Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo e análise do deseño xornalístico, especialmente no seu aspecto formal. Tipoloxías e modelos.
2. Estudo das técnicas e procesos de maquetación e estruturación da información en soportes e medios de comunicación.
3. Estudo e análise de conceptos e termos asociados ao deseño xornalístico xeneral desde a perspectiva dos medios de comunicación.
4. Análise dos compoñentes da estrutura visual dos medios impresos e dixitais.
5. Análise e aplicación das tecnoloxías e técnicas informativas e comunicativas aplicadas ao deseño xornalístico para todos os soportes.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Retórica da imaxe
1.1. A imaxe como texto e o texto como imaxe
1.2. Roland Barthes e a retórica da imaxe
1.3. Retórica aplicada ao deseño gráfico
1.4. Figuras retóricas visuais
1.5. Arte e retórica propagandística: do rupestre paleolítico a internet
TEMA 2. Deseño e comunicación visual
2.1 Fundamentos do deseño
2.2 Elementos básicos do deseño gráfico
2.3 A organización da linguaxe visual
2.4 Percepción e deseño: a Gestalt
TEMA 3. TIPOGRAFÍA
3.1. Natureza funcional e expresiva
3.2. Letra, caracter, glifo, tipo, fonte, familia
3.3. Liñas de referencia
3.4. Morfoloxía
3.5. Variables tipográficas
3.6. Identificación de fontes tipográficas
TEMA 4. Deseño e composición visual da información en prensa
4.1. Identidade, estrutura e atracción
4.2. Formatos de prensa impresa
4.3. Diagramación
4.4. A páxina. A mancha
4.5. Columna
4.6. Retícula modular
4.7. Arquitectura da páxina
4.8. A portada
4.9. O modelo WED
TEMA 5. Fundamentos do deseño para cibermedios
5.1. Novos deseños para novas narrativas
5.2. Impacto da multimedialidade no deseño
5.3. UX/UI: experiencia e interface de usuario
5.4. Usabilidade e accesibilidade
5.5. Arquitectura da información
5.6. Deseño de interacción
5.7. Deseño adaptable (responsive)
5.8. Deseño de infografía
6. Fundamentos do deseño audiovisual
5.1. Orixes e evolución
5.2. Funcións do deseño audiovisual
5.3. Espazo e tempo
5.4. Deseño audiovisual en televisión
5.5. Motion graphics (grafismo en movemento)
5.6. Intelixencia artificial aplicada ao deseño audiovisual
CONTIDOS PRÁCTICOS
As prácticas desenvólvense en dous formatos diferentes: unha primeira parte que será en formato taller, onde se traballará en grupos de cinco ou seis persoas, nunha aula seminario, e a outra parte desenvolverase individualmente no laboratorio informático.
Na primeira parte realizaranse prácticas con diferentes técnicas como colaxe, bosquexo, etc. para adquirir as bases do deseño.
A continuación, realizarase unha práctica de deseño editorial que servirá para coñecer algunhas claves da actividade laboral, utilizando ferramentas profesionais e tendo que resolver problemas reais; esta práctica entregarase en papel.
Finalmente, a práctica do deseño web consistirá en experimentar a diferenza entre a edición en papel e a pantalla. O deseño basearase nun xornal ou revista.
Os recursos necesarios para o desenvolvemento destas prácticas serán materiais básicos de deseño (regras, lapis, rotuladores e papel) e computador. En canto ao software, utilizaranse varios programas do paquete Creative Cloud e outras ferramentas de acceso aberto.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Barthes, R. (1964). Retórica de la imagen. En “Lo obvio y lo obtuso” (pp. 31-54). Barcelona: Paidós. 2009.
Barro, D. (2023). “Galicia. Procesos y formas. Una historia del diseño”. Editorial Experimenta. Versión descargable en galego [visto 14/05/202]
Bergström, Bo (2009). Tengo algo en el ojo. Técnicas esenciales de Comunicación Visual. Barcelona: Promopress.
Cases i associats (2013). Diseño de la noticia: 2010-2012: proyectos gráficos y editoriales para el periodismo impreso y digital. Barcelona: Sol 90.
Doherty, S. (2017). Journalism Design: Interactive Technologies and the Future of Storytelling. London: Routledge.
Errea, J. (2018). Newspaper Design: Editorial design from the world's best newsrooms. Berlin: Gestalten.
Gäde, R. (2002). Diseño de periódicos. Sistema y método. Barcelona: Gustavo Gili.
García Martínez, A.; Parra Valcarce, D.; Rojo Villada, P. (2007). Tecnologías de la información en la producción periodística. Madrid: Universitas.
Klanten, R., Kouznetsova, A., Errea, J., Cairo, A., & Tolliver, S. (2017). Visual journalism: infographics from the world's best newsrooms and designers. Berlín: Gestalten.
Lupton, E. & Cole Phillips, J. (2009). Diseño gráfico. Nuevos fundamentos. Barcelona: GG.
Poulin, R. (2016). Fundamentos del diseño gráfico. Barcelona: Promopress.
Zappaterra, Y. (2008). Diseño editorial: revistas y periódicos. Barcelona: Gustavo Gili.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Becker, V.; Gambaro, D. & Ramos, T.S. (2017). "Audiovisual design and the convergence between HCI and audience studies". En Human-Computer Interaction. User Interface Design, Development and Multimodality: 19th International Conference, HCI International 2017, Vancouver, BC, Canada, July 9-14, Proceedings, Part I 19. Springer International Publishing, p. 3-22.
Blackwell, L. (1993). La tipografía del siglo XX. Barcelona: GG.
Errea, J.; Gil, A. (coord.) (2012). ÑH9: lo mejor del diseño periodístico España & Portugal. Pamplona: SNDE.
Fontana, R. (2021). La palabra, la letra y la página. Valencia. Campgràfic Editors.
Frutiger, A. (2012). Signos, símbolos, marcas, señales. Barcelona: Gustavo Gili.
García, M. (1984). Diseño y remodelación de periódicos. Pamplona: Eunsa.
González Díez, L. & Pérez Cuadrado, P. (2007). 30 años de diseño periodístico en España (1976-2006). Madrid: Zona Impresa.
Heller, E. (2012). Psicología del color. Cómo actúan los colores sobre los sentimientos y la razón. Barcelona: Gustavo Gili.
Julier, G. (2008). La cultura del diseño. Barcelona: Gustavo Gili.
Lupton, E. (2004). Thinking with type. New York: Princeton Architectural Press.
Rivera Díaz, L.A. (2008). "La retórica en el diseño gráfico". Investigación y Ciencia, vol. 16, núm. 41, pp. 33-37.
Satué, E. (1997). Diseño gráfico en España. Madrid: Alianza Universidad.
Vilchez Arribas, J. F. (2011). Historia gráfica de la prensa diaria española (1758-1976). Barcelona: RBA.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
CON.6 - Identificar os referentes que permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística.
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación para resolver problemas e necesidades específicas no ámbito xornalístico.
COM.3 - Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contextos.
CLASES EXPOSITIVAS
Aplicarase un modelo combinado de clases maxistrais (sesións expositivas impartidas polo docente) e de aula invertida, mediante o cal o profesorado compartirá materiais teóricos e outros complementarios no Campus Virtual antes de cada sesión na aula física, onde o profesor/a resumirá os conceptos e elementos claves de cada tema, contribuirá a asentalos, resolverá dúbidas e abrirá debates e discusións sobre cada tema; tamén se utilizarán recursos do Campus Virtual para a realización de microtarefas de control e seguimento da adquisición de coñecementos polo alumnado.
CLASES PRÁCTICAS
Traballaranse proxectos de deseño e composición aplicados ao deseño de gráficas para redes sociais, deseño de xornais e de publicacións web.
Nas clases prácticas analizaranse diferentes tipos de deseños gráficos, fomentando a reflexión, o debate e a participación. Estes deseños estarán vinculados a cada fase do curso, reforzando así os coñecementos adquiridos na parte teórica.
Ademais, realizarase a tarefa correspondente a cada práctica, tentando que se desenvolva o máximo posible na aula.
A avaliación da parte teórica realizarase mediante unha proba de coñecementos que representará o 50% da nota final da materia.
O outro 50% corresponderá ás prácticas experimentais, nas que se avaliará o deseño e composición visual de proxectos en papel e web, tanto o seu proceso (bosquexos, proposta de estrutura, material preparatorio) como o deseño en si (eficiencia, usabilidade e posta en marcha).
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia: Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/o en grupo que implican a utilización de material técnico da facultade e a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase o traballo cos recursos bibliográficos e visuais da biblioteca e a exploración sistemática dos recursos recomendados para estar ao día das novidades no deseño gráfico e web. Do mesmo xeito, a exploración e práctica con software propio do deseño e composición como Photoshop ou Adobe InDesign, é moi recomendable para mellorar as habilidades adquiridas en clase e plasmar máis facilmente a cultura visual adquirida.
Algúns recursos e webs para explorar:
British Museum Press Exhibitions https://www.britishmuseum.org/commercial/british-museum-press
Design Museum Chicago https://designchicago.org/
New York Museum of Art and Design https://madmuseum.org/
Bauhaus https://www.bauhaus.de/en/
Museu del disseny de Barcelona https://ajuntament.barcelona.cat/museudeldisseny/es
Europeana https://www.europeana.eu/en
Design Museum Denmark https://designmuseum.dk/en/
London Design Museum https://designmuseum.org/
Uqui Permui Martinez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- uqui.permui [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
28.05.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
28.05.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
02.07.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |