Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
En primeiro lugar, que os alumnos/as coñezan os conceptos básicos e os fundamentos teóricos da Xeografía. O lugar que ocupa no conxunto das ciencias. En segundo termo, que se poidan avaliar as principais aportacións de cada unha das grandes etapas de evolución do pensamento xeográfico, relacionándoas coas tendencias xerais da filosofía da ciencia e as teorías do coñecemento. Que os alumnos/as sexan conscientes da tradición científica e cultural na que se inscribe a Xeografía contemporánea.
Contidos recollidos na memoria:
Análise dos fundamentos teóricos e metodolóxicos da ciencia xeográfica. Conceptos básicos da mesma. Evolución das principais correntes do pensamento xeográfico ao longo da historia, con especial atención á época contemporánea e aos debates actuais. Utilidade social dos coñecementos xeográficos. A evolución do corpus teórico da Xeografía desde a súa institucionalización contemporánea. Os enfoques positivistas e historicistas. A Xeografía e a teoría social crítica.
Os contidos precedentes desenvólvense nos seguintes temas:
1. Os conceptos fundamentais da Xeografía
2. A Xeografía como Ciencia Social e o seu contacto coas Ciencias Experimentais
3. O debate sobre a unidade e diversidade do coñecemento xeográfico
4. A Xeografía como disciplina holística: a súa interacción coas restantes disciplinas e a enorme amplitude do seu cometido científico
5. As orixes da Xeografía contemporánea e a súa institucionalización: A. von Humboldt e K. Ritter
6. A Escola Rexional Paisaxística francesa e as aportacións norteamericanas: de P. Vidal de la Blache a W. Davis e C. Sauer
7. A Xeografía analítica e as súas derivacións até o presente
8. A Xeografía e a teoría crítica: as correntes radicais
9. Outros enfoques xeográficos significativos: a percepción, a cronoxeografía ou o xuro cultural das análises territoriais
10. Onde situar á Xeografía: qué utilidades e perfís segue mantendo.
BRUNET, R.; FERRAS, R. e THÉRY, H. (1992); Les Mots de la Géographie, dictionaire critique. Paris: Reclus-La Documentation Française.
CAPEL, H. (1981): Filosofía y Ciencia en la Geografía contemporánea. Barcelona: Barcanova.
CLAVAL, P. (1973): Evolución de la Geografía humana. Vilassar de Mae: Oikos Tau.
GÓMEZ MENDOZA, J.; MUÑOZ JIMÉNEZ, J. e ORTEGA CANTERO, N. (1985): El pensamiento geográfico. Madrid: Alianza.
HOLT-JENSEN, A. (1992): Geografía. Historia y conceptos. Madrid: Vicens Vives.
INKPEN, R. e WILSON, G. (2005). Science, Philosophy and Phisical Geography. Abdingdon: Routledge.
MATTHEWS, J.A, e HERBERT, D. (2004): Unifying Geography. Common Heritage, Shared Future. Abdigdon: Routledge
ORTEGA VALCÁRCEL, J. (2000): Los horizontes de la Geografía. Barcelona: Ariel.
PEET, R. (1998): Modern geographical thought. Oxford: Blackwell.
UNWIN, T. (1995): El lugar de la Geografía. Madrid: Cátedra.
- Coñecer os fundamentos explicativos e conceptuais da Xeografía como Ciencia Social.
- Entender as súas preguntas científicas e problemas clave.
- Identificar as principais etapas da construción do discurso xeográfico contemporáneo.
- Saber e comentar textos de diferentes pensadores centrais da disciplina xeográfica e as distintas escolas nas que se encadraron.
- Aprender a realizar recensións de traballos científicos, neste caso obras emblemáticas da Xeografía.
BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Relacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializado
CG5 - Relacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soese toparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Coñecer a historia e pensamento da disciplina xeográfica
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos de Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT7 – Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT8 - Ordenar e sintetizar la información
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análises integrados do territorio
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE4 - Expresar información cartográficamente
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible, en función da extensión de cada tema, combinando a docencia expositiva coa interactiva (prácticas de aula e de campo). A parte teórica desenvolverase fundamentalmente na aula.
As prácticas realizaranse de acordo co horario oficial da materia e segundo se fixa na programación da mesma. O alumnado deberá entregar unha memoria escrita desas actividades.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%. As dúa compoñentes ponderaranse para estimar a cualificación final.
De acordo coas directrices para o desenvolvemento da docencia presencial segura no curso 2022-2023, prevese o seguinte escenario.
1.1. O 50% das entregas de avaliación continua será o resultado das aulas interactivas previstas. Neste compoñente terase en conta a participación activa do alumnado na aula e a memoria reflexiva da saída ao campo. En todas as entregas, o plaxio, tanto de autores como de Internet, como entre estudantes, dará lugar á suspensión.
1.2. O 50% do exame será presencial para todos os alumnos, na data establecida pola ETS de Arquitectura da Coruña. Nas preguntas de opción múltiple, as respostas incorrectas restarán.
1.3. Se a media non dá como resultado unha cualificación superior a 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se poderá realizar avaliación continua, polo que ese compoñente tamén se avaliará mediante un exame.
1.4. Para os alumnos con exención concedida, a compoñente de avaliación continua cualificarase mediante un exame presencial equivalente.
1.5. Dentro do primeiro compoñente, ofrécese unha saída de campo. Para aqueles alumnos sen a dispensa concedida, é unha actividade habitual de ensino-aprendizaxe. Non obstante, se alguén non puidese asistir, facultarase
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
O tempo de asistencia ás aulas e de estudo e traballo persoal para superar a materia será aproximadamente o seguinte:
.- Horas presenciais, repartidas entre horas expositivas e interactivas: 42
.- Horas titorías: 5
.- Como media recoméndase 3 horas de traballo autónomo por cada hora de aula.
1) Traballo continuado ao longo do período de aulas
2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñen.
3) Realización dun exame final da materia
Valorarase de xeito especial a actitude activa e participativa dos alumnos/as na aula
Rubén Camilo Lois González
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812635
- Correo electrónico
- rubencamilo.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Brais Estevez Villarino
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- brais.estevez.villarino [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
13.01.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
20.06.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |