Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo dos métodos de investigación en comunicación.
2. Análise da investigación en comunicación: método científico, liñas e escolas metodolóxicas orientadas á
investigación en comunicación e evolución histórica.
3. Estudo dos métodos cuantitativos e cualitativos aplicados á comunicación.
4. Análise da taxonomía da investigación en comunicación: estratexias, paradigmas e técnicas.
5. Análise da investigación en comunicación: localización, extracción e rexistro de datos e técnicas de avaliación
en comunicación.
6. Estudo das estratexias de divulgación de resultados científicos.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Introdución á investigación científica
1.1 Tipos de coñecemento
1.2 A ciencia e o método científico
1.3 A investigación científica
1.4 Paradigmas en Ciencias da Comunicación
1.5 Principais áreas de investigación en comunicación
1.6 Investigación básica e aplicada
TEMA 2. Deseño e planificación dun proxecto de investigación
2.1 O proceso de investigación
2.2 Construción do obxecto de estudo
2.3 Elaboración do marco teórico
2.4 Formulación das hipóteses
2.5 Deseño da investigación e metodoloxía de traballo
2.6 Traballo de campo
2.7 Procesamento dos datos
2.8 Presentación de resultados
TEMA 3. Traballos académicos e revisións bibliográficas
3.1 Tipoloxías de artigos académicos
3.2 O artigo científico
3.3 Estrutura do artigo de investigación e redacción académica
3.4 Revisión bibliográfica
3.5 Revisión sistematizada da literatura
3.6 Bases de datos académicas
TEMA 4. Métodos de investigación cuantitativa
4.1 A análise de contido
4.2 A enquisa
4.3 A investigación experimental
TEMA 5. Métodos de investigación cualitativa
5.1 A entrevista en profundidade
5.2 O estudo de caso
5.3 O grupo de discusión
5.4 A observación
TEMA 6. Outras técnicas de investigación e a divulgación científica
6.1 Phillips 66 e Delphi
6.2 Análise do discurso
6.3 Análise de redes sociais
6.4 A revisión por pares
6.5 Os índices de impacto das revistas científicas
6.6 Revistas depredadoras e “acceso aberto”
6.7 Os congresos científicos
6.8 Ética da investigación
CONTIDOS PRÁCTICOS
Prácticas individuais e/ou grupais a realizar nas clases interactivas:
• Lectura e análise de artigos científicos
• Revisión bibliográfica en bases de datos: procura e sistematización
• Deseño e creación dunha ficha de análise e dun libro de códigos
• Realización dunha análise de contido: codificación, análise e interpretación dos datos
• Deseño e elaboración dun cuestionario para enquisa
• Elaboración de informes de investigación
Práctica final grupal: elaboración dun artigo científico sobre un fenómeno do xornalismo ou do eido da comunicación. O alumnado terá que subir o traballo ao Campus Virtual e expoñelo na aula a final de curso.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Berganza Conde, M. R. & Ruiz San Román, J. A. (coords.) (2005). Investigar en Comunicación: guía práctica de métodos y técnicas de investigación social en Comunicación. McGraw-Hill.
Croucher, S. M. & Cronn-Mills, D. (2014). Understanding communication research methods: A theoretical and practical approach. Routledge.
Igartua, J. J. (2006) Métodos cuantitativos de investigación en comunicación. Bosch.
Krippendorff, K. (1990). Metodología de análisis de contenido. Teoría y práctica. Paidós.
Ruiz Olabuénaga, J. I. (2007). Metodología de la investigación cualitativa. Universidad de Deusto.
Wimmer, R. D. & Dominick, J. R. (1996). La investigación científica de los medios de comunicación: una introducción a sus métodos. Bosh.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Creswell, J. (2003). Research design: Qualitative, quantitative and mixed method approaches. Sage Publications.
Eiroa, M. & Barranquero, A. (2017). Métodos de investigación en la comunicación y sus medios. Comunicación. Síntesis.
Gómez, J., Grau, A., Giulia, A. & Jabbaz, M. (2014). Técnicas cualitativas de investigación social. Universitat de Valencia.
Hansen, A. & Machin, D. (2013). Media & Communication Research Methods. Palgrave Macmillan.
Krippendorff, K. (1990). Metodología de análisis de contenido. Teoría y práctica. Paidós.
Krueger, R. A. (1991). El grupo de discusión: guía práctica para la investigación aplicada. Pirámide.
Reguant-Álvarez, M. & Torrado-Fonseca, M. (2016). El método Delphi. REIRE. Revista d’Innovació i Recerca en Educació, 9(1), 87-102.
Sierra Bravo, R. (1992). Técnicas de investigación social: teoría y práctica. Paraninfo.
Treadwell, D. (2019). Introducing Communication Research: Paths of Inquiry. Sage Publications.
Vilches, L. (Coord.) (2011), La investigación en comunicación. Métodos y técnicas en la era digital. Gedisa.
CON.3 - Coñecer os fundamentos da investigación desde unha perspectiva científica ou xornalística para describir e explicar a realidade.
HAB.4 - Aplicar métodos e técnicas de investigación, documentación, verificación e tratamento dos datos e a información xornalística.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación para resolver problemas ou necesidades específicas no ámbito xornalístico.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
O método de ensinanza combinará: clases maxistrais, prácticas en aula de informática e metodoloxía baseada na investigación.
A parte teórica da materia avaliarase mediante un exame final sobre os contidos do programa. A cualificación desta proba supoñerá o 50% da nota final do alumnado na materia.
En canto á parte práctica, a súa avaliación supoñerá o 50% restante da nota final. Desta porcentaxe, o 20% corresponderá coa cualificación dos traballos individuais e/ou en grupo a realizar nas clases interactivas, mentres que o 30% procederá do traballo final especificado no apartado de Contidos. Cabe sinalar que todos os exercicios e tarefas deben ser entregados en tempo e forma seguindo as indicacións da docente para poder ser avaliados. Non se avaliará ningún traballo que non siga as instrucións ofrecidas na aula e/o a través do Campus Virtual. Na avaliación da parte práctica terase en conta a redacción, a ortografía, a gramática e a claridade expositiva.
Segunda oportunidade: neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ou a alumna ten aprobada unha parte da materia (teoría ou práctica), gardarase a nota para a segunda oportunidade.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Lectura da bibliografía recomendada.
Lectura de artigos científicos sobre comunicación e xornalismo.
Consulta do material subido ao Campus Virtual.
Sara Perez Seijo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816534
- Correo electrónico
- s.perez.seijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 3 |
30.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
30.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
04.07.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |