Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 15 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Resolver como se produce o desenvolvemento prenatal e os principais factores que poden alteralo.
2. Distinguir entre coñecementos básicos sobre a composición, organización morfológica e funcional dun xerme, un embrión e un feto.
3. Identificar os procesos que conducen á formación de cada un dos órganos e sistemas do animal adulto.
4. Identificar as principais malformacións congénitas e os fallos de desenvolvemento que conduciron á súa aparición.
5. Aplicar a terminología básica en Bioloxía do desenvolvemento, aprendendo a describir con precisión e corrección as estruturas e procesos celulares.
6. Identificar as estruturas típicas do período prenatal en cortes seriados de embriones e fetos con axuda dunha lupa binocular ou un microscopio óptico.
TEORIA:
1. Historia da embrioloxía: Feitos relevantes e avances no campo da embrioloxía ao longo da historia. Científicos destacados e descubrimentos clave.
2. Gametoxénese: Formación e diferenciación dos gametos masculinos e femininos.
3. Fecundación: Mecanismos de recoñecemento, fusión de gametos e formación do cigoto.
4. Desenvolvemento temprano: Segmentación do embrión, formación da mórula e do blastocisto.
5. Implantación: Adhesión do blastocisto ao endometrio uterino e formación do sincitiotrofoblasto.
6. Placentación: Desenvolvemento da placenta e transferencia de nutrientes e gases entre o embrión e a nai.
7. Neurulación: Formación do tubo neural a partir do ectodermo, incluíndo a indución e migración das células neurais, formación das vesículas cerebrais e da medula espinal.
8. Crestas neurais: Orixe, migración e diferenciación das células das crestas neurais e a súa contribución á formación de diferentes tecidos e estruturas no embrión.
9. Modelos de desenvolvemento temprano: a) Ourizo do mar: Fecundación externa, segmentación radial e desenvolvemento larvar. b) Nematodos: Caenorhabditis elegans. c) Insectos: Drosophila melanogaster. d) Peixes: Fecundación externa ou interna, segmentación discoidal e formación de larvas ou ovos. e) Aves: Fecundación interna, segmentación discoidal parcial, formación do blastoderma e desenvolvemento do ovo. f) Mamíferos: Fecundación interna, segmentación holoblástica, implantación e desenvolvemento placentario.
10. Período fetal: Principais etapas e eventos do desenvolvemento embrionario no útero materno.
11. Técnicas de manipulación embrionaria: a) Clonación: Métodos de clonación somática e reproductiva. b) Técnicas modernas: Edición xenética e manipulación de embrións.
e aplicación destas técnicas.
PRÁCTICAS:
1. Estudo microscópico de seccións representativas das diferentes etapas do desenvolvemento embrionario:
• Preparación de mostras de embrións de distintas etapas.
• Técnicas de inclusión, corte, tinción e montaxe de seccións histolóxicas.
• Observación microscópica das seccións para identificar características morfolóxicas e eventos clave no desenvolvemento embrionario.
2. Realización no laboratorio dos procedementos de inclusión, corte, tinción e montaxe de preparacións histolóxicas de embrións de diversas especies:
• Preparación de mostras de embrións de diferentes especies.
• Procedementos de inclusión en parafina, corte de seccións histolóxicas finas con microtomo de rotación, deslizamento e vibratomo.
• Tinción das seccións con colorantes específicos para resaltar as estruturas e tecidos.
• Montaxe das seccións en portaobjetos e cubreobjetos para a súa observación microscópica.
3. Realización de técnicas de inmunohistoquímica para a detección de marcadores de expresión temprana no desenvolvemento embrionario fetal:
• Preparación de mostras de tecidos embrionarios e fetais.
• Bloqueo de sitios de unión non específicos.
• Incubación con anticorpos primarios específicos para os marcadores de interese.
• Lavado e detección dos anticorpos mediante técnicas de marcaxe, como a inmunofluorescencia ou a peroxidase.
4. Técnicas de lectinas na histoquímica:
• Preparación de mostras de tecidos embrionarios e fetais.
• Bloqueo de sitios de unión non específicos.
• Incubación con lectinas específicas para recoñecer carbohidratos nos tecidos.
• Revelado das lectinas mediante técnicas de marcaxe, como a inmunofluorescencia ou a peroxidase.
- Carlson, B. M.
“Embrioloxía humana e Bioloxía do Desenvolvemento”. Elsevier. 5ª ed. 2014.
- Gilbert, S.F.
“Development Biology”. Sinauer Associates, Inc. 10ª ed. 2013.
- Pierce, B.A.
“Xenética. Un enfoque conceptual”. Ed. Médica Panamericana. 3ª ed. 2010.
- Sadler, T. W. and Langman, J.
“Embriología médica”. Ed. Médica Panamericana. 12ª ed. 2012.
- Subranomian T.
"Molecular Developmental Biology". Ed. Alpha Science. 2011
- Wolpert, L., Beddington, R., Brockes, J., Jessell, T., Lawrence, P. and Meyerowitz, E.
“Principles of Development”. Oxford Universit
Con06: Comprender en profundidade os principais procesos fisiolóxicos e metabólicos dos organismos multicelulares, así como identificar e explicar as bases moleculares e a regulación deses procesos.
Con07: Coñecer e interpretar a estrutura, organización, transmisión, expresión, regulación e evolución do material xenético.
H/D08: Planificar e utilizar os principais métodos experimentais dirixidos á análise da actividade biolóxica, técnicas de illamento, caracterización de moléculas biolóxicas, desenvolvemento de sistemas terapéuticos e avaliación de substancias activas.
Comp05: Colaborar en equipos interdisciplinares en calquera ambiente de traballo, partindo do coñecemento do entorno e da normativa legal vixente.
Comp06: Desenvolver a capacidade de aprender de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
• As clases expositivas ou maxistrais (33 horas) serán impartidas polos profesores encargados da materia, empregando presentacións audiovisuais por computador con proxector de vídeo, coa axuda de anotacións no encerado.
• As clases prácticas de laboratorio (12 horas) incluirán unha introdución teórica e guións que detallen os procedementos a desenvolver.
• Nos seminarios interactivos (3 horas) os alumnos presentarán oralmente traballos realizados en grupo relacionados cos temas da materia.
• A orientación de todas as actividades e tarefas realizadas polos estudantes será realizada polos profesores nas sesións de tutoría en grupo (3 horas). Tamén realizarán un traballo individual consistente na resolución de problemas.
• Utilizarase de forma continuada como apoio á docencia o Campus Virtual da USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
Para a avaliación da materia teranse en conta 4 apartados: exame teórico, prácticas de laboratorio, presentación de traballos e participación activa en clases e debates. O exame final (60% da cualificación final, complementaria á avaliación continua) será un exame único, cuxa data de realización é asignada polo Centro e é coñecida antes do inicio do Curso Académico. Trátase dun exame tipo test, que consta de 35 preguntas con 4 respostas das cales calquera pode ser correcta. O tempo de realización do exame será de 2 horas.
Competencias avaliadas: Con06, Con07, H/D08.
Prácticas de laboratorio (20% da valoración final) os coñecementos adquiridos avaliaranse mediante un exame escrito que se efectuará no exame final.
Competencias avaliadas: Con06, Comp05, Comp06.
Presentación de traballos (15% da cualificación final) valoraranse aspectos como a estrutura do traballo, a calidade da información e a presentación oral.
Competencias avaliadas: Con06, Comp05, Comp06.
Avaliación continua (5% da cualificación final) valorarase a participación activa en clase e a resolución de problemas (tamén nas tutorías en grupo).
Competencias avaliadas: Con06, Con07.
A materia consta de 6 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do estudante é de 150 horas, das cales o 34% son presenciais e o 66% son horas de traballo autónomo do alumno. A distribución detallada do tempo de traballo do alumno é a seguinte:
• Clases maxistrais: 33 h presenciais / 66 h traballo autónomo / 99 totales
• Seminarios: 3 h presenciais / 9 h traballo autónomo / 12 totales
• Prácticas: 12 h presenciais / 24 h traballo autónomo / 36 totales
• Titorías en grupo: 3 h presenciais / 3 totales
• Realización de exames e revisión: 3 h presenciais / 3 totales
Recoméndase a asistencia ás clases teóricas e a resolución de dúbidas nas titorías. Prestar atención nas clases teóricas, seminarios e prácticas. Levar a materia ó día e profundizar nos contidos presentados nas clases de teoría utilizando a bibliografía recomendada.
Os idiomas de docencia son castelán e galego. A cualificación da 2ª oportunidade farase en base aos resultados obtidos nun examen final similar ó feito na 1ª oportunidade da convocatoria correspondente e ás valoracións obtidas nos demáis apartados obxecto de cualificación (prácticas, traballos, avaliación continua; que en ningún caso terán carácter obrigatorio) que se conservarán nas dúas oportunidades de cada convocatoria. Soamente os alumnos que non realizaran ningunha actividade durante o curso serán cualificados con “Non Presentado”.
Pablo Sanchez Quinteiro
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- pablo.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
08.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
08.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |