Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumno realizará prácticas en empresas do sector. As prácticas en empresas consisten en actividades formativas co seu respectivo contido ECTS. Trátase de períodos formativos complementarios á Universidade en empresas do sector xornalístico e da comunicación a través do convenio de prácticas USC-Empresa que regula esta actividade.
As competencias que adquirirán os estudantes son as relacionadas co propio desenvolvemento da súa estadía formativa nas empresas. Xunto a estas competencias específicas, os estudantes coñecerán a modo experimental a casuística do mercado laboral.
O alumno realizará prácticas en empresas do sector.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Non se require.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Non se require.
CON.1 - Comprender o contexto social, político, económico, xurídico e cultural no que se desenvolve o xornalismo.
CON.2 - Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de forma profesional e ética.
CON.3 - Coñecer os fundamentos da investigación desde unha perspectiva científica ou xornalística para describir e explicar a realidade.
CON.4 - Examinar o impacto das tecnoloxías no ámbito da comunicación e nos profesionais.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
CON.6 - Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.1 - Aplicar as técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para a elaboración de información xornalística.
HAB.2 - Analizar o estado dos procesos comunicativos e das organizacións mediáticas para tomar decisións e propoñer solucións nos seus diferentes ámbitos.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística.
HAB.4 - Aplicar métodos e técnicas de investigación, documentación, verificación e tratamento dos datos e a información xornalística.
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación para resolver problemas ou necesidades específicas no ámbito xornalístico.
COM.2 - Reunir, xestionar e interpretar información e datos relevantes dentro do ámbito do xornalismo para elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
COM.3 - Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contexto.
COM.4 - Xestionar o traballo colaborativo e liderar proxectos e equipos profesionais do ámbito do xornalismo.
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Prácticas académicas externas: actividade formativa que se realiza na empresa con supervisión da Universidade.
O alumnado, que conta con titorización académica (docente titor/a) e titorización profesional (titor designado pola entidade colaboradora), desenvolve un plan formativo acordado entre a empresa, o/a estudante e o Centro.
A memoria é o instrumento de avaliación das prácticas. O sistema de avaliación consiste na valoración do traballo desenvolvido de acordo co proxecto formativo a través da memoria final do/a estudante (50%) e do informe do/a titor/a externo/a da entidade colaboradora (50%).
Para a avaliación, o/a titor/a académico/a, á vista do formulario da entidade colaboradora e da memoria final do/a estudante, ten en conta as prácticas desenvolvidas cubrindo o correspondente informe de valoración, para que el/ela mesmo/a ou ben o/a coordinador/a das prácticas cubra e asine a acta.
Traballo persoal do alumnado: 290 horas
Titorización en grupo reducido: 10 horas
Recoméndase para un mellor seguimento das prácticas externas consultar a normativa e a convocatoria que publica a Facultade de Ciencias da Comunicación en cada curso académico. Espazo web de Prácticas da Facultade de Ciencias da Comunicación:
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-ciencias-comunicacion/practicas