Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 136 Horas de Titorías: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Bioloxía Funcional, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Parasitoloxía, Fisioloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Bioloxía Celular, Ecoloxía, Fisioloxía Vexetal, Antropoloxía Física, Xenética, Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A finalidade do TFG é a elaboración individual por parte do estudante dun traballo orixinal onde se apliquen e integren os coñecementos, capacidades, competencias e destrezas desenvolvidos durante os estudos do Grao en Bioloxía.
Os TFG a realizar poderán ser bibliográficos, experimentales ou de outra índole.
Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados, redacción e presentación e defensa do traballo.
O TFG terá unha extensión máxima de 20 páxiñas a dobre espazo con letra Times New Roman, calibre 11, (incluindo a portada, índice, epígrafes, texto, bibliografía, tablas e/ou figuras).
O documento presentado amosará o traballo desenvolvido polo alumno, no documento non constará o nome do/a titor/a e deberá adoptar a seguinte estructura:
* Portada na que figure: Denominación de Grao, título do TFG, nome completo do/a autor/a, e curso académico.
* Indíce
* Resume do traballo
* Introdución.
* Obxetivos.
* Metodoloxía do traballo.
* Resultados e Discusión.
* Conclusións.
* Bibliografía.
A que cada titor/a quera indicar ao alumno/a tendo en conta o tema elexido e mais aquela que o alumno poida considerar.
Nesta materia o alumno/a practicará unha serie de competencias básicas/xenerales, transversais e específicas.
Básicas/Generales
CG1. Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía, incluíndo a perspectiva histórica do se desenvolvemento.
CG2/CB3. Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
CG3/CB2. Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamentos de problemas e na busca das súas solucións, tanto en contextos académicos como profesionais.
CB4/CG4. Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado.
CB5/CG5. Estudar e aprender de forma autónoma, con organización do tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Transversais
• CT1. Capacidade de análise e síntese
• CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación
• CT3. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situación problemáticas de forma colectiva
• CT4. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
• CT5. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
• CT6. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
• CT7. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demáis
• CT8. Habilidade no manexo de TICs
• CT9. Utilización de información bibliográfica e de Internet
• CT10. Utilización de información en lingua estranxeira
• CT11. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecemento
Específicas
•CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Técnicas básicas en Bioloxía
•CE1.g - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Dirixir, redactar e executar informes e proxectos en Bioloxía
Os TFG serán realizados baixo a supervisión de polo menos un titor/a cuxa función será a de orientar ao estudante durante o desenvolvemento do mesmo, así como realizar o seguimento e emitir un informe preceptivo e confidencial sobre este seguimento antes da defensa do traballo para os efectos de que se teña en conta na avaliación do TFG.
O/o titor/a programará sesións de traballo cos estudantes, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará no traballo. Será responsable de expor a cada estudante as características do traballo, de orientalo no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos objectivos fixados.
Os TFG serán defendidos polo alumnado diante dun Tribunal nomeado polo decano a proposta da Comisión de Traballos Fin de Grao. O Tribunal estará composto por tres membros que serán profesores da titulación e polo menos un deles pertencerá a unha área afín ao tema do TFG..
A exposición oral e defensa de cada TFG terá unha duración máxima de 15 minutos, e será pública. O Tribunal poderá formular cantas preguntas e cuestións considere convenientes durante un tempo máximo de 30 minutos.
O tribunal avaliará o TFG da seguinte maneira:
CONTIDO DO TRABALLO (30%). Valoraránse de 0 a 10 todos os items
O estudante:
Proporciona na introdución unha descrición e xustificación xeral do traballo. Para iso inclúe fontes de información fiables, oportunas e actuais.
Define claramente os obxectivos do traballo.
Selecciona axeitadamente os materias e métodos en relación ao cumprimento dos obxectivos propostos.
Describe adecuadamente os materiais e métodos empregados posibilitando a repetición do traballo por outras persoas.
Presenta resultados claros e suficientes.
Interpreta apropiadamente os datos do seu traballo.
Contrasta os seus resultados cos doutros estudos, incluíndo fontes de información fiables, oportunas e actuais.
Realiza unha análise crítica das fontes de información dispoñibles a da súa aplicación ao tema elixido.
Presenta unhas conclusións do traballo acordes cos obxectivos formulados de forma sintética e ofrece unha visión xeral do tema estudado.
TOTAL VALORACIÓN CONTIDO DO TRABALLO
(CT= 0,033 * sumatorio de todos os items):
O contido do traballo permite avaliar as seguintes competencias: CG2/CB3, CG3/CB2, CT1, CT2, CT4, CT7, CT9, CT10, CE1c e CE1g
PRESENTACIÓN ESCRITA (30%). Valoraránse de 0 a 10 todos os items
O estudante:
Redacta a memoria de xeito correcto, empregando vocabulario e terminoloxía axeitadas ao tema tratado.
Presta atención á corrección ortográfica e sintáctica.
Presenta unha memoria que cumpre a normativa existente en canto a estrutura (apartados), edición (tipo e tamaño de letra, interliñado) e extensión.
Cita no texto e na lista de referencias as fontes de información bibliográfica no formato correcto.
Presenta as figuras e táboas necesarias para permitir a compresión dos resultados de xeito sinxelo. Estas están ben deseñadas e realizadas
TOTAL VALORACIÓN PRESENTACIÓN ESCRITA
(PE= 0,06 * sumatorio de todos os items):
A presentación escrita do TFG permite avaliar as seguintes competencias: CG2/CB3, CG3/CB2, CB4/CG4, CT1, CT2, CT4, CT5, CT7, CT8, CT9, CT10, CE1c e CE1g
EXPOSICIÓN ORAL (30%). Valoraránse de 0 a 10 todos os items
O estudante:
Emprega como apoio para a exposición unha presentación axeitada: boa elección de fondos e cores e tipo e fonte de letra, non hai erros gramaticais nin ortográficos.
Selecciona adecuadamente táboas, imaxes ou gráficos para ilustrar o seu traballo.
Emprega vocabulario e terminoloxía apropiado. Explica cada unha das diapositivas e non se limita a ler o texto.
Emprega o ton e volume de voz apropiado, proxectando a súa voz cara os oíntes con boa dicción. A expresión facial e a linguaxe corporal (postura erguida, etc.) son correctas durante toda a exposición. Establece contacto visual cos membros do tribunal durante a súa exposición.
Amosa unha boa capacidade de comunicación, está seguro/a de si mesmo/a. Transmite entusiasmo polo tema presentando, xerando interese polo estudo realizado. A mensaxe que transmite é clara e persiste trala súa exposición.
A exposición está ben estruturada nunha secuencia lóxica e ordenada, selecciona correctamente os seus contidos.
Axusta a duración da súa exposición ao tempo establecido (15 minutos) logrando presentar e discutir todos os aspectos do seu traballo.
Contesta con precisión ás preguntas formuladas polos membros do tribunal demostrando coñecementos do tema e capacidade crítica e de argumentación.
Demostra coñecemento da literatura empregada e consultada nas contestacións ás preguntas formuladas polos membros do tribunal.
Demostra coñecemento dos conceptos básicos adquiridos durante a súa formación nas contestacións as preguntas formuladas polos membros do tribunal.
TOTAL VALORACIÓN EXPOSICIÓN ORAL
(EO= 0,03 * sumatorio de todos os items):
A exposición oral permite avaliar as seguintes competencias: CG1, CB4/CG4, CT1, CT2, CT4, CT7, CT8, CT9, CT10, CE1c e CE1g
INFORME DO TITOR (IT) (10%)
No Informe do titor avaliaranse os seguintes aspectos:
• Esforzo, dedicación e interese do/a alumno/a na elaboración do traballo
• Grao de consecución dos obxectivos propostos
• Valoración global do TFG
• Grao de consecución das competencias transversais (CT1 a CT11) indicadas na memoria do grao para a titulación
CUALIFICACIÓN FINAL (CT + PE + EO + IT):
Unha vez celebrada a última convocatoria para a presentación dos TFG do curso académico, e tendo en conta os traballos presentados, poderá outorgarse “matrícula de honra” a aqueles TFG que obtiveran unha cualificación superior a 9, sen que o número de matrículas de honra poida exceder do límite establecido pola Universidade. Será a CTFG, unha vez celebrada a última convocatoria, a que decida e outorgue as cualificacións de matrícula de honra que correspondan.
150 horas
TODA A INFORMACION SOBRE OS TRABALLOS FIN DE GRAO ESTÁ NA WEB DA FACULTADE: