Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 109.5 Horas de Titorías: 3 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Bioloxía Funcional, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Parasitoloxía, Fisioloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Bioloxía Celular, Ecoloxía, Fisioloxía Vexetal, Antropoloxía Física, Xenética, Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo fundamental é que o alumando desenvolva as competencias adquiridas no Grao a través da súa inmersión nun entorno laboral representativo do seu contexto profesional futuro e termine con algunha experiencia profesional.
Poderán realizarse en organismos ou entidades colaboradoras, tales como, empresas, institucións, entidades públicas e privadas, tanto de ámbito nacional como internacional, relacionadas co ámbito da bioloxía nun senso amplo (investigación e desenvolvemento, biotecnoloxía , farmacéutica, sanidade, xestión ambiental, agroalimentaria, agropecuaria, etc.). Tamén poderán realizarse en instalacións da USC.
O carácter obrigatorio da materia fai que haxa que establecer unhas bases en canto ao número de horas de traballo e tipo de traballo, sempre relacionado coa formación dun biólogo
Aínda que as competencias adquiridas estarán en función da natureza da entidade na que se realicen as prácticas e do perfil do posto desempeñado, pretendese que o alumnado desenvolva algunha das seguintes:
Competencias xerais
• Coñecer conceptos, métodos e resultados das distintas ramas da Bioloxía.
• Reunir e interpretar datos, información e resultados e emitir informes.
• Comunicar coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía.
• Estudar e aprender de forma autónoma, organización do tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica
Competencias específicas
• Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades
Competencias transversales
• Capacidade de análise e síntesis.
• Capacidade para o razonamento e a argumentación.
• Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacions problemáticas de forma colectiva.
• Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
• Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• Compromiso de veracidade da información que ofrece ao demais
• Habilidade no manexo de TICs
• Utilización de información bibliográfica e de Internet
• Utilización de información en lingua extranxeira
• Capacidade para resolver problemas mediante aa aplicación integrada dos seu coñecementos
En cada curso académico ofertaránse prácticas nas empresas ou institucions coas que previamente se teña asinado un convenio de colaboración. En cada oferta se concretará un programa de actividades, en función das características, obxectivos e función de cada centro de traballo. Cada alumno terá asignado: i) un titor/a profesional, que guiará e supervisará o seu traballo, e ii) un titor/a académico, có que manterá contacto periódico e fará a avaliación final. Ao finalizar as prácticas o estudante redactará unha memoria que lle servirá para reflexionar, sistematizar e dar conta das actividades realizadas durante o periodo de prácticas. A memoria deberá contar co visto bueno do titor/a profesional e será entregada personalmente ao titor/a académico
O Titor/a profesional emitirá un informe confidencial (non vinculante), no que valore o grao de cumprimento do estudante nas prácticas (actitude e interés hacia as tareas, aplicación de coñecementos e competencias adquiridos na formación académica, desenvolvemento de habilidades, espíritu de cooperación, etc). O titor/a académico realizará a avaliación final baseándose na memoria elaborada polo estudantes e unha entrevista; se poderá ter en conta o informe do titor externo para o cálculo da nota final ata un 60%.
Materia de 4,5 créditos ECTS que equivale a 112 horas de traballo
Requisito previo: haber superado os créditos dos dous primeiros cursos do Grao na súa totalidade e un 70% do terceiro curso; ou 162 créditos.