-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 51Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Dereito ComúnÁreas:
Dereito CivilCentro
Facultade de Ciencias da ComunicaciónConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
1. Estudo dos fundamentos e prácticas derivadas dos dereitos á información
2. Análise da aplicación do dereito ao exercicio xornalístico e á empresa informativa
3. Reflexión sobre o sinal e relevancia do dereito nos contidos informativos en medios de comunicación tradicionais e novos medios
4. Estudo dos procedementos legais, xurídicos e procesuais españois e das institucións europeas e internacionais para a elaboración de información xornalística
5. Estudo da liberdade de expresión e de información
6. Estudo do dereito á propia imaxe e á intimidadeCONTIDOS TEÓRICOS
PARTE I: CONCEPTOS BÁSICOS DE DEREITO
Tema 1. O Dereito e o ordenamento xurídico. A estrutura do ordenamento xurídico
Tema 2. As fontes do Dereito: fontes de Dereito europeo, nacional e autonómico. A xurisprudencia
Tema 3. As normas xurídicas: interpretación, aplicación e eficacia
Tema 4. O Poder Xudicial
Tema 5. Os dereitos fundamentais. Concepto e natureza. Elementos e principais características. O exercicio dos dereitos fundamentais e os seus límites. A defensa e protección dos dereitos fundamentais. O Tribunal Constitucional e o recurso de amparo. As figuras do Defensor do Pobo/ Valedor do Pobo. O procedemento de habeas corpus
Tema 6. A suspensión dos dereitos. Suspensión individual. Suspensión colectiva: os estados de alarma, excepción e sitio
PARTE II: DEREITO DA INFORMACIÓN
Tema 7. O dereito á información. Fundamento e caracteres
Tema 8. A liberdade de expresión. O conflito liberdade de información versus liberdade de expresión
Tema 9. O dereito á información e os dereitos personalísimos (honra, intimidade e propia imaxe)
Tema 10. Os delitos de inxurias e calumnias
Tema 11. Cláusula de conciencia. Secreto profesional. Censura e secuestro de publicacións
Tema 12. Os dereitos de propiedade intelectual
CONTIDO PRÁCTICO
O contido práctico da materia desenvolverase por medio do estudo de casos prácticos relacionados coa teoría, lectura e interpretación de materiais xurídicos (normas, sentenzas e contratos), visionado e comentario de contidos audiovisuais, así como a elaboración de notas de prensa. Todo iso orientado ao debate e ao traballo de contextos (análises, sínteses e discusión)BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
García Rubio, M.ª P. (2002), Introducción al Derecho Civil, Cálamo, Barcelona.
Otero Crespo, M./ Valiño Ces, A./ Pérez Rivas, N. (Dirs.), (2021), Manual de Conceptos Jurídicos Básicos, Ed. Colex.
Rogel Vide , C., y Espín Alba, I. (2018), Persona, Reus, Madrid.
Rodríguez-Izquierdo Serrano, M.; Vázquez Alonso, V.J. (2012),Derecho de la información. información [Recurso electrónico]. Editorial/es: Universidad de Sevilla. Secretariado de Recursos Audiovisuales y Nuevas Tecnologías.
Sanjurjo Rebollo, B. (2009), Manual de derecho de la información: una perspectiva legal para un mundo cada día más mediático. Ed. Dykinson.
Urías, J. (2009), Lecciones de derecho de la información. Ed. Tecnos.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Carreras i Serra, L. d. (2008), Las normas jurídicas de los periodistas. Derecho español de la información. 1ª ed. Ed. UOC.
Cousido González, M. P.; Santiago Freda, M. d.; González Ballesteros, T. (2011). Medios de comunicación, mensajes y derecho a la información. Ed. Colex.
A través do Campus virtual facilitaranse outros recursos bibliográficos.
É responsabilidade do estudante o facerse coa bibliografía necesaria ao comezo de curso, sen prexuízo do acceso que poida obter a determinados materiais vía BUSC.CON.1 - Comprender o contexto social, político, económico, xurídico e cultural no que se desenvolve o xornalismo.
CON.3 - Coñecer os fundamentos da investigación desde unha perspectiva científica ou xornalística para describir e explicar a realidade.
HAB.2 - Analizar o estado dos procesos comunicativos e das organizacións mediáticas para tomar decisións e propoñer solucións nos seus diferentes ámbitos.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da
Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.Clase maxistral
Estudo de casos
Aprendizaxe baseado en proxectos
Seminario
Aula invertida
Emplearase o campus virtualO sistema de avaliación consistirá (nas dúas oportunidades de convocatoria)
1. Probas de coñecementos (50%): exame final tipo test. Poderase obter un máximo de 5 puntos, e será necesario obter un 3 sobre 5 de nota mínima para poder superar a materia.
2. Exercicios prácticos (50%): entrega de exercicios realizados polo alumnado. Poderanse obter un máximo de 5 puntos.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible aprobar a parte teórica e a parte práctica para superar a materia
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías para a realización das tarefas ou probas: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo con a normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes do Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os realice en ningún caso será de "non presentado".
Réxime para o alumnado con exención de docencia: serán avaliados a través do exame final (100% da nota)Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Tutorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horasRecoméndase que desde o inicio do semestre o estudante consiga a bibliografía básica e complementaria que se lle facilitou.
- A asistencia ás actividades docentes impóñense como o método máis acomodado para o seguimento da materia.
- O tempo de estudo debe ser o máis continuado e estandarizado posible, realizando un seguimento semanal da materia.
- Baixo ningún concepto débese memorizar contido ningún se non se entendeu previamente. Para iso a realización das prácticas é indispensable, xa que pon de manifesto a comprensión ou non das normas xurídicas.
- No caso de dúbidas, concertar unha titoría coa profesora da materia (presencialmente ou vía Teams).
-
Jose Maria Lorenzo Villaverde
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- josemaria.lorenzo@usc.es
- Categoría
- Profesor Distinguido
Julia Ammerman Yebra
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- julia.ammerman@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Martes 12:00-13:00 Expositivo 1 Castelán Aula 1 Xoves 12:00-13:00 Expositivo 1 Castelán Aula 1 Exames 22.05.2025 10:00-14:00 Expositivo 1 Aula 3 22.05.2025 10:00-14:00 Expositivo 1 Aula 4 26.06.2025 10:00-14:00 Expositivo 1 Aula 1