Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo dos produtos e os públicos desde a perspectiva dos medios de comunicación. A marca en comunicación. Aplicación do mix á comunicación e influencia na produción de contidos xornalísticos.
2. Análise dos social media, comunicación estratéxica e márketing dixital.
3. Estudo do mercado dos medios de comunicación, posición no mercado, obxectivos SMART, estratexias, plans de acción e de avaliación e control do márketing xornalístico.
4. Análise de modelos para o aumento da calidade periodística e da súa rendibilidade.
5. Análise do emprendemento xornalístico e dos profesionais do márketing xornalístico.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A marca en comunicación. Fluxos na economía de mercado
1.1 Públicos e vinculación
1.2 Identidade. Misión, visión e atributos
1.3 Mercados e competencia
TEMA 2. O márketing xornalístico
2.1 Orixes e evolución. A AMA
2.2 Dos 4P aos 4C
2.3 Obxectivos. Modelo SMART. Tipoloxías. Remárketing
2.4 Márketing tradicional e márketing dixital. Purchase funnel
2.5 Márketing sostible: os 3P
TEMA 3. Aplicación do márketing mix á comunicación e influencia na produción de contidos xornalísticos
3.1 O produto periodístico
3.2 Prezo e custos de adquisición
3.3 Canles de distribución
3.4 Promoción
TEMA 4. ROI e IOR
4.1 Métricas
4.2 KPI
4.3 Reputación. Visitas e conversión. Activación, conversión, retención e recomendación
TEMA 5. Márketing de influencia
5.1 Orixes e evolución
5.2 Brand advocates
5.3 Influencers ou usuarios de especial relevancia
TEMA 6. Márketing para o emprendemento en comunicación
6.1 Márketing da innovación
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos están directamente relacionados cos contidos teóricos, de tal xeito que se realizarán actividades e exercicios na aula que supoñan a adquisición dos resultados de aprendizaxe. Establécese o desenvolvemento por grupos dun proxecto periodístico realista e viable en que se consideren todas as fases do márketing, desde a ideación e a creación ata o desenvolvemento e mais a explotación.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Sixto-García, J. (2013). Las redes sociales como estrategia de marketing online. Media XXI.
Sixto-García, J. (2016). Fundamentos de marketing digital. Comunicación Social.
Sixto-García, J. (2018). Gestión profesional de redes sociales. Rutinas y estrategias de Community Management. Comunicación Social.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Kotler, P. (2003). Los 80 conceptos esenciales de marketing de la A a la Z. Pearson Educación.
Kotler, P. (2005). Preguntas más frecuentes sobre marketing. Granica.
Kotler, P. (2019). Marketing Management. Pearson.
Santesmases, M. (2012). Marketing: conceptos y estrategias. Pirámide.
Stanton, W. J., Etzel, M. J. & Walker, B. J. (2007). Fundamentos de marketing. McGraw-Hill.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
HAB.2 - Analizar o estado dos procesos comunicativos e das organizacións mediáticas para tomar decisións e propoñer solucións nos seus diferentes ámbitos.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación para resolver problemas ou necesidades específicas no ámbito xornalístico.
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa o espírito emprendedor.
Nas clases expositivas utilizaranse as seguintes metodoloxías:
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo docente.
- Estudos de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
- Debate: discusión organizada sobre un tema ou pregunta.
Nas clases interactivas empregaranse as seguintes metodoloxías:
- Prácticas aula informática: sesión interactiva e grupal nunha contorna equipada con ordenadores.
- Aprendizaxe baseada en proxectos: programación deseñada a partir de tarefas sucesivas nun proceso que conclúe cun produto final.
- Presentación na aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada.
- Design thinking: metodoloxía para xerar solucións innovadoras.
- Traballo titorizado: titorización de actividades.
- Proba de coñecementos: 40 %
- Actividades de avaliación continua: 10 %. Na avaliación continua terase en conta a asistencia ás clases expositivas e interactivas, así como a participación nos debates e estudos de casos formulados nas sesións expositivas.
- Prácticas experimentais: 50 %
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a práctica para superar a materia. Na segunda oportunidade conservarase a cualificación obtida no exame final ou nos exercicios prácticos. No caso de non superar os exercicios prácticos na primeira oportunidade, na segunda substituiranse por unha proba final ou por un plan de traballo establecido polo profesorado. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
- A parte expositiva da materia avaliarase mediante un exame (50 % da cualificación final).
- A parte interactiva avaliarase mediante a presentación dun proxecto periodístico realista e viable en que se consideren todas as fases do márketing, desde a ideación e a creación ata o desenvolvemento e a explotación (50 % da cualificación final). Este proxecto deberá elaborarse seguindo as pautas facilitadas polo profesorado e presentarase a continuación do exame na data oficial establecida.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
A recomendación xeral para o aproveitamento da materia é realizar un traballo continuo ao longo de todo o curso, posto que non se trata só da adquisición de coñecementos, senón tamén de habilidades e actitudes que unicamente se poden alcanzar cun seguimento constante e permanente.
Tamén é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos conforme se vaian explicando para poder aplicalos nas sesións interactivas. Ademais, recoméndase o seguimento da actualidade nos medios de comunicación e dominar as redes sociais.
Jose Sixto Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816540
- Correo electrónico
- jose.sixto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Quian Pampin
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alberto.quian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
13:00-14:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |