Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer e manexar todos os símbolos gráficos da linguaxe musical coa finalidade de poder desenvolver e comprender os coñecementos teórico-prácticos da música.
- Adquirir a capacidade para unha correcta lecto-escritura musical, unha correcta emisión melódica e interválica e unha correcta coordinación rítmica.
- Utilizar o oído interno para relacionar a audición coa súa representación gráfica e recoñecer patróns rítmicos, melódicos, rítmicos-melódicos, harmónicos e estruturas formais e elementos da expresión da linguaxe musical.
- Desenvolver a creatividade musical a través da potenciación progresiva da improvisación e a composición.
- Coñecer e manexar metodoloxías da linguaxe musical coa finalidade de elaborar propostas didácticas para a súa aplicación na aula de educación primaria.
- Contidos teóricos e prácticos da linguaxe musical: o son; a notación; o ritmo; a melodía, a harmonía; a expresión da linguaxe musical e a forma musical.
- A linguaxe musical e a súa didáctica.
- Recursos e propostas didácticas para o ensino-aprendizaxe da linguaxe musical en aula de educación primaria.
Bibliografía básica:
De Pedro, D. (1990). Teoría completa de la música, vol. 1. Madrid: Real Musical
López de Arenosa, E. (1979). Ritmo y lectura uno. Madrid: Real Musical.
Bibliografía complementaria:
Aguirre de Mena, O. e de Mena, A. (1992). Educación musical. Manual para el profesorado. Granada: Aljibe
Alsina, P. (2010). El área de educación musical. Barcelona: Graó.
Amat, C. e Casanova, A. (1998). Pentagrama, lenguaje musical, vol. 1. Barcelona: Boileau.
Amat, C. e Casanova, A. (1998). Pentagrama, lenguaje musical, vol. 2. Barcelona: Boileau.
Bort, A., Roca, P. e Sorolla, L. (1998). Siringa 1. Método de flauta. Valencia: Tándem.
Bort, A., Roca, P. e Sorolla, L. (1998). Siringa 2. Método de flauta. Valencia: Tándem.
Cañada, P., López, A. e Molina, E. (2004). Cuaderno de audición grado elemental 1. Madrid: Enclave creativa.
Escudero, M. P. (1990). Lenguaje musical y didáctica de la expresión musical I. Madrid: Real Musical.
Giráldez, A. (2004). Internet y educación musical. Barcelona: Graó.
Hargreaves, D. (1998). Música y desarrollo psicológico. Barcelona: Graó.
Herrera, E. (1991). Teoría musical y armonía moderna, vol I. Barcelona: Antoni Bosch editor, S. A.
Hindemith, P. (1949). Armonía tradicional. Buenos Aires: Ricordi.
Navarrete, A. M. (1994). El lenguaje de la música. Madrid: Sociedad Didáctico Musical
Santos, A. e Eguílar, R. (2005). Cuaderno de análisis. Iniciación al análisis musical. Madrid: Enclave creativa.
Ortega, J. F. (2008). El baúl de las canciones. Murcia: Universidad de Murcia
Ulrich, M. (1992). El atlas de la música, vol. 1. Madrid: Alianza.
Zamacois, J. (1974). Teoría de la música, vol. 1. Barcelona: Labor
Zamacois, J. (1974). Teoría de la música, vol. 2. Barcelona: Labor
Xerais
X1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
X2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
X10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo entre os estudantes
Básicas
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Específicas
E54. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, e persoal e social desde as artes.
E55. Coñecer o currículo escolar da educación artística, nolos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
E56. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fora da escola.
E57. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
Transversais
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
T.4.- Competencia relacionada co tratamento da información
- Sesións expositivas: onde se desenvolverán contidos conceptuais alternando a exposición con actividades interactivas na realización de exercicios prácticos.
- Sesións interactivas: onde se desenvolverán contidos procedementais a través de actividades progresivas utilizando todos os recursos didácticos necesarios para unha mellor comprensión dos contidos da materia. Ademais proporanse actividades para realizar en pequenos grupos de traballo.
- Aula virtual: utilizarase para a incorporación de materiais en distintos formatos, para o intercambio de reflexións, comentarios e materiais. Os materiais de estudo e práctica musical, así como outros documentos, atoparanse na aula virtual.
A) PRIMEIRA OPORTUNIDADE ORDINARIA
- Apartado nº 1: Prácticas específicas: traballos, tarefas e actividades obrigatorias en grupo e/ou individuais (50% da nota final).
- Apartado nº 2: Informes escritos: Exame teórico sobre os contidos da materia (20% da nota final).
- Apartado nº 3: Proba práctica sobre lectura musical e interpretación rítmica (20% da nota final).
- Apartado nº 4: Asistencia e participación na aula (10% da nota final). A non asistencia a sesións expositivas e interactivas non xustificadas suporá unha diminución progresiva da cualificación neste apartado, sendo un “0” a non asistencia ao 20% das sesións.
Para superar a materia é necesario ter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 en cada un dos catro apartados.
B) SEGUNDA OPORTUNIDADE ORDINARIA (MESMO CURSO ACADÉMICO)
- Apartado nº 1: O alumnado que teña superado este apartado conservará a súa cualificación para esta oportunidade, non podendo volver examinarse do mesmo. No caso de ter algún traballo, tarefa e/ou actividade suspensa ou pendente o alumnado deberá realizar a tarefa correspondente que se indique na aula virtual.
- Apartados nº 2 e nº 3: O alumnado que teña superado algún destes apartados conservará a súa cualificación para esta oportunidade, non podendo volver examinarse dos mesmos. No caso de ter algún/s suspenso/s o alumnado deberá recuperalo/s nesta oportunidade.
- Apartado nº4: Este apartado non é recuperable, polo que o alumnado conservará a cualificación obtida para esta oportunidade aínda que sexa suspensa.
Para superar a materia é necesario ter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 en cada un dos apartados nº 1, nº 2 e nº 3.
C) SISTEMA DE AVALIACIÓN DO ALUMNADO QUE TEN EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA OU DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado comunicará ao profesorado da materia a súa condición de “alumno/a con exención de docencia oficial ou dispensa a clase” e poderá examinarse tanto na primeira como segunda oportunidade.
- Apartado nº 1, nº 2 e nº 3: Mesmo sistema de avaliación e porcentaxes que na primeira oportunidade.
- Apartado nº 4 (10% da nota final): O alumnado terá que realizar un traballo complementario. As normas e instrucións para desenvolver o mesmo solicitaranse persoalmente ao profesorado da materia nun prazo non superior ao primeiro mes de clase.
Para superar a materia é necesario ter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 en cada un dos catro apartados.
D) SISTEMA DE AVALIACIÓN DO ALUMNADO EN CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS (FIN DE CARREIRA…)
O alumnado comunicará ao profesorado da materia a súa condición de “alumno/a para examinarse en convocatoria extraordinaria”. O sistema de avaliación será o mesmo que o anterior punto C.
ASISTENCIA A CLASE E FALTAS XUSTIFICADAS
Para avaliar o apartado nº 4 “Asistencia e participación na aula” é imprescindible que o alumnado asistise ao 80% das sesións exceptuando a non asistencia por causas debidamente xustificadas tal e como sinala a normativa de asistencia a clase. Para acreditar as faltas xustificadas o alumnado deberá, no prazo máximo dunha semana, mostrar ao profesorado da materia os xustificantes orixinais que precise para iso.
ALUMNADO REPETIDOR
O alumnado repetidor da materia terá que cursar e examinarse da materia exactamente igual que o alumnado ordinario non conservando ningunha cualificación obtida de convocatorias anteriores.
TRABALLOS:
Os traballos individuais e/ou colectivos deberán ser orixinais e entregados en tempo e forma que se indiquen en cada un deles. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente oportunidade. Para efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programen de forma coordinada."
O traballo persoal debe ser semanal. O tempo de estudo deberá incrementarse segundo as dificultades persoais do alumnado e dos contidos da materia. Recoméndase un mínimo de seis horas semanais para a comprensión e realización dos exercicios e actividades propostas nas clases.
a) Actividades dentro do horario académico: 38,5h
- Sesións expositivas: 18 h.
- Sesións interactivas: 18 h.
- Titorías académicas: 2,5 h.
b) Actividades foráneas do horario lectivo. 74
-Estudo e traballo individual: 51 h.
- Traballo en grupo: 13 h.
Total: (a b)= 112.5 h (4,5 créditos ECTS).
- Asistencia ás clases.
- Seguimento das sesións a través da aula virtual da materia.
- Traballo diario e constante.
- Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan dende un primeiro momento nas propias clases ou nas horas de titorías.
- Ser responsables e non esquecer as datas dos traballos ou actividades formuladas polo profesorado.
- Empregar os recursos propios da Facultade e Universidade (Bibliotecas...) e outros medios na rede para a busca de información.
SOBRE A MATERIA:
Para cursar a materia é recomendable ter unha capacidade básica de lectura musical.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia hai que ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados.
OUTRAS CUESTIÓNS:
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Mario Diz Otero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812125
- Correo electrónico
- mario.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
06.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
09.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |