Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo da teoría e técnica do big data, da estatística, do xornalismo de datos e novas modalidades de aplicación dos datos ao traballo xornalístico. Interpretación e tratamento dos datos na construción do relato informativo.
2. Análise xeral da estatística e das súas técnicas como ferramentas útiles para mellorar o labor xornalístico e a divulgación.
3. Análise do acceso a fontes de datos e xestión da información proporcionada. Técnicas de divulgación da información obtida a partires do big data e os macrodatos.
4. Estudo das fontes recorrentes e aplicación do xornalismo de datos a todos os soportes.
5. Estudo das novas narrativas e produtos informativos no xornalismo de datos.
6. Análise de novos perfís profesionais vinculados ao tratamento de datos.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. OS DATOS HOXE
1.1 Concepto
1.2 Antecedentes e evolución
1.3 A “datificación” da sociedade
1.4 A ciencia de datos
1.5 O big data (concepto, evolución e usos)
1.6 O Open Data (concepto, evolución e usos)
TEMA 2. DATOS E XORNALISMO
2.1 Os datos como fonte xornalística
2.2 Tipos de fontes de datos
2.3 O xornalismo de datos (concepto, evolución, particularidades e transformacións nas redaccións)
2.4 O proceso de traballo cos datos (procura e extracción, limpeza, selección e comunicación)
2.5 Exemplos e experiencias nos medios de comunicación
TEMA 3. EXTRACCIÓN DAS HISTORIAS TRAS OS DATOS
3.1 A estatística no xornalismo (concepto e usos)
3.2 Termos estatísticos e tipos de variables
3.3 Tipos de datos e a súa representación
3.4 A mostraxe: concepto e utilidade no xornalismo
TEMA 4. A VISUALIZACIÓN DE DATOS
4.1 Concepto e evolución
4.2 Usos no xornalismo
4.3 Formas gráficas (tipoloxías, función e capacidade comunicativa)
4.4 Exemplos e experiencias no marco do xornalismo de datos
TEMA 5. AUTOMATIZACIÓN E DATOS
5.1 A minería de datos
5.2 Algoritmos e Intelixencia Artificial no traballo cos datos
5.3 Protocolos de xestión de datos
5.4 Experiencias no ámbito do xornalismo
TEMA 6. MARCO LEGAL E ÉTICO NO TRABALLO COS DATOS
6.1 Transparencia e acceso á información
6.2 Os datos abertos
6.3 Aspectos éticos e legais
6.4 Datos e propiedade intelectual
6.5 Protección de datos e xornalismo
TEMA 7. XORNALISTAS E DATOS
7.1 Perfís profesionais no campo do xornalismo de datos
7.2 Procedementos e sistemas de traballo
7.3 Formación e habilidades necesarias
CONTIDOS PRÁCTICOS
Serán impartidos e realizados nas sesións interactivas. O alumnado realizará tarefas individuais e en conxunto dirixidas á práctica dos diferentes estadios do traballo cos datos (procura, selección e limpeza) e a súa comunicación. Tamén se empregarán estas sesións para a aprendizaxe de técnicas e ferramentas de utilidade para as diferentes fases do traballo no xornalismo de datos e na elaboración de produtos xornalísticos baseados en datos.
De xeito particular, serán realizadas tarefas como as seguintes:
- Revisión e análise de iniciativas de Open Data
- Elaboración de pezas xornalísticas baseadas en datos
- Aprendizaxe e elaboración de visualizacións de datos
- Aprendizaxe de técnicas e ferramentas para a extracción e tratamento de datos (web scrapping, follas de cálculo e ferramentas de automatización)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Arias, D., Sánchez García, P., & Redondo, M. (2018). El perfil del periodista de datos: formación, fuentes y herramientas. Doxa Comunicación, 27, 273-293. https://doi.org/10.31921/doxacom.n27a14
Ausserhofer, J., Gutounig, R., Oppermann, M., Matiasek, S., & Goldgruber, E. (2020). The datafication of data journalism scholarship: Focal points, methods, and research propositions for the investigation of data-intensive newswork. Journalism, 21(7), 950-973. https://doi.org/10.1177/1464884917700667
Bounegru, L., Chambers, L., & Gray, J. (Eds.). (2012). The Data Journalism Handbook 1. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/one
Bounegru, L., Chambers, L., & Gray, J. (Eds.). (2021). The Data Journalism Handbook 2. Towards a Critical Data Practice. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/two
Cairo, A. (2011). El arte funcional. Alamut.
Cairo, A. (2016). The truthful art. New Riders.
Córdoba-Cabús, A. (2020). Estándares de calidad en el periodismo de datos: fuentes, narrativas y visualizaciones en los Data Journalism Awards 2019. Profesional de la Información, 29(3), 1-11. https://doi.org/10.3145/EPI.2020.MAY.28
Crucianelli, S. (2013). ¿Qué es el periodismo de datos? Cuadernos de Periodistas. http://www.cuadernosdeperiodistas.com/que-es-el-periodismo-de-datos/
Jauset, J. A. (2013). Estadística para periodistas, publicitarios y comunicadores. Editorial UOC.
Mullor, R. (2017). Estadística básica. Publicacions de la Universitat d’Alacant.
Portilla, I. (2004). Estadística descriptiva para comunicadores: aplicaciones a la publicidad y las relaciones públicas. Ediciones Universidad de Navarra.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alcalde, I. (2015). Visualización de la información: de los datos al conocimiento. Barcelona: UOC.
la Rosa Barrolleta, L. A. (2019). Periodismo de datos: el big data como elemento diferenciador sociocultural e insuficiencia de la Ley de Transparencia en España (Universidad Carlos III de Madrid). Universidad Carlos III de Madrid. Recuperado de http://hdl.handle.net/10016/28671
López-García, X., Toural-Bran, C., & Rodríguez-Vázquez, A. I. (2016). Software, estadística y gestión de bases de datos en el perfil del periodista de datos. Profesional de la Información, 25(2), 286-294. https://doi.org/10.3145/EPI.2016.MAR.16
Ríos Insua, D., & Gómez-Ullate Oteiza, D. (Eds.). (2019). Big data: conceptos, tecnologías y aplicaciones. Madrid: CSIC.
Spiegel, M. R., & Stephens, L. J. (2002). Estadistica. México D.F.: McGraw-Hill.
Terrón Santos, D., & Domínguez Álvarez, J. L. (Eds.). (2019). Nueva regulación de la protección de datos. Y su perspectiva digital. Granada: Comares. Recuperado de http://www.aepda.es/AEPDAPublicaciones-2523-Publicaciones-de-los-miembr…
Thurman, N., Lewis, S. C., & Kunert, J. (Eds.). (2021). Algorithms, Automation, and News. New Directions in the Study of Computation and Journalism. Oxon: Routledge.
Túñez-Lopez, J. M., Toural-Bran, C., & Valdiviezo-Abad, C. (2019). Automatización, bots y algoritmos en la redacción de noticias. Impacto y calidad del periodismo artificial. Revista Latina de Comunicación Social, 74, 1411-1433. https://doi.org/10.4185/RLCS-2019-1391
Todos os recursos relacionados nesta bibliografía están dispoñibles en aberto na rede ou na rede de bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela.
CON. 3 - Coñecer os fundamentos da investigación dende unha perspectiva científica ou xornalística para describir e explicar a realidade.
HAB. 1 - Aplicar as técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para a elaboración de información xornalística.
HAB. 3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística.
HAB. 5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
COM. 2 - Reunir, xestionar e interpretar información e datos relevantes dentro do ámbito do xornalismo para elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, cient´ñifica ou ética.
COM. 3 - Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contexto.
Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo docente.
Presentación na aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada.
Estudo de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
Seminario: sesión interactiva e grupal para o traballo guiada polo docente, especialmente enfocada á resolución de exercicios, análise de textos e casos, así como ao deseño de estratexias e proxectos.
Prácticas Aula Informática: sesión interactiva e grupal nun entorno equipado con ordenadores.
Aprendizaje basado en proyectos: programación diseñada a partir de tareas sucesivas en un proceso que concluye con un producto final.
A avaliación será continua, polo que se realizará un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumnado. Os instrumentos de avaliación serán os seguintes:
a. Exame teórico
b. Prácticas realizadas durante os laboratorios
c. Participación activa e positiva nas sesións teóricas e prácticas e nos exercicios formulados durante as mesmas
A nota final estará composta nun 45% pola cualificación obtida no exame teórico, nun 45% pola cualificación obtida nas actividades prácticas realizadas durante o curso e nun 10% pola participación e realización das actividades de avaliación continua. Na parte práctica é necesario ter entregadas todas as actividades que se realicen.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2.), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado".
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se a/o alumna/o ten aprobada unha parte (teoría ou práctica) da materia, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase o traballo continuo ao longo do itinerario formativo. Os coñecementos adquiridos nas sesións teóricas terán o seu reflexo nas prácticas, que avanzarán de forma parella co obxectivo de aplicar o aprendido.
Recoméndase tamén o seguimento dos medios de comunicación e, de xeito especial, aquelas iniciativas encadradas no campo do xornalismo de datos. Identificalas e afondar no seu coñecemento resultará tamén vital para tomalas como modelos a seguir á hora de entender as súas estratexias e de afrontar o traballo cos datos no marco desta materia.
Todas as prácticas serán realizadas empregando ferramentas de acceso aberto ou accesibles mediante a conta de correo da universidade. Con todo, recoméndaselle ao alumnado o uso do seu ordenador persoal na aula ou, no seu defecto, a solicitude dun equipo de préstamo no centro.
Angel Antonio Vizoso Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816544
- Correo electrónico
- angel.vizoso [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
19.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
19.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
23.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |