aceptación de Entregables, 09_Plan de Transición, 10_Plan de Implementación no Negocio, 11_Plan de Xestión de Requisitos, 12_Plan de Xestión de Cambios, 13_Plan de Xestión de Riscos, 14_Plan de Xestión de Incidencias, 15_Plan de Xestión de Calidade, 16_Plan de Xestión da Comunicación, 23_Rexistro de Riscos, 24_Rexistro de Incidencias, 25_Rexistro de Decisións e 26_Rexistro de Cambios.
Básica:
- PMI 2018. A guide to the project management body of knowledge. Project Management Institute. (PMBOK guide). Pensylvania. ISBN 9781628253900.
- European Commission, Directorate-General for Informatics, Metodología de gestión de proyectos PM² : guía 3.0.1, Publications Office of the European Union, 2021, https://data.europa.eu/doi/10.2799/78438. ISBN 978-92-76-31381-6
Recomendada:
- Stellman, A., & Greene, J. 2014. Learning agile: Understanding scrum, XP, lean, and kanban. " O'Reilly Media, Inc."
- https://www.aec.es/web/guest/centro-conocimiento/norma-iso-21500
- https://www.ipma.world/
- https://www.aeipro.com/es/
- https://agile-spain.org/
Nesta materia o alumno adquirirá una serie de coñecementos a través dos contidos específicos, así como unha serie de habilidades e destrezas, e porá en práctica unha serie de competencias específicas respecto o deseño e xestión de proxectos.
No referente aos coñecementos e contidos, traballaráse:
• Con11 - Interpretar adecuadamente o marco institucional e legal no ámbito empresarial, protección da propiedade intelectual
e aspectos industriais, éticos e bioéticos, etc. TIPO: Coñecemento ou contido.
No referente as habilidades e destrezas, traballaránse as seguintes:
• H/D13 - Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridos nas distintas materias da titulación para analizar unha
situación ou concepto complexo e atopar unha forma de resolvelo. TIPO: Habilidades ou destrezas.
No referente as competencias, traballaránse as seguintes:
• Comp01 - Desenvolver a capacidade para organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que
permitirche tomar decisións. TIPO: Competencias.
• Comp02 - Desenvolver a capacidade de liderado que lle permita ofrecer solucións oportunas e creativas en situacións profesionais
complexo. TIPO: Competencias.
24 horas de clases maxistrais nas que se traballarán as competencias: Con11, H/D13, Comp01, Comp02.
12 horas de seminarios consistentes en estudos de caso, foros de discusión y prácticas en aula de informática, nos que se traballarán as competencias: Con11, H/D13, Comp01, Comp02.
12 horas de prácticas relacionadas cos contidos da materia consistentes na elaboración de un portafolio/dossier, a realizar polo alumnado en pequenos grupos de 5 persoas, asistidos polo profesor, nas que se traballarán as competencias: Con11, H/D13, Comp01, Comp02.
3 horas de titorías individuais e grupais para complementar os contidos teóricos e prácticos, nas que se traballarán as competencias: Con11, H/D13, Comp01, Comp02.
O sistema de avaliación consistirá nunha proba escrita na que se avaliarán contidos teóricos e prácticos, que supoñerá un 50% do total da nota final, e nun traballo de curso consistente nun plan para a dirección dun proxecto, que supoñerá un 50% da nota final. Tanto na proba escrita como no traballo de curso avaliaranse as competencias: Con11, H/D13, Comp01 e Comp02.
A proba escrita poderá ser de preguntas cortas, resolución de problemas ou tipo test. O traballo de curso realizarase en grupos de alumnos, e consistirá nun plan para a dirección dun proxecto en base a metodoloxía PM2. A avaliación do traballo de curso realizarase en base a: 1) a participación de cada un dos alumnos no traballo grupal durante o desenvolvemento das prácticas, 2) as presentacións realizadas por cada grupo sobre o traballo realizado en distintas fases do desenvolvemento do plan para a dirección do proxecto, e 3) os entregables do plan para a dirección do proxecto. Aos alumnos con dispensa faráselles un prorrateo do % correspondente a participación entre o resto dos elementos a evaliar.
Para superar a materia é necesario obter unha nota superior a 5 puntos en cada un dos dous apartados en todas as convocatorias. Para a avaliación da segunda oportunidade conservarase a cualificación do traballo do curso ou do exame. Para os casos de realización fraudulenta do exercicio ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións”
Lectura e preparación de temas: 12 horas
Preparación previa das prácticas, seminarios e traballo posterior sobre as mesmas: 24 horas
Elaboración de traballos de curso: 36 horas
Preparación de probas de avaliación: 27 horas
Total de horas de estudo e traballo persoal: 99 horas
Asistencia a todas as clases expositivas e interactivas de seminario e prácticas. Lectura da bibliografía referente a próxima clase conforme as indicacións do profesor. Consultar dúbidas durante o desenvolvemento da clase correspondente ou en titorías. Repaso da materia explicada en clase e elaboración dunha síntese esquemática (diario de clases expositivas).
Os idiomas da docencia son castelán e galego.
A cualificación da 2ª oportunidade realizarase en base aos resultados obtidos nun exame final similar ao feito na 1ª oportunidade da convocatoria correspondente e as valoracións obtidas nos demais apartados obxecto de cualificación (prácticas, traballos, avaliación continua) que se conservarán nas dúas oportunidades de cada convocatoria.
Soamente os alumnos que non realizasen ningunha actividade durante o curso serán cualificados con “Non Presentado”.
Carlos Amiama Ares
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- carlos.amiama [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Emilio Rafael Diaz Varela
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- emilio.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
César Pérez Cruzado
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Joel Rodriguez Ruiz
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- joel.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Oscar Lopez Alvarez
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- oscarlopez.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Yago Lestido Cardama
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- yago.lestido.cardama [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
23.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
23.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |