-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 4.5Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2
Horas de Titorías: 2.25
Clase Expositiva: 18
Clase Interactiva: 18
Total: 112.45Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Centro
Facultade de BioloxíaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Sen docencia (En extinción)Matrícula:
Non matriculable (Só alumnado repetidor) -
Proporcionar ao alumno coñecementos esenciais sobre a biodiversidade animal, a súa importancia cuantitativa, os patróns de especiación e extinción, as ferramentas máis utilizadas para o seu coñecemento e os principais problemas de conservación e ferramentas lexislativas e técnicas para a súa xestión.
• PROGRAMA DE TEORÍA (26 H)
1) Elementos conceptuais (6 h). Concepto de Biodiversidade. A biodiversidade animal ao longo do tempo. Especiación e extinción. A biodiversidade en cifras. Cómo medir a biodiversidade. Hotspots.
2) Ferramentas para o coñecemento da biodiversidade animal (10 h).
a. Nivel específico. Técnicas moleculares e morfométricas.
b. Nivel poboacional. Métodos de inventariado e cuantificación de poboacións animais.
3) Conservación e xestión da biodiversidade animal (10 h).
a. Identificación de ameazas para a biodiversidade animal.
b. Marco lexislativo e técnico para a conservación. Catálogos de Especies Ameazadas e Libros Vermellos. Plans de Recuperación e Conservación.
c. Áreas protexidas.
d. Conservación ex - situ
• SEMINARIOS (5 H)
a. Fauna ameazada de Galicia (4 h).
b. Métodos de estudo do comportamento animal (1 h).
• PRÁCTICAS DE CAMPO (8 H)
Aplicación de técnicas de inventariado e cuantificación de fauna.
Configuraranse grupos de 3-5 alumnos, os cales aplicarán as técnicas de inventariado e, no seu caso, de cuantificación de determinados grupos faunísticos previamente seleccionados. A información obtida por cada grupo de alumnos empregarase para a elaboración dun traballo (escrito) atendendo ás pautas características dun artigo científico. Estas pautas incluirán, polo menos, os seguintes fitos: adquisición e lectura de artigos sobre o tópico abordado, tratamento cartográfico e/ou estatístico da información colectada, redacción do traballo atendendo ás normas determinadas por unha revista científica da área.
Contemplase a realización dunha excursión de 1 día a unha zona de interese biolóxico de Galicia, para a observación de grupos faunísticos e aplicación de técnicas de censo. Esta excursión estará supeditada á existencia de financiamento.
• TITORÍAS OBRIGATORIAS (2 H/ALUMNO)
Contidos das titorías:
Titoría 1: Concreción do traballo experimental. Hipótese a testar. Ónde buscar bibliografía. Planificación do traballo de campo. Preparación do Proxecto. (1,5 h).
Titoría 2: Revisión do Proxecto. Inicio da mostraxe de campo. Resolución de dúbidas (0,5 h).
EXAME (2 H)
Abarcará os contidos impartidos nas clases expositivas e seminarios.BÁSICA
HUNTER, M. L. & GIBBS, J. P. 2007. Fundamentals of Conservation Biology, Oxford, Blackwell.
JEFFRIES, M. J. 2005. Biodiversity and Conservation, London, Routledge.
SUTHERLAND, W. J. (ed.) 1996. Ecological Census Techniques, Cambridge: Cambridge University Press.
TELLERÍA, J. L. 2012. Introducción a la Conservación de las Especies, Valencia, Editorial Tundra.
COMPLEMENTARIA
CAUGHLEY, G. & GUNN, A. 1996. Conservation Biology in Theory and Practice, Cambridge, Blackwell Sciences.
GASTON, K. J. & SPICER, J. I. 2004. Biodiversity: An Introduction, Oxford, Blackwell.
HAWKSWORTH, D. L. & BULL, A. T. (eds.) 2007. Vertebrate conservation and biodiversity, Dordrecht: Springer.Nesta materia traballarase, en maior ou menor medida, todas as competencias básicas e xerais do Grao en Bioloxía.
Competencias específicas (CE)
CE4.c - Ámbito competencial: Biodiversidade: Diversidade animal.
CE4.f - Ámbito competencial: Biodiversidade: Bioxeografia e conservación.
CE4.g - Ámbito competencial: Biodiversidade: Análise da biodiversidade.
CE5.b - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: poboacións, comunidades e ecosistemas.
CE5.d - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas xestión e conservación.
CE5.e - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: diagnóstico e resolución de problemas ambientais.
CE5.f - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: avaliación do impacto ambiental.
Competencias transversais (CT)
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade de razoamento e argumentación.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT4 - Capacidade de obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT5 - Capacidade de desenvolver e presentar un texto organizado e comprensible.
CT6 - Capacidade de facer unha presentación en público de forma clara, concisa e coherente.
CT7 - Compromiso de veracidade da información ofrecida aos outros.
CT9 - Utilización de información bibliográfica e Internet.
CT10 - Uso de información en lingua estranxeira.A metodoloxía de ensinanza sustentarase en clases teóricas (maxistrais), seminarios e clases prácticas de campo. Todas estas actividades terán un carácter presencial. As prácticas de campo serán obligatorias.
As titorías terán carácter presencial, e estarán orientadas tanto á resolución de dudas como á preparación e desenrolo do traballo práctico experimental.
A información básica sobre os contidos da materia, así como o material complementario útil para o traballo persoal dos alumnos será proporcionada a través do Campus Virtual da USC.Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Tamén queda terminantemente prohibido a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimento do profesor, de calquera material docente colgado na aula virtual.
Combínase a realización dunha proba final presencial (50% da nota final) coa avaliación continua mediante control de asistencia (5% nota final), exame de visu vinculado ao traballo práctico da materia (5%) e redacción de traballo individual relativo á parte experimental da materia (40% nota final).
Para os estudantes matriculados por primeira vez, na primeira oportunidade seguiranse os seguintes criterios:
a) Clases maxistrais. A asistencia documentarase mediante folla de firmas. A asistencia ás clases maxistrais ponderará ata un 5% na nota final da materia.
b) Prácticas de campo. Serán de asistencia obrigatoria, sendo a súa realización requisito necesario para a superación da materia.
c) Seminarios. O contido impartido nos seminarios será obxecto de avaliación no exame da materia.
d) Titorías en grupo reducido. Terán carácter obrigatorio. A asistencia documentarase mediante folla de firmas.
e) Exame visu para identificación especies do traballo práctico. Obrigatorio. Ponderará un 5% na nota final da materia.
f) Exame final. Obrigatorio. Incluirá a avaliación da materia impartida nas clases expositivas e seminarios. Ponderará un 50% na nota final da materia.
g) Traballo práctico individual. Corresponderá a un traballo escrito obrigatorio, relativo ás mostraxes efectuadas nas prácticas de campo. Ponderará un 40% na nota final da materia.
h) Visu opcional sobre fauna da península Ibérica. Será de realización voluntaria. Este exame permitirá subir un máximo de 2 puntos na nota final obtida cos demais compoñentes mencionados anteriormente. Este exame optativo só se realizará na primeira oportunidade.
Os estudantes que non superen a materia pola non asistencia ou non realización (sen xustificación) dalgunha das actividades obrigatorias recibirán unha cualificación máxima de 4,5 (suspenso). Para a superación da materia será condición necesaria, aínda que non suficiente, a obtención dunha nota mínima de 5 puntos no exame final e no traballo práctico individual. Excepto para os exames, as cualificacións numéricas de valor ≥ 5 poderanse conservar durante os dous cursos seguintes ao da súa obtención. En caso de non superación da parte práctica (nota inferior a 5 puntos), poderase conservar a nota do exame (≥ 5 puntos) para o curso seguinte. Nese caso, para culminar a aprobación da materia o alumno deberá entregar un novo traballo práctico que obteña unha cualificación igual ou superior a 5 puntos.
Segunda oportunidade
Rexerán os mesmos criterios da primeira oportunidade, exceptuado o exame de visu optativo, que só se realizará na primeira oportunidade.TRABALLO PRESENCIAL EN AULA HORAS TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO HORAS
Clases maxistrais 26 Estudo individual 54,5
Prácticas de campo 8 Elaboración de traballos 15
Seminarios 5
Titorías obrigatorias 2
Examen 2
TRABALLO EN AULA 43 TRABALLO PERSOAL 69,5• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Uso frecuente de titorías para calquera tipo de asunto relacionado coa materia.Todos os documentos relativos á materia estarán ao dispor do alumno a través da plataforma Moodle. As canles de comunicación co profesor, ademais do presencial, serán o correo electrónico e a aplicación MS- teams).
-
Exames 03.06.2025 10:00-14:00 Grupo de exame Aula 12.Vasili Dokucháyev 14.07.2025 10:00-14:00 Grupo de exame Aula 11